mércores. 30.04.2025
El tiempo

Un novo apretón á cabeza da 3ª Autonómica

Un novo apretón á cabeza da 3ª Autonómica
Cada xornada aprétase máis o alto da táboa. Entre o 1ª e o 4º só hai 4 puntos de diferencia, mentres que Coristanco e Cabana mantéñense aínda a tiro de pedra. Así, Mazaricos, Nantón, Cerqueda e Corcubión terán unha loita máis que apasionante no que queda de liga.

Cerqueda - Outes (3-1)

  • CERQUEDA: Fredi, Rober, Javi, Alberto, Nion, Santi, Dani, Lorenzo, Dani Añón (Uru, min.78), Carlos (Gabi, min.65) e Alex (Dieguito, min.58 (You, min.75))
  • OUTES: Moncho, Saúl, Debé (Lago, min.75), Chúa, Primo, Arturo, Poque (Damian, min.46), Potro (Martín, min.46), Pesco (Lass, min.79), Deivi e Marico (Quin, min.63).
  • Goles: 1-0, min.8: Javi; 2-0, min.26: Alex; 3-0, min.29: Alex; 3-1, min.86: Deivi.
Seguen na senda positiva os de Cerqueda que se atoparon unha vez máis cun Outes que tocou e tocou o balón, sobre todo no segundo tempo, pero apenas profundizou e creou ocasións de gol. Javi abriu o marcador a aproveitar un rexeite dentro da área pequena tras un córner. Dous goles seguidos de Alex a media hora acabaron por romper o partido. Na segunda metade os locais recuaron e tentaron saír a contra e déronlle a posesión do balón aos de Outes que non marcaron o gol da honra ata os últimos minutos.

Coristanco - Xaviña (5-0)

  • CORISTANCO: Rubén, Cota, Luís, Oscar, Marcos, Dani, Carlos, Fran Fariña, Mallón, Palermo e Toniño.
  • XAVIÑA: Peon, Brion, Jallejo, Sergio, Eugenio, Carlos, Carlitos, Chapu (Adrian, min.75), Chino (Yago, min.46), Bua e Elvis.
  • Goles: 1-0, min.30: Toniño; 2-0, min.65: Dani; 3-0, min.75: Toniño, de penalti; 4-0, min.80: Toniño; 5-0, min.90: Marcos.
  • Expulsións: Os visitantes Peon (min.70) e Búa (min.90).
Sufriu o seu o Coristanco para golear ao Xaviña. Na primeira metade o partido estivo moi igualado. Na segunda metade tras o terceiro gol e a expulsión do porteiro o partido facilitouse para os locais que golearon nos últimos minutos.

Corcoesto - Nantón (0-0)

  • CORCOESTO: Edelmiro, Pepe, Germán, Rivera, Manuel (Miguel, min.70), Roi, Aitor (Toñito, min.80), Lista (Martín, min.60), Javi (Juan, min.45), Rodri e Pichón (Pablo, min.46).
  • NANTÓN: Martín, David Lareo, Cristian, Diego, Sito, Carlos, Fabio (Martín, min.46), Víctor Amado (Pedro, min.80), Luís, Manolo (Manuel, min.60) e Rubén (Carlos, min.80).
  • Expulsións: Os locais Martín (min.75) e Rodri (min.89) os dous por dobre cartón amarelo
Mal partido do colíder que ve como os seus veciños do concello lle volven a rascar puntos. O equipo de Luís xogou un mal partido e apenas creou ocasións de gol, tan só destacar un gol anulado a Sito no minuto 60, xogada moi protestada polos visitantes. Na segunda metade os locais foron superiores e puideron levarse o partido, pero Lista, Aitor e Rodri non estiveron acertados, este último lanzou un balón ao pau tras un córner.

Mazaricos - Muxía (2-1)

  • MAZARICOS: Juan, Tuco, Marcos, Oscar, Ramón, Martin, Matias, Brais (Esteban Pereiro, min.70), Jose Angel (Moncho, min.55), Estefano (Ernesto, min.50) e Kevin (Aldo, min.75)
  • MUXÍA: Fernando, Dani (Sancho, min.70), Chori, Currás, Josiño, José Antonio, Martinciño, Chans, Gerardo (Oscar Canario, min.80), Papi e Dimas (Alvaro, min.87)
  • Goles: 0-1, min.48: Papi; 1-1, min.49: Oscar; 2-1, min.94: Oscar.
Púxolle as cousas complicadas o Muxía ao líder que acabou marcando no desconto nunha xogada moi protestada polos muxiáns que reclamaban falta. O Mazaricos levou o peso do encontro durante os 90 minutos, non creou moitas ocasións claras de gol, pero tampouco pasou apuros en defensa. Adiantáronse os visitantes cun cabezazo de Papi a centro de Chans, pero pronto responderon os do Pino do Val por medio de Oscar cun cabezazo tras un córner. De novo Oscar no desconto marcou de cabeza o gol da vitoria.

Alcaián - Independiente de Carballo (1-0)

  • ALCAIÁN: Herrera, Luisito, Diego, Dani, Pio, Víctor, Pablo Framil (Iván Souto, min.55), Daviciño, Bruno (Fabio, min,58), Rubén e Pistolas.
  • INDEPENDIENTE: Noé, Suso, Dani, Toni, Efren, Rubén, Perijito, Cholo (Panuchi, min.60), Ivi, Moreno (Manuel, min.65) e Landeira.
  • Goles: 1-0, min.84: Luisito, de falta.
Partido sen historia e sen fútbol, boa parte de culpa tívoa o campo de Portorrubio que estaba impracticable. En palabras do míster carballés “os gladiadores coméronse aos leons”, os xogadores visitantes non se adaptaron as circunstancias do campo e acabaron perdendo cun gol de Luisito de fata directa a pouco para o final, máis xusto sería un empate.

Atl. Pereiriña - Lira (1-2)

  • ATL. PEREIRÑA: Andrés, Serxio, Javi, Riki, Alvaro, Simón, Adán, Alex, Villar, Morcillo e Víctor.
  • LIRA: Romaní, Herminio, Pedro de García (Juan, min.84), Marco Antonio, Paco, Pepiño (Pelexo, min.46), Germán, Suso Perico, Suso Patachín (Toni, min.46), Rico e Ancho.
  • Goles: 1-0, min.48: Víctor; 1-1, min.52: Ancho; 1-2, min.84: Pedro de García.
Os locais tan só puideron contar con 11 xogadores e acabaron acusándoo na segunda metade que foron superados polos visitantes. Na primeira metade Víctor e Alex puideron adiantar aos ceenses. Na segunda parte Ancho puido ampliar o marcador nun par de boas ocasións.

Laxe - Muros B (2-1)

  • LAXE: Jacobo, Jaja, Oscar, Antonio (López, min.88), Jacinto, Lolo, Adán (Beizana, min.81), Rubén, Zurich (Anxo, min.66), Mandi (Dani, min.81), Samuel.
  • MUROS B: Angel, Echeba, Paqui, Abel, Javi, Geray, Ramón, Mingos, Xandre, Bernardo e Pardelo.
  • Goles: 0-1, min.17: Mingos; 1-1, min.30: Samuel; 2-1, min.91: Beizana.
Tan só puido contar con 11 homes Nieto e estes non todos estaban ao 100%, pois os partidos de fútbol sala do sábado pasan factura os domingos na segunda metade, isto foi ben aproveitado polos locais que no desconto leváronse o partido. Con todo atopáronse os de Nieto nos primeiros compases, e custoulle abondo aos laxenses a remontada malia que a afección (uns 200 siareiros) espoleou, coma sempre, ao equipo. Foi un dominio constante pero sen demasiadas ocasións e o gol da vitoria non chegou ata cumplidos os 90 regulamentarios.

Corcubión - Cabana (1-0)

  • CORCUBIÓN: Cristian, Carlos, Chisco, Sergio Manín, Javi (Manu Fis, min.70), Jose, Estrella (Diego Lojo, min.60), Gabri (Xabi, min.70), Mario (David, min.80) Alán (Dudo, min.30) e Manuel Cartamil.
  • CABANA: Toni, Rubén, David, Marcos (Jacobo, min.80), Alfredo, Xandro, Josiño, Adrián, Darío (Dani, min.70), Eloi (Mingui, min.56) e Javi (Dani Abelenda, min.25)
  • Gol: 1-0, min.70: Dudo.
  • Expulsión: O meta visitante Toni (min.25)
Pese a quedarse en superioridade cedo o Corcubión tivo que sufrir bastante para levarse o partido. O Corcubión na segunda metade subiu liñas e sobre todo, Manín puxo no campo a Dudo que marcaría o gol da Vitoria e demostrou que é un xogador fundamental no esquema corcubionés. O Cabana non dou o partido por perdido en ningún momento e loito ata o final. Tralo gol Manín retrasou a Manuel Cartamil que coa súa veteranía deulle estabilidade ao equipo e apenas pasaron por apuros para defender os tres puntos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Fotos e vídeo do Cerqueda - Outes da UD Cerqueda.

Comentarios