Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte
Chegou á súa fin, e o fixo como comezou, cun grande éxito de participación e acollida. O domingo 27 de xaneiro de 2013, celebrouse en Muxía, a 7ª proba e clausura, do 1º Circuíto de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, que organizou o Concello de Muxía e o Club Xadrez Cabo Touriñán.
A xornada, máis que unha competición, foi toda unha festa deportiva, na que nenos e maiores gozaron do xadrez e dun ambiente extraordinario, promovido pola convivencia o longo das 7 xornadas coas que contou este 1º Circuíto. Pero nesta ocasión, ademais de xadrez, houbo música e chocolatada.
O ambiente estivo ademais amenizado por un grande, Don Jose Manuel Pazos Redonda, octoxenario músico muxián e avó de Adrián e Anxo, ambos integrantes do Club Xadrez Cabo Touriñán, que sacou o seu acordeón para facer as delicias de xogadores e afeccionados.
O propio "Pazos de Merexo" foi un dos encargados, xunto co alcalde muxián Félix Porto, de facer a entrega dos premios.
Dous títulos por decidir
No deportivo había un par de puntos de interese, como determinar o gañador en categoría absoluta dada a igualdade coa que chegaban 3 axedrecistas, ou o campión na categoría sub-10.
Así, a clasificación final do circuito as cousas quedaron como segue:
- Na categoría ABSOLUTA, o campión foi Jose Manuel Pose de O Toque Xiria de Carballo con 44 puntos, que remontou o punto de vantaxe co que contaba o baiés Pablo Mira, que quedou en segunda posición Pablo Mira con 43 puntos; e o terceiro posto foi para Jose Sar, con 40 puntos do Club Xadrez Cabo Touriñán.
- Na categoría SUB 14, o prineiro posto foi para Diego Bugliot de Exalcoholicos de A Coruña con 68 puntos, segundo foi Xan Nogueira de Cabo Touriñán con 50 puntos e o terceiro posto foi para Miguel Papín de Cabo touriñán con 50 puntos.
- Na categoría SUB 12, unha campiona, Carla Sánchez de Peleteiro, con 71 puntos, seguida en segunda posición por Martín Pena, tamén do peleteiro con 60 puntos, e cerra o podio en terceira posición,Carlos Ramos de peleteiro con 50 puntos.
- A SUB 10 o podio configurouse da seguinte maneira; primeira posición para Eloy Vilela de Cabo Touriñán con 72 puntos, segundo posto para Brais Mata Ewy do Peleteiro con 63 puntos e a terceira posición foi para Juan Carneiro do peleteiro con 55 puntos.
- Na categoría das promesas, a SUB 8, o primeiro posto foi para o tamén Campión Provincial, Kevin Carballo Touriñán, do Cabo Touriñán con 84 puntos, seguido do compañeiro de equipo, Anxo Lagocon 68 puntos, e pecha o podio en terceira posición Adrián Pazos de Vimianzo con 55 puntos.
- Na clasificación por equipos, o primeiro e segundo posto foi para Club Xadrez Cabo Touriñan A e Club Xadrez Cabo Touriñan B respectivamente, e o terceiro foi para Peleteiro A.
Primeiro circuito, primeiro éxito
A valoración final do Circuito que fai a organización, no pode ser de outra maneira que totalmente positiva, xa que os niveis de asistencia os sete torneos foi impresionante, e tódolos comentarios, tanto dos xadrecistas participantes como dos acompañantes dos mesmos e público asistente, foron de felicitacións e agradecemento pola promoción deste deporte minoritario.
Para o ano que vén, esperemos que máis!
Novas relacionadas
- 6º Torneo: O Circuito de Xadrez desborda Fisterra.
- 5º Torneo: Francisco Luís Abella volve dominar o taboleiro de Xadrez da Costa da Morte.
- 4º Torneo: Os corcubioneses copan o podio do Torneo de Xadrez de Carnota.
- 3º Torneo: O Circuito de Xadrez roza a maxia en Vimianzo.
- 2º Torneo: O Clube Cabo Touriñán lidera o Circuito Costa da Morte tralo Torneo de Corcubión.
- 1º Torneo: Muxía abríu o Circuito de Xadrez Costa da Morte con case 60 xogadores.
Máis novas
- O Xadrez do Cabo Touriñán trae un campionato Provincial.
- APEM únese ao Circuito de Xadrez gracias aos mozos do Clube Touriñán.
- En marcha o Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
- O taboleiro de xadrez de Touriñán toma a Provincia e parte de Portugal.
Xadrez na Costa
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Clube de Xadrez Cabo Touriñán e da man de Diego Castiñeira Romero, Técnico de Deportes do Concello de Muxía.