Un Roteiro BTT para descubrir a Croa do Castro


En marcha xa está o 1º Roteiro BTT pola Croa do Castro de Cerqueda. O vindeiro domingo 9 de outubro, dende as 9:30h, as bicis comezarán a tomar esta zona patrimonial recuperada gracias ao interese e a vontade dos veciños cerquedáns.
Falamos dunha iniciativa da Asociación de Veciños a partir dunha idea de Alberto Pose, con Marcos Ordónez e Carlos de Pardo na parte técnica perfilando o percorrido.
A ruta sairá rematará no recinto arqueolóxico da Croa do Castro de Cerqueda, para darlle ese impulso mediático que refrenda o traballo de recuperación patrimonial. Ademais, poderase gozar da Ruta dos Pinos, da costa de Cambre, do dolmen Pedra da Arca, do mirador dos Muíños, da ribeira de Cerqueda e de toda a natureza malpicá.
Haberá dçuas rutas, unha longa de 44 km, e outra curta de 22 km, e disporá de avituallamento, duchas e lavado de bicis.
Cómpre inscribirse, de balde e antes do 6 de outubro, a través do Facebook Roteiro BTT.
Novas relacionadas
- Rutas, billarda e cocedura castrexa para a Croa do Castro
- Os voluntarios descobren a porta orixinal da Croa do Castro de Cerqueda.
- Cando o patrimonio se converte en festa e identidade.
- Días de olería e arqueoloxía polas parroquias de Malpica.
- A arqueoloxía volve ás mans da veciñanza en Cerqueda.
- Os veciños de Cerqueda presumen da súa Croa do Castro.
- A Croa do Castro de Cerqueda, un proxecto fetén de Arqueoloxía Social.
- 14-02-15: Os veciños de Cerqueda, os protagonistas da recuperación da Croa do Castro.
- 21-06-14: Recuperando a Croa do Castro.
- 30-12-14: Bota a andar o proxecto de recuperación da Croa do Castro de Cerqueda.
- 2014: Croa do Castro: A arqueoloxía oleira.
- 2013: Monte d’Arxa recuperará a Croa do Castro como recurso turístico.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).