Venres. 17.05.2024
El tiempo

O parque natural achegase ao Pindo

O parque natural achegase ao Pindo
Charla no Pindo sobre o parque Natural

Importante a charla que o vindeiro sábado 9 de novembro ás 17:00 horas terá lgar no Colexio do Pindo. Un xeito de achegar posturas entre os que están a favor do Parque Natural e os que non tanto. Un xeito de informar directamente, de falar as cousas claras para que os argumentos sexan verdadeiros.

Charla que chega nun momento complicado, despois de que a cinsa xa invadise os campos marisqueiros da zona e xa co programa SOS Monte Pindo en marcha, unha vez que arrincará este 1 de novembro.

7ª Charla aberta

A Asociación Monte Pindo Parque Natural tratará de explicar "as alternativas que hai para recuperar e protexer o Olimpo Celta e para o desenvolvemento económico da zona, e sobre todo aquela que está a crear máis debate e interese, a de promover a declaración do Monte Pindo como Parque Natural". Prevén a asistencia de varios directores e traballadores de parques naturais galegos, veciños deles e expertos, entre outros.

E esperan poder escoitar os argumentos dos veciños que non queren esta declaración, pois haberá persoas que poden aclarar todas as dudas que xurdan.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios