Demografía no Concello de Dumbría

O Concello de Dumbría sufriu un baixón muoi importante en habitantes nestes 20 últimos anos, chegando aos 2.935 habitantes, igualando aos que tiña sobre o ano 1865. Esto é unha maneira rápida de ver esta evolución ao longo da súa historia se ollamos sobre o papel a gráfica demográfica. Coa axuda das estadísticas ao longo de moitos anos logrei facer unha gráfica dende o ano 1842 ata o 2020, é dicir, ver o que ocorreu durante os 178 anos de historia neste concello. A simple vista sae un dente de serra cun pico moi pronunciado de 5281 habitantes no ano 1960, o que o podemos bautizar como a “idade de ouro”.
Algunhas imaxes que representan o paso do tempo en Dumbría
Visto todo o seu traxecto podémolo dividir en seis tramos que imos analizar polo miudo, aínda que sexa ao estilo das conversas de taberna.
Tramo 1.- Comprende desde 1842 a 1870, é dicir, 28 anos que se caracteriza pola subida duns 54 hab./ano. Neste período de tempo destacou na súa historia a rendición dos foros. O labrego comenzaba a traballar para sí, aforrando a riqueza da renda. Necesitaba moita man de obra para que foran rentables as leiriñas da súa propiedade, cavar estivadas para sementar cereal, cercar con muros as propiedades privadas e aillar os animais do veciño, polo que creo que incentivou a natalidade.
Tramo 2.- Comprende o período de 1870 a 1910, é dicir, 40 anos que se caraterizou pola estabilidade da poboación que apenas se nota as mortes por cólera do ano 1885. A riqueza saía da agricultura usando os métodos de traballo tradicionais, sin perder de vista as costumes dos antepasados. A gandería brava pastaba libre polos montes coa marca dos seus donos. Abundaba a cabalar e tamén a bovina e a caprina. Apenas había industria, salvo os artesáns como ferreiros, teceláns, canteiros, carpinteiros e a moda da construcción de muíños de auga e cabeceiras para o millo. O exceso de habitantes marchaba en barco para os países americanos como Venezuela ou Cuba.
Tramo 3.- Comprende o período de 1910 a 1960, é dicir, 50 anos subindo a poboación en 1.721 habitantes, 34 hab./ano. Quizá influíra un pouco a pandemia da gripe do ano 1918 pero neste período de tempo foi o máis produtivo tanto en habitantes como en riqueza. Estaba de moda de ter familia numerosa, incentivada por unha paga mensual por cada fillo. Recordo de cativo, os domingos despois da misa, ían a taberna, onde o pagador tiña a oficina. As poucas industrias como Carburos Metálicos, A Baleira de Caneliñas, ou as pequeñas centrales hidroeléctricas, así como a obra da canle de Santa Uxía, axudaban na economía doméstica. Chega a luz eléctria a moitas aldeas e as primeiras radios con antenas de cables ao longo a cañeira para que foran vistas polos veciños. Non existía basura, todo se aproveitaba. A leña de carballo era moi cotizada. O monte estaba limpo de mato, usado para estrar as cañeiras e as cortes. Os utensilios domésticos como as potas ou os paraguas eran arreglados polos hoxalateiros o mesmo coa roupa de vestir, feita e arreglada pola costureira que ía de casa en casa coa máquina de coser na cabeza. Con algo de medo comenzan as concentracións parcelarias que revolucionou o agro. Acabáronse os preitos polas sevidumes das leiras e dos regadíos. Pódese chamar a “idade de ouro” en Dumbría.
Tramo 4.- Comprende o período de 1960 a 1970, é dicir, 10 anos cando comenza o declive, perdendo 78 hab./ano. Neste corto período de tempo a mecanización do agro fixo perder man de obra. O teléfono e a radio cambian a mentalidade da xente. Entra a febre de ter coche na porta da casa para divertirse e sair fóra do concello. Para iso necesítábase ter cartos. Comenza o período da emigración a Europa, nalgúns casos deixando os fillos cos avós. Moitos das divisas que entraban eran invertidas en solares e pisos, a maioría fóra do concello con vistas de futuro cara os fillos.
Tramo 5.- Comprende o período de 1970 a 1990, é dicir, 20 anos cun leve crecemento de 582 habitantes (29 hab./ano). Os toxos e a leña de carballo son sustituídas polo gas butano. Cómese pan fresco surtido polo panadeiro. As leiriñas pegadas a casa que surtían a despensa doméstica, son abandoadas; a cambio, e mais cómodo compralas nos supemercados da contorna. Aumenta a construcción, en calquer lado, de vivendas, con arquitectura moderna, así como o acondicionamento das casas vellas, incorporando auga , cociña de ferro, luz e baño. As boas comunicacións cos concellos limítrofes, como no caso de Buxantes con Cee, obriga a ter coche. Comenza a mecanización do agro e a estabulación da gandería, tendo uns ingresos económicos pola carne e o leite, que unido cos traballos en pequenas empresas familiares tanto dentro como fora do concello, xunto coa Ferroatlántica de Dumbría ou a de Cee, non chega para manter as familias. Para iso necesítase dun soldo mensual permanente.
Tramo 6.- Comprende o período de 1990 ao 2020, é dicir, 30 anos, cun decrecemento de 2.056 habitantes (68 hab./ano). Comeza a era da electrónica e a informática e as administración non incentivan o traballo no rural quedando as aldeas reducidas a museos e as parroquias ailladas dos núcleos activos. As máquinas analóxicas son sustituidas pola robótica, creando paro. Sábese que os labradores ricos mecanizados, coa axuda dos seus maiores xa xubilados, aguantan a crise. Os demáis necesitan un ingreso mensual para afrontar os gastos e como non teñan xubilados ou pensionistas na casa, tratan de buscar traballo na emigración ou apuntándose o paro. Os matrimonios escasean e a natalidad, ao non está apoiada polos organismos oficiais, as parellas deciden non complicarse a vida cos fillos e deciden marchar a outras latitudes. Isto so se frea coa creación de empresas.
Ante esta situación, cal é a solución…? Difícil de predecir, salvo se toca a lotería de nadal. Sabemos que Dumbría é vocacionalmen agrícola-gandeira. A concentración parcelaria fixo un cambio de mentalidad nos xoves labregos. Creo que debería seguir por ese camino, remando as concentracións parcelarias dos labradíos de Paradela, Hospital, Logoso, San Crimenzo e O Ézaro. Concentrar as parcelas do monte como en Buxantes para poder mecanizalo e aproveitar a grandes extensiones improductivas en praderias de pastoreo extensivo do gando vacuno, cabalar e ovino. No caso de Buxantes poderíanse transformar unas 700 Ha. de monte improductivo en pastizales en forma de cooperativa. Cuidar o Camiño Xacobeo, incentivando o senderismo, dando a coñecer o noso patrimonio, preparar o entorno do Ézaro para atraer o turismo de senderismo e de plaia. Isto é un falar meu, por non estar calado.
Outros artigos no "Modesto Patrimonio"
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- O Modesto Patrimonio: <Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: <A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.