Luns. 20.05.2024
El tiempo

O Dumbría da División de Honra Cadete nunca camiña só

O Dumbría da División de Honra Cadete nunca camiña só
Ambientazo no Conco para ver os cadetes do Dumbria-Foto-Jorge Parri

Chegaba ao Conco o Arosa coa intención de escalar posicións e situarse preto deste magnifico Dumbría, pero o que non sabían é que estes rapaces estaban coa maquinaría engrasada e dispostos a levarse os 3 puntos e facer vibrar á afección. Daba comezo o encontro e malia a mañá que se presentaba de mal tempo e choiva a grada do Conco como de costume cun gran ambiente, esta afección acompaña ao equipo neve ou caian chuzos de punta ou o que sexa, nunca camiñan sós.

Dumbría - Arosa (3-1)

  • DUMBRIA: Jorge, Tomás, Miguel, Pablo, Kanario, Jose (Mauro, min.52), Isma (Adrián, min.58), Raúl (Samuel, min.47), Juan de Dora, Edu (Abuelo, min.62) e Rachón.
  • Goles: 1-0, min.42: Juan de Dora; 2-0, min.47: Juan de Dora; 3-0, min.49: Isma; 3-1, min.77: Miguel.
Imaxe do Dumbria-Lugo-Foto-Jorge Parri

O encontro empezaba cun Dumbria moi metido no encontro e creando algunha que outra ocasión, aínda que o Arosa tamén tería as súas e non deixaría que este Dumbria xogase como querían, tras unha primeira parte moi igualada por ambos lados iríanse ao descanso cunhas táboas no marcador que non gustaban moito aos xogadores locais. Na segunda metade tras unha charla moi seria do seu adestrador Juan Porrúa nos vestuarios poñería aos xogadores con esa faísca que necesitaban. De boto que ao pouco de empezar esta segunda metade un autentico golazo por toda a escuadra dun Juan de Doura que segue demostrando que é un autentico killer, pero non contento con este gol aumentaría a súa conta goleadora particular uns minutos máis tarde.

Con este 2-0 o Dumbría era o amo e Señor do encontro, dominaba, creaba ocasións, facía gozar á súa afección co seu xogo. Unha segunda parte das que necesitaba desde fai moitos encontros, pouco despois chegaría o terceiro que sentenciaría o encontro. Malia este terceiro gol dos locais e do seu dominio, o Arosa recortaría distancias marcando o seu gol preto do final do encontro. O marcador non se movería máis e quedaríase neste 3-1 que deixa aos xogadores de Juan Porrúa e Joaquín en 4º lugar unha posición moi privilexiada. Este fin de semana desprazaranse a Porriño a enfrontarse a un conxunto que se sitúa na zona baixa da táboa pero con isto non quere dicir que sexa menos complicado que os que se sitúan na zona alta. Si conseguen a vitoria podería distanciarse do Lugo ou do Areosa xa que se enfrontan entre si.

Crónicas do Dumbría

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios