Martes. 21.05.2024
El tiempo

Un día para celebrar o poder do fútbol da Costa

Un día para celebrar o poder do fútbol da Costa

A Asociación de Clubes Federados da Liga da Costa celebraba este pasado sábado a I Gala do Fútbol da Costa. "A primeira e para ir aprendendo", como destacaba Manuel Caamaño, presidente da entidade, que valorou positivamente o acto malia recoñecer algún detalle mellorable.

Foi completa, iso si, con recepción no Concello, viaxe en barco pola ría de Muros, partido e gala con entrega de premios.

A xornada comezaba pola mañá, no Concello e coa recepción por parte da alcaldesa aos xogadores. De aí marcharon ao porto, onde unha agradable vaixe nos Cruceros de Muros os agardaban. Non subiron todos, que algún se mareaba, pero os que foron quedaron encantados.

Pola tardiña celebrouse o partido entre as Seleccións do Norte e do Sur da Costa. Miraflores vestía unha boa entrada e os 30 xogadores presentes (faltaron algúns dos convocados do norte) fixeron un partido vistoso. O muradán no Dumbría Toni foi un dos destacados, pois marcou os dous goles que permitiron que o Sur rematase por diante.

Selección Sur - Selección Norte (2-1)

  • Selección Sur: Anxo, Chema, Simón, Aarón, Chúa, Mayor, Nico, Kike. Brais, Javi, Toni. Tamén: Óscar, Andel, Paqui, Hidalgo e Lagoa.
  • Selección Norte: Ángel Luis, Álex, Brais, Pandi, Marcos, Iván Rey, Moriño, Pío, Alex, Carlos, Barreiro. Tamén: Recarei, Lagoa.
  • Goles: 1-0, min.15: Toni de reixete tras un penalti que parou Ángel Luís; 1-1, min.25: Alex; 2-1, min.40: Toni.

Premiados na Gala

Non quedou todo o mundo pero a Casa da Cultura celebraba os primeiros premios do fútbol da Costa. O Outes, con 3 dos 7 galardóns outorgados, foi o equipo máis laureado.

Así, os adestradores, na reunión de Baio votaron os seguintes premios entre os candidatos:

  • Mellor Equipo: Corme.
  • Mellor Directiva: Outes.
  • Mellor Xogador: Leo (Camariñas-Dumbría).
  • Mellor adestrador: Sil (Muros).

Ademais, contando cos datos da Federación, a Asociación fixo entrega dos seguintes premios:

  • Pichichi da Costa: Alex (Cerqueda).
  • Porteiro menos goleado: Gato (Outes).
  • Equipo máis Deportivo: Outes (só 1 expulsión e 5 por acumulación en toda a tempada).

Segunda Gala no norte

O presidente Caamaño xa anunciou que o ano que vén esta Gala será no Norte. Iso si, algún clube terá que ofrecerse a organizala, polo que xa está solicitando colaboración dalgún equipo da zona norte.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Artigos futboleiros

Fonte

Comentarios