mércores. 30.04.2025
El tiempo

Cee e Dumbría prepáranse para un gran derbi

Cee e Dumbría prepáranse para un gran derbi
Nova xornada e cara e cruz para os nosos. Se o Zas e o Cee caían, e con rotundidade, Dumbría e Xallas facían o contrario, pero tamén con contundencia. Con todo, Cee e Dumbría continúan 3º e 4º, mentres o Xallas sobe ata a 8ª praza e a tan só 4 puntos dos equipos de Pato e Canosa. Pola súa banda, o Zas segue afundido a 7 puntos da salvación. E para a semana que vén Dumbría e Cee enfrontaranse no Conco nun dos encontros máis igualados dos últimos tempos.

Sada – Cee (4-0)

  • Cee: Mingos, Rubén Fiuza, (Taski, min.60) Rafa, Jacobo, Dani Freire, Fermín, Javi Rañal, Rivi (Carlos Leis, min.85), Fernando, Chapu e Luilli.
  • Goles: 1-0, min.4: Charly; 2-0, min.10: Javi; 3-0, min.80: Javi; 4-0, min.90: Renato.
  • Expulsións: a Fermín no min.67 e Luilli no min.75.
Derrota do Cee en Sada tras sairen durmidos ao terreo de xogo. Aos 10 minutos Mingos xa recollera dous balóns das mallas, malia que o segundo puido ser en fóra de xogo. Na segunda o equipo ceense sufríu as expulsións de Fermín e Luigi, baixas importantes de cara ao encontro vital da semana que vén ate o Dumbría.

Zas - Atl. Arteixo (0-6)

  • Zas: Luis de la Peña, Dani, Mancebo, Kiko, Luis Alvite, Esteban, Jorge (Borja m.46), Churián, Javi, Rubio, Pastor (Fabián m.70).
Demasiadas baixas coas que chega o Zas a este punto da tempada, e tivo que tirar de xuvenís, con ata 3 na convocatoria, para sufrir unha dira derrota ante o Arteixo. Aos 15 minutos xa marchaban con 3 tantos os visitantes, imposibles de remontar por parte local, que segue sufrindo o mal da enfermería chea.

Cambre - Xallas (0-3)

  • Xallas: Cheli, Isma, Iván (Ricardo, min.73), Pica, Carteiro, Brais, Adrián Beiroa (David, min.88), Jesús, Ventura (Adrián Prol, min.80), Toni (Rubén Forján, min.50), Roberto (Leo, min.59).
  • Goles: 0-1, min.20: Adrián Beiroa de penalti; 0-2, min.22: Ventura; 0-3, min.75: Adrián Beiroa.
  • Expulsión: un expulsado no penalti do min.20. e a Jesús no min.75 e a Brais no min.89.
Gran partido dos de Iván Cancela e Santo Casal a pesar das baixas. Saíron a morder e xa aos 20 minutos os xalleiros tomaban vantaxe. Adrián Beiroa puña en vantanxe aos seus de penalti, e a raíz da expulsión no penalti o Xallas puido sentenciar con Ventura, que marrou 2 ocasións claras, Beiroa, e Jesús. Pero marchou ao vestiario cun 0-2 que non semellaba definitivo. Así, na segunda tocou que sufrir, xa que a partir do min.75 o Xallas tivo que xogar con 10 pola expulsión de Jesús. O Cambre apretou pero aí estaba Cheli moi seguro na meta. No último treito, con espacios Beiroa marcou o 3º. Agora o Xallas prepara a semana que vén con dúas baixas importantes.

Dumbría – Calo (6-3)

  • Dumbría: Juan Purrúa (Isma, min.75), Iván Pequeño, Pablo Serrano, Chula, Pablo Conde (Schuster, min.46), Aarón (Eloy, min.46), Marco Docabo, Iago, Piri (Brais, min.46), Alberto, Adrián Mackaay.
  • Goles: 1-0, min.5: Iago de falta; 2-0, min.15: Pablo Conde tras unha internada dende o medio campo; 3-0, min.25: Piri; 4-0, min.30: Adrián Mackaay; 5-0, min.60: Brais; 6-0, min.65: Alberto tras un rexeite a tiro de Adrián Mackaay; 6-1; 6-2; 6-3.
  • Expulsados: un xogador visitante no min.15 e a Marco Docabo no min.50.
Partido de tolos no Conco no que o Dumbría meteu a quinta na primeira metade e logo se durmiu. Así, tralo 4-0 co que se chegou ao dencanso, o Dumbría baixou marcha e deixou que o pechacancelas marcase ata 3 tantos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Fotografía do Unión Club Cee.

Comentarios