Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os fisterráns non poden enfermar por falta de médico

Casa do Mar-Centro de Saude de Fisterra
Centro de Saúde de Fisterra
Os fisterráns non poden enfermar por falta de médico

Prescrición médica a que teñen os fisterráns de non enfermar, asinada polo Delegado Territorial de Sanidade da Xunta de Galicia, que tanto tarda en vir coñecer de primeira man o problema. Un problema que mantén aos fisterráns sen médico de cabeceira durante os tres últimos meses, nos que apenas o Sergas enviou substituto durante 20 días espaciados. A día de hoxe, directamente non se pode pedir cita no centro de saúde fisterrán.

Unha nova demostración da sanidade pública de terceira división que sufrimos no rural galego. E xa non só en materia de pediatría, se non que a atención primaria cada vez funciona peor.

A Xerencia da Área Sanitaria do Sergas segue argumentando que non ten médicos para mandar, que a xente non quere vir a Fisterra. Unha situación que queren escoitar de primeira man os representantes políticos de Fisterra pero que aínda non puideron. Primeiro porque cando tiñan fixada unha reunión co delegado territorial de Sanidade, coincidiu que mandaron un substituto, que apenas durou 5 días, pero co tempo suficiente para que o Delegado convencera ao alcalde de que se podía suspender a reunión.

Días despois volveron pedir a reunión, pero xa tocaba en campaña e non se puido realizar.

”Creo que non podemos esperar tanto”, asegura Kuka Sar, teniente de alcalde e candidato do BNG, un dos poucos representantes que se mobilizan. “Se necesitan que esteamos na rúa protestando todo o día para facer algo, estaremos na rúa protestando”, asegura.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios