Sábado. 24.07.2021
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Bandeira do Concello de Dumbría

Xa nos tén explicado o escudo de Dumbría. Hoxe, Modesto García Quintáns fai o propio coa bandeira.
Bandeira do Concello de Dumbria
Así é a bandeira do Concello de Dumbría
O Modesto Patrimonio: A Bandeira do Concello de Dumbría

A bandeira adoita ser unha peza de tea, normalmente cunha forma rectangular que simboliza e representa un país ou un municipio. Normalmente colócase no salón de plenos, balcóns ou na entrada de edificios públicos colgadas dun poste vertical (asta). En caso de loito, colócase a media asta. Este poder, da Administración do Estado, foi trasladado ás comunidades autónomas e no caso de Galicia foi aprobado polo Real Decreto 3037/1982, do 24 de xullo, onde na sección legal di: ... aprobación dos escudos heráldicos municipais, logo dun informe da Real Academia da Historia

No caso da bandeira de Dumbria, contaban cos servizos da Comisión de Heráldica, que en abril de 1998 a Secretaría Heráldica presentou dous bosquexos. Un consistía nun pano amarelo, de forma rectangular, dúas faixas verticais onduladas de azul e outro esbozo similar ao anterior pero con tres faixas verticais, a do centro branca. O 28 de Maio, nun pleno extraordinario do Concello, aprobou o segundo esbozo. Esta decisión saíu no DOG do 18 de xuño de 1998. O DOG do 9 de abril de 1999 foi aprobado pola Xunta, segundo o Decreto 84/1999 do 11 de marzo, quedando a súa aprobación definitiva.

Bandeira Concello de Dumbria

Outros artigos no "Modesto Patrimonio"

Patrimonio Pindexo

comentarios