Xuvenís: Todo encamiñado

Quedan só dúas xornadas para o final desta segunda fase das Ligas Xuvenís. E con todo encamiñado, cun Cabana xa clasificado para a Fase de Ascenso á Liga Galega, un Xallas de Santa Comba tamén cun pé dentro; e con dous equipos, Muros e Soneira, fóra dos Oitavos da Copa.
Unha Copa que, por certo, saberá cando empeza este xoves, na reunión dos Clubes coa Federación e na que terá lugar o sorteo.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, X. 8
Puido celebrar o Cabana a clasificación para a Fase de Ascenso pero non o título de Liga. Os de Carracedo empataron nun choque igualadísimo ante o Xallas de Santa Comba, polo que os de Rafa quedan 4 puntos por debaixo, pero con 3 puntos sobre o Malpica, que ollo, ten o golaverage individual a favor. O Dumbría queda case fóra da loita tras non pasar do empate en Ara Solis. Así e todo, a vindeira xornada enfróntase ao XSC
Cabana - Xallas StComba (1-1)

- CABANA: Adrián, Jonathan, Duda, Laik, Dani Mato, Alex Castro, Aless, Cristian, Diego, Iván Mato.
- XSC: Iván Couto, Cristian Caamaño, Miki, Roberto (Josito, min.85), Dani Martínez, Fabián, Styven, Diego Maneiro, Pablo Landeira (Tefi, min.85), Marcos (Jordi, min.60), Iván Pastoriza.
- Gol: 0-1, min.55: Iván Pastoriza a pase de Styven; 1-1, min.75: Duda.
Enfrontábanse 1º contra 2º nas Redondas, os dous mellores equipos desta segunda fase. Pero foi unha primeira metade mala dos dous equipos, sen dominador claro, pero o vento permitíalle ao Cabana estar un pouco máis enriba. O Cabana avisou cun man a man que parou Iván Couto, e un par de balóns colgados que co vento se envenenaron. Por bando xalleiro, Iván Pastoriza tivo tamén un man a man pero a polémica chegaba cun claro penalti sobre Marcos que o colexiado non viu.
Saiu mellor o Xallas na segunda co vento a favor, e froito deso marcou por medio de Iván Pastoriza. Tivo aí o Cabana 10 minutos moi nerciosos pero os xalleiros non souberon matar o partido, e permitiron que reaccionarse o Cabana, que marcou e acabou dominando mesmo tendo algunha ocasión clara para quedar cos 3 puntos.

Dumbría - Fisterra (2-2)
- DUMBRÍA: David, Roi (Denís, min 65), Dito (Israel, min 45), Cabana (Kevin, min 60), Jose, Adrián Alcaina, Samuel, Lucas, Javi, Miki e Alex Siaba (Fabián, min 70).
- FISTERRA: Ángel, Moisés (Josema, min.65), Suárez (Javi Suárez, min.46), Cartamil (Noé, min.60), Gabi Pazos, Antonio, Pichel (Adrián, min.75), Rubén (Carlos, min.72), Abel, Hidalgo, Josiño.
- Goles: 0-1, min.30: Hidalgo; 1-1, min.51: Javi; 2-1, min.62: Alex Siaba; 2-2, min.81: Josiño.
- Expusión: adestrador dumbriés Pablo Conde.
Partido con alternativas e co runrun da polémica entre ambas directivas no ambiente. Así e todo, os rapaces van ao seu e pouco lles afecta. Hidalgo aiantaba aos fisterráns, pero o Dumbría volvía moi enchufado dos vestiarios e dáballe a volta ao marcador. Non deu o partido por perdido o Fisterra e a falta de 10 minutos Josiño facía o empate final.
Ponteceso - Malpica (1-4)

- PONTECESO: Guille, Dani Valle, Joseph, Iago Baíñas, Diego Collazo, Lorenzo, Iago, Bieito (Adrián, min.76), Cris (Diego, min.66), Alberto Recarey (Pablo, min.75), Brais.
- MALPICA: Jesús; Víctor Novo (Miguel Ángel, min.78), Canario, Lexi (Joro, min.46), Diego, Kevin, Eme, Guille (David, min.86), Martín Maradona, Juny, Pitís (Aitor, min.60).
- Goles: 1-0, min.15: Brais de volea a pase de Cris; 1-1, min.30: Pitís tras un pase en profundidade de M. Maradona; 1-2, min.42: Pitís aproveita o rexeite de Guille; 1-3, min.70: M. Maradona de vaselina tras un gran pase de Juny; 1-4, min.87: Eme dende o centro do campo cun tiro raso que sorprende a Guille.
- Lesión: o malpicán Lexi por molestias musculares.
Partido con pouca historia no que un Ponteceso xa fóra da Liga saíu máis entonado. Parecía que o Malpica saía demasiado relaxado, e os locais aproveitaron para poñerse por diante e controlar durante moitos minutos.
Pouco a pouco, o Malpica foi collendo o ritmo pero a eficacia seguiu sendo clave. En dúas chegadas de Pitís na primeira metade xa deran a volta ao marcador.
Cambio o panorama na reanudación e o Malpica xa se puxo o mono de traballo e e controlaron o partido ata sentencialo.
Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 8
Xa está o Muros fóra dos Oitavos da Copa pois ten 1 punto menos por sancións. De xeito que o Gr. 1 queda practicamente sen aliciente. E máis cando o Outes practicamente sentenciou o primeiro posto. Un Outes que tras caer na primeira xornada ante o Baio suma 7 vitorias, e cuns números espectaculares.
Ademais, o equipo de Manu Roque ten tempo para os cariños, e ao comezo do partido co Camariñas os seus xogadores quixeron render homenaxe a tres membros da familia da Serra que non poden estar día a día con eles. Enviaron esta fermosa mensaxe a Piti, que ten o cruzado roto); a Samuel, que finalmente tras 6 meses sen xogar vai ter que operar dun hombreiro; e a Tomé, delegado e home para todo en Outes, que está a espera dunha operación seria, pois é un home cun corazón que non lle cabe dentro do corpo.

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 8
Non está fóra o Soneira pero ten pé e medio lonxe dos Oitavos. Os soneiráns conseguían un empate en Esteiro pero a vitoria do Mazaricos en Corme, cos goles de Ferreiro, Alberto e un en propia, deixa aos amarelos con 4 puntos de vantaxe, case que insalvables.
O Cee sumaba a súa 5ª vitoria consecutiva e o facía ante o que chegaba líder, o Coristanco. Os de José Carlos fan boas as predicións e se colocan líderes do grupo, tras vencer na Rocheira cos goles de Gabri, Esteban e Aitor, cunha boa segunda metade tralo 1-1, con tanto de Nanón, nun igualado primeiro tempo.
Máis información
- www.futboldacosta.com.
- Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil.
- Copa da Costa Xuvenil: Liga Grupo 1.
- Copa da Costa Xuvenil: Liga Grupo 2.
Crónicas de Xuvenís
- 2ª Fase. Xornada 7: Xuvenís: Cabana e XSC escapan.
- 2ª Fase. Xornada 6: Xuvenís: O Cabana destácase mentres Fisterra e Ponteceso caen.
- 2ª Fase. Xornada 5: Xuvenís: Aprétase a cousa por arriba e por abaixo.
- 2ª Fase. Partidos aprazados: Xuvenís: O Malpica frea ao Santa Comba.
- 2ª Fase. Xornada 4: Xuvenís: Cabana e XSC amosan os dentes.
- 2ª Fase. Xornada 3: Xuvenís: Intensidade na Liguilla e desidia na Copa.
- 2ª Fase. Xornada 2: Ponteceso e Fisterra descólganse.
- 2ª Fase. Xornada 1: Comezando, a medias, as segundas fases.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Táboas arriba e abaixo.
- 1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso saen do pozo.
- Preferente: Curta bagaxe para Dumbría e XSC.
- Resultados e análise da xornada no fútbol da Costa.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o blog do Malpica de Luís E. Porto e Unión Club Cee.