O picudo tamén leva varias palmeiras de Fisterra

Como xa anunciaron en outubro, o Concello de Fisterra vén de talar as 4 palmeiras situadas na parte alta da Rúa da Cerca. A praga do picudo segue arrasando na comarca, entrando dende Muros e acabando cun símbolo de máis de 50 anos. Medio século tiñan as palmeiras fisterrás agora taladas, que permiten que a veciñanza teñan unhas vistas privilexiadas.
As palmeiras non desaparecerán de todo. Quedarán a parte baixa dos troncos, que se van usar de macetas para poñer plantas.
Non se eliminan as dúas que hai xusto debaixo, que segundo a empresa executora non teñen picudo.
Hoxe será día para analizar o estado de saúde das palmeiras que hai ao outro lado da Ribeira, no Castelo. Mañá estudiarán se a poda de inverno pode ser suficiente para mantelas saudables.
As que si se van ter que talar son dúas palmeiras que hai no paseo de Sardiñeiro, que están secas, mortas. Había 3 nesa zona e unha xa tivo que ser cortada polo mesmo motivo.
NOVAS RELACIONADAS
- Outubro 22: O picudo vermello tamén arrasa coas palmeiras de Fisterra.
- 04-10-2022: Adeus ás palmeiras da Praza de Castelao de Corcubión.
- Alegato urbanístico de Boca de Sapo para Corcubión.
- Setembro 22: As palmeiras da Praza Castelao, afectadas polo picudo vermello, xa caen a anacos.
- Agsosto 22: O picudo vermello segue avanzando e xa afecta a unha Palmeira da mítica Praza Castelao de Corcubión.
- Xaneiro 22: A praga do picudo vermello pon en perigo a superviviencia das palmeiras do sur da Costa da Morte.
- Xaneiro 22: Alertan de que a praga do picudo vermello xa chegou a Corcubión.
- Novembro 21: "Xa non é só por tirala en calquera lado, senón que ademais así propagas a praga do picudo”.
- Marzo 20: O picudo vermello cébase cas palmeiras de Muros.