1ª FUTGAL: O gran papel dos equipos costeiros
Espectacular o papel dos equipos costeiros neste comezo de curso da 1ª FUTGAL. 4 equipos entre os 8 primeiros, cunha Esteirana disputándolle o partido cara a cara ao líder na súa casa, e un San Lorenzo que leva semanas merecendo máis pero sen sorte.
Destacar a labor do Muxía, a día de hoxe, tras 9 xornadas, 3º clasificado.
Na loita polo pichichi, Isaac Fábregas sitúase segundo con 9 tantos despois de Adrián García (Calo), que suma 10. Arriba xa aparece tamén Diego Estévez (Dumbría), con 8 goles, Borjas Gándara (Castriz) con 7, Isma Pose (Muxía) con 6, e Pablo Rama (Esteirana) con 5.
San Lorenzo - Calo (1-2)
- San Lorenzo: Mario, Pablo Garrido, Hugo Rey, Javi, Baldo, Andrés, Alex Vázquez, Hugo Pereiro, Iago, Riki e Eloy Arantón. Tamén: Benja, Raúl, Alberto Campos, Alex Taibo, Hugo Canedo, Alex Costa e Rubén.
- Goles: 1-0, m.25: Riki; 1-1, m.46: Mouzo; 1-2, m.60: Martín.
Outro partido que se lle escapa aos de Cantudo. E iso que se metían por diante tras unha primeira metade controlada, pero se ben houbo chegadas claras nas dúas áreas. Tralo 1-0 de Riki, puideron os locais aumentar a distancia antes do descanso nunha cesión pitada polo árbitro na área rival, pero Riki primeiro, e Iago no rexeite, non foron capaces de materializar.
Pero nada máis sacar de centro, o Calo conseguia empatar de tiro cruzado. O SanLo seguia tendo o balón e as ocasións, e o Calo, cerradiño e buscando as contras. O 1-2 chegou tras un remate á saída dun córner. Quedaba media hora e o cadro local intentouno de todas maneiras: a balón parado, en situacións de vantaxe, ata un tiro de Riki foi rexeitado polo longueiro, deixando unha semana mais a un SanLo que intentao de todas maneiras, queda sen premio. Con todo, o cadro de Cantudo non se rende.
Muxía - Vista Alegre (4-2)
- Muxía: Adrián, Anxo, Manu Martínez, Congui, Carlos Costa, Mauro, Isma Pose, Iago, Adam, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Mateo, Julián, Fabián e Darío.
- Goles: 1-0, m.20: Manu Nogueira; 1-1, m.37: Jonatan Torres; 2-1, m.43: Isma Pose; 3-1, m.55: Isma Pose; 3-2, m.72: Eddine; 4-2, m.88: Iago Muíño.
Espectacular este Muxía que marca as diferencias con equipos da categoría, e mesmo se atreve a saír algo confiados dada a clasificación (viña con só 3 puntos o cadro santiagués). Pero pelexou o rival, e malia dominar os tempos, o choque estaba igualado. Adiantáronse os de Sergio Pataca, que puideron ampliar, pero nun desaxuste en medio campo, un balón filtrado permitía ao punta rival plantarse diante de Adrián e empatar.
Soubo darlle pausa ao partido e non precipitarse o equipo local, e as ocasións foron aparecendo gracias á calidade individual dos muxiáns. Isma Pose faría un golazo en xogada individual antes do descanso.
Á volta dos vestiarios, co equipo de novo moi ben plantado, volve aparecer Isma para ampliar a vantaxe. Aquí o partido queda nun punto morto no que ningún dos equipos conseguía facer o seu fútbol, sendo o cadro santiagués o que acerta para meterse de novo no partido. Pero non lle entrou o medo ao equipo local, que soubo manter o balón, non deixarse empurrar, para semtenciar nunha boa xogada colectiva co gol de Iago.
A xornada serviu ademais para estrear a nova bandeira, cedida pola Lonxa Dálvaro, á Peña Muxiana Os Corviños.
Club do Mar - Esteirana (3-0)
- Esteirana: Víctor, Kevin Rial, Simón, Antón, Code, Adrián, Pablo Rama, Alex Rama, Oli, Toni, Adán. Tamén: Piki, Héctor e Pachi.
- Goles: 1-0, m.12: Alberto Díaz; 2-0, m.80: Ashier; 3-0, m.94: Luís Castelo.
Resultado que non reflicte para nada o visto sobre o Municipal da Laracha, cunha Esteirana tratanto ti a ti a todo un líder da categoría na súa casa. Ambos equipos querían iniciar dende atrás, deixando un partido de moita calidade. Primeiro avisaron os locais, que pouco despois abrían o marcador nun envío lonxano tras un gran control do dianteiro.
A partir de aí o cadro de Iván González comezou a combinar, buscando entradas polos extremos, tendo ocasións de Antón, que ten boa chegada; unha Alex Rama diante do porteiro, un tiro de Simón e un par de centros, sobre todo un centro lateral de Toni ao que non chega Antón ao segundo pau por centímetros.
Estaba o choque para o empate, pero ao fío do descanso o colexiado sinala un penalti moi protestado polo esteiráns, que afortunadamente parou Víctor.
Na segunda saíu tamén o cadro de Iván González moi ben, con paciencia, facendo un gran partido ante o poderoso líder. Tivo Adán un balón peiteado a unha falta lateral na que xa cantaban gol os blaugranas. Xa no treito final, co cadro visitante combinando, un erro na saída do balón permitía a sentenza local. Pouco despois chegaba a expulsión de Oli por cortar un saque de falta e o terceiro e definitivo xa no desconto.
Fisterra - Bertamiráns (4-2)
- Fisterra: Joselu, Colombia, Rubén, Juan Trillo, Isma, Maikel Mouzo, Jano, Aarón, Adrián Makaay, Isaac Fábregas e Bruno. Tamén: Pablo Velay, Beltrán, Guille, Aarón Dom., Ángel e Miguel.
- Gooes: 0-1, m.15: Arnejo; 1-1, m.22: Isaac; 1-2, m.41: Arnejo; 2-2, m.53: Jano tras unha falta que bota Adrián Makaay; 3-2, m.83: Isaac; 4-2, m.94: Bruno.
Comezou mal o Fisterra, xa dando facilidades cun erro en defensa que permitía adiantarse ao Bertamiráns. Pero reacciona rápido, e pronto empeza a incidir. Nunha xogada aciaga na que Iván Baña ten que recibir as asistencias da ambulancia por un choque na faciana, empata Isaac. Pero volve caer no mesmo erro e permite que o visitante se volva meter por diante. Nese tempo Isaac, Makaay e Bruno tiveron opcións para o empate pero o Bertamiráns marchaba por diante aos vestiarios.
Na segunda metade saíron moi ben os de Diego Lobelos, e foron superiores, marcando pronto Jano rematando unha falta de Makaay tamén igual tamén entraría. O equipo seguiu percutindo toda a segunda metade, cun xogo moi rápido e vertical, marcando o terceiro Isaac e o cuarto, xa no desconto Bruno.
Bastavales - Castriz (2-1)
- Castriz: Iván Fraga, Fabián, Elvis, Samuel, Anxo, Iván Facal, Adrián García, Sebas, Noli, Iván Pastoriza, Miller. Tamén: Coke, Rodo, Alberto Mata, Álvaro e Marcos Mouro.
- Goles: 0-1, m.70: Iván Facal; 1-1, m.82: Miguel Castro; 2-1, m.85: Rubén Portos.
Derrota inxusta do Castriz, dolorosa, pero coa satisfacción de ter feito un bo partido. O cadro local xa comezaba xa marcando a súa tendencia de mandar balóns longos, facendo dano por momentos a un Castriz que tardou en coller a manixa do partido. Pero conseguíu baixar o balón ao céspede do incómodo Municipal de Brión, e Adrián García mandou dous balóns ao pau e Miller tivo outra clara.
Na segunda seguía sempre estando máis preto o 0-1 que o 1-0. Pero a expulsión de Miller por protestar no m.53, cambiou o conto. Aguantou o cadro xalleiro 15 minutos, e mesmo conseguiu colarse por diante. Pero o cansanzo, e o empurre local provocou a remontada.
Vea - Dumbría (1-5)
- Dumbría: Anxo, Kanario, Pablo Paz, Alex Marcote, Antón, Antonio, Dani Chao, Baba, Lucas Toba, Xabi Castro, Estévez. Tamén: Isma Antelo, Brais, Raúl, Quique, Álvaro e Adrián Periscal.
- Goles: 0-1, m.2: Baba de penati; 0-2, m.18: Estévez; 0-3, m.24: Estévez; 1-3, m.27: Terzado; 1-4, m.67: Xabi Castro; 1-5, m.77: Estévez de penalti.
Vitoria clara do Dumbría de Pablo Conde, dominando dende o comezo, e sentenciando xa antes da primeira media hora, gracias a un penalti tempraneiro que permitiu que o choque se puxera moi de cara. Arriscaron os locais un pouco máis, con Julián ao mando, pero á contra o Dumbría foi letal.
Na segunda o campo estaba algo rápido e os dumbrieses puideron controlar con comodidade.
Máis novas
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- X.8: O Muxía métese en postos de promoción.
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.