mércores. 30.04.2025
El tiempo

Unha Laconada para abrir o apetito deportivista

Unha Laconada para abrir o apetito deportivista
Laconada da Pena Deportivista A Moa do Pindo en Lira 2015

Segue a Peña Deportivista A Moa espallando as cores branquiazuis polo sur da bisbarra. E nunha zona onde os virus merengues e blaugranas continúan medrando (que nos perdoen esta licencia sen ánimo de ofender os madridistas e culés, pero vésenos o plumeiro…) é importante facer esta clase de accións.

Así o vindeiro 21 de marzo, o restaurante Dona Teresa de Lira acollerá a Laconada anual da peña branquiazul do Pindo. Custará 10€ para os peñistas e 20€ para os acompañantes, e xa poden reservar praza, ata este domingo 15, no número 673 602 918.

Xa o din eles: “Orgullo deportivista na Costa da Morte”!


Novas relacionadas

Máis novas branquiazuis

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios