Xuvenís: Todo case decidido en dúas competicións sen competencia

Se na Copa xa non hai nada en xogo (Muros e Soneira xa eliminados de cuartos e Cee e Outes campións) na Liguilla Previa á Fase de Ascenso aínda queda un par de cousas que decidir. Se ben está todo case que visto para sentenza a falta dunha xornada para o final, o Cabana aínda non cantou o alirón (si a clasificación) e o Xallas de Santa Comba, malia vencer ao Dumbría, non pode festexar o seu pase ante a suspensión do partido do Malpica co Cabana. Fáltalle un punto aos de Rafa (ou que sóbralle ao Malpica) para rubricar o pase.

Cómpre salientar que o vindeiro ano haberá que repasar, unha vez máis, o sentido deste tipo de competición. A falta de interese na Copa maniféstase coas tremendas goleadas vividas, con equipos chegando con 10 a xogar... que fan que o sentido deste formato, que non era outro que manter a competición, perda razóns.

Sorteo da Copa da Costa Xuvenil

Ademais, o luns 25 de marzo estaremos pendentes do sorteo dos Oitavos da Copa da Costa Xuvenil. Coma sempre, reunión ás 20:00h en Baio.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, x. 9

A xornada comezaba marcada pola suspensión, por mor do campo encharcado de Pedra Queimada, do Malpica-Cabana. Un partido que se xogará case que con toda seguridade esta mesmo venres ás 18:00h, a falta da confirmación da federación.

Xallas StComba - Dumbría (3-1)

  • XSC: Iván Couto, Roberto, Dani Martínez, Josito (Torres, min.62), Miguel, Cristian Caamaño, Styven, Fabián (Jordi, min.70), Landeira, Iván Pastoriza (Tefi, min.86), Marquiños.
  • DUMBRÍA: David, Roi (Dito, min.70), Denís, Cabana, Samuel Canario (Fabián, min.80), Jose, Samuel, Lucas (Martín, min.60), Javi, Israel e Kevin (Damián, min.55)
  • Goles: 0-1, min.60: Javi; 1-1, min.75: Iván Pastoriza tras unha xogada de Marquiños; 2-1, min.80: Landeira cun tiro cruzado; 3-1, min.85: Styven tras un centro de Marquiños.

Partido bonito, reñido e moi importante, que remataba cunha vitoria local que deixa ao Dumbría sen opcións de acodir á Fase de Ascenso. O partido transcorría cun XSC dominando máis posicionalmente pero cun Dumbría moi afiado lanzando contras. De feito na primeira apenas permitron que os xalleiros e achegasen pola meta dumbriesa mentres un par de saídas fixeron dano a Iván Couto.

Os dumbrieses metíanse 0-1 ao cuarto de hora da segunda, pero o gol serviu para activar a maquinaria ofensiva dos de Rafa, que nunha última medai hora letal, entrando polas bandas con moito perigo, permitiu que asinasen 3 goles que daban a volta ao marcador para meter pé e medio na fase de ascenso.

Ponteceso - Fisterra (6-1)

Partido sen intensidade no que o Fisterra se deixou ir ante un Ponteceso que aproveitou para facer o que máis lle gusta, xogar e combinar. Os goles locais chegaron da man de Eloy Álvarez, Brais e Iago, todos por partida doble.

Liga Previa da Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 9

Non debe puntos xa o Muros polo menos. I é que estaba a cero o cadro muradán pois tiña un punto de sanción. Pero chegaba o Baio, a gran sorpresa, para mal, desta Fase, con 10 homes a Miraflores e saía con 9 goles no lombo.

10 goles foi o que levou o Muxía para casa de outes, ante o mellor equipo desta primeira fase da Copa. Mentres, o Laxe gañaba ao Camariñas con solvencia e aesegura a seguda metade.

Liga Previa da Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 9

Morreu matando o Soneira, que queda eliminado dos Oitavos a pesar de vencer ao Corme na penúltima xornada. A Esteirana sácalle 3 puntos, pero ten o golaverage individual a favor polo que os choques da última xornada carecen de interese.

Ademais, por arriba, o Cee ten máis que sentenciada unha Liga que comezaba titubeante, pero que remata con 6 vitorias seguidas tras superar á Esteirana no que os tantos de Andrés, Pikallo e Esteban anularon os dous anotados para os blaugranas por Adrián.

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).