1ª e 2ª FUTFEM: Case pleno polo 8M
É vangarda o FUTFEMDACOSTA en materia de Igualdade. E así o demostran durante todo o ano, e tamén polo 8M, como unha Esteirana que nada puido para frear a locomotora de Curro, e caeu goleada en Tordoia. Tamén goleou o Muxía, con 5 goles de Eva Lema, que escapa no alto da táboa con 37 goles, polos 32 de Rebeca (Tordoia) e os 31 da súa compañeira Barca.
Respira tranquilo por fin o Xallas e Eloy tras vencer a un rival directo como o Pastoriza que deixa agora a 8 puntos.
1ª Div. Fem., xornada 21
Xallas - Pastoriza (1-0)
- Xallas: Peta, Graci, Ainhoa, Silvia, Soraya, Paula Barcia, Mery, Sara, Noe, Daniela e Espasandín. Tamén: Isa, Yaiza e Valeria Iglesias.
- Gol: 1-0, m.41: Espasandín.
Solventou o matchball o Xallas ante un rival directísimo como o Pastoriza. E iso que chegaban con cinco baixas importantes, moi ben suplidas polas catro xogadoras chamadas do filial, tres delas no once inicial. Pero o equipo tivo toda a ambición do mundo e foi polo partido, cunha presión a todo campo, dende o primeiro minuto, xa ameazando como na que tivo Soraya aos 3 minutos, e que sacou unha defensa sobre a liña de gol. Seguiu incomodando toda a primeira metade o cadro de Eloy García Fateira ata que antes do descanso Espasandín anotou un deses goles que valen dobre que merman a moral ao adversario.
Tocaba fortalecerse como equipo unido na segunda, e apoiadas pola afección souberon sufrir e mesmo tiveron ocasións para sentenciar nos pés de Graciela, Isa, Noe ou Espasandín. Así e todo, o gran traballo defensivo de todas permitiu por segunda xornada na casa deixar a porteria a cero, arroupando moi ben a Peta e sumar 3 puntos que valen media permanencia na 1ª García Ulloa.
2ª Div. Fem., xornada 23
Dumbría - Orillamar (2-0)
- Dumbría: Liss, Ana, Carla Recarey, Yolanda, Sabela, Elba, Carla Lago, María, Paula Fandiño, Alba e Cundíns. Tamén: Lucía, Mariña, Yaiza, Alicia e Carla Pérez.
- Goles: 1-0, m.13: Cundíns cun golazo dende a frontal; 2-0, m.24: Paula Fandiño.
Saíron relaxadas as xogadoras dumbriesas, coa intención de competir disfrutando e notouse moito, pois saíron menos atenazadas que outras xornadas. O Orillamar, un deses equipos cos que a clasificación non é xusta, é un bo equipo e prantouse moi serio no Conco. As de Santi Lira foron capaces de xerar espazos e facer posesións longas, algo que lle esta costando nos últimos meses, conseguindo ademais traspasar liñas e facer ocasións como que aproveita Claudia Cundíns para abrir o marcador. Co paso dos minutos o calor facía que baixara o ritmo do encontro, e co segundo de Paula tras un córner, o equipo soubo manexar os tempos.
segunda parte a intensidade duraría uns 15 minutos, pero o calor impedía un xogo rápido. As visitantes, por momentos intentaban en arreóns recortar distancias e pero as dumbriesas, máis pendientes de aforrar enerxías, soubere defender o resultado co balón. Si que nos últimos 10 minutos as herculinas envorcáronse sobre a meta local, e tocou sufrir pero apareceu Lucía con seguridade.
Muxía - Cultural Maniños (7-0)
- Muxía: Sheila, Patri, Nerea Pazos, Raquel, Andrea Piroja, Nerea Barrientos, María, Elsy, Patri Romaní, Laura Doce, Barca e Eva Lema. Tamén: Ana, Paula, Irene, Andrea Insua e Karen.
- Goles: 1-0, m.12: Eva Lema; 2-0, m.22: Laura Doce; 3-0, m.25: Eva Lema; 4-0, m.39: Barca; 5-0, m.41: Eva Lema; 6-0, m.56: Eva Lema; 7-0, m.87: Eva Lema.
Partido sen complicacións, ante un rival que visitaba Arliña con poucos efectivos, e que a pesar de que se encerraba atrás, as de Noe Iglesias conseguían atopar espazos para atacar e marcar goles. Dominio total do partido nunha primeira parte impecable, con portería a cero, repóker de goles de Eva Lema e boas sensacións antes do parón do finde xa que nos toca descansar.
Tordoia - Esteirana (8-2)
- Esteirana: Alicia, Sandra Dosil, Sara, Marta, Toío, Nerea, Lara, Lidia, Nuria, Bárbara e Rut. Tamén: Alba Carou.
- Goles: Andrea Costa (3), Sara, Laura Martelo (2), Irena e un en propia para as locais; e un en propia e outro de Bárbara para as esteirás.
Co 12 se presentaba o cadro de Fran Figueroa en Tordoia, e non conseguiron facerlle fronte, non foron competitivas, e as de Curro superáronas claramente. Asi e todo o equipo cae de pé e afronta o calendario, acostumadas á escaseza de efectivas, pero con confianza.
Nicrariense - Corme (0-3)
- Corme: Lucía Dourado, Lucía Rod., Candela, Saskia, Claudia Pérez, Natalia, Ana Suárez, Candela, Carla Pose, Olalla, Cris, Zeltia. Tamén: Salomé, Laura Vidal.
- Goles: 0-1, m.5: Olalla; 0-2, m.14: Claudia; 0-3, m.88: Carla.
Non fixo un gran partido o cadro de Rubén Souto, se cadra algo relaxadas tras pasar o “tourmalet” das de arriba. Aínda que por momentos si foron capaces de darlle calma o xogo e ver un Corme recoñecible, non tiveron o control total. Aínda así, 0-3, con tramos moi bos, sobre todo na primeira parte, sólidas en defensa, e moi contento cos bos minutos de Salomé na segunda parte.
Ordes - Cee - (1-4)
- Cee: Valeria, Lurs, Cris, Ramos, Aroa, Laura, Paula Veiga, Caamaño, Saray Duarte, Nayara Casais, Martínez. Tamén: Noemi, Sharay Caamaño e Sabela.
- Goles: 0-1, m.54: Paula Veiga; 1-1, m.66: Anabel; 1-2, m.71: Lurs; 1-3, m.76: Ramos; 1-4, m.94: Paula Veiga.
Vitoria do Cee en Ordes. Na primeira parte foi un partido sen ritmo, coas de Rafa sempre en campo contrario con certas ocasións pero sen causar perigo. A máis destacada foi un tiro de Cris que se foi fóra por pouco.
Na segunda parte comezaron mellor as costeirase tras unha boa xogada entre Martínez e Paula marcaría Paula o primeiro gol do partido. Baixou o ritmo aí o cadro ceense e as locais conseguían empatar. Pero espertaron a tempo e tras unha asistencia de tacón de Paula, Lurs marcaba o 1-2. Elas tiveron unha ocasión para empatar coa dianteira case soa ante a porteira pero apareceu Noemí para salvar medio partido, pero de contado, tras unha internada de Cris, Ramos marca un fermoso gol de cabeza e sentenza o encontro. Xa no desconto, Paula Vega facía o seu segundo da tarde.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.