2ª FUTGAL: Todos os equipos xa coñecen o sabor da vitoria
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.

Camariñas, Monte Louro e Xallas seguen copando os postos altos da táboa. Os de Cabrejo seguen a ser o equipo a bater e superaban, non sen dificultades, a un bo Muros. O Monte Louro vencía na Grixa, ante un Porteño que a semana que vén estreará no banquiño a Pirucho, que volve ao fútbol da Costa.
E ollo co Xallas, que xa suma 4 vitorias seguidas e demostra que aspira a todo, montado nunha máquina engraxada polo gran Doro, xa situado como segundo máximo goleador da categoría por detrás de Djibril.
O Baio colle posicións arriba a costa dun frouxo Mazaricos, igual que o Ponteceso, que freou a velocidade do Soneira.
Por abaixo, xa non quedan equipos sen vitoria, tralas conseguidas por Cabana e Outes. Corcubión e Cee ocupan as prazas de descenso.
Mazaricos - Baio (0-3)
- Mazaricos: Iker, Luís Mayán, Fabio, Chumiko, Sergio, Iago, Adrián, Matías, Bryan, Kevin, e Marcos. David, Molinos, Alex Calvo e Sergio Rod.
- Baio: Rodrigo, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Chechu, Víctor, Aitor Vilas, Sergio, Carreira, MC. Tamén: Javi Souto, Rubén, Alex Muíño Lucas e Mamadou.
- Goles: 0-1, m.8: MC; 0-2, m.10: Aitor Vilas; 0-3, m.31: Alex Muíño, golazo do xuvenil.
Chegaba con moitas baixas o cadro de Marcos, que ademais está tendo problemas para adestrar. O Baio soubo ler as debilidades e en media hora se colocaba 0-3 no marcador sen facer tampouco demasiado.
Non se repuxo o Mazaricas na segunda, cun Baio que soubo xogar co marcador, se ben si tiveron os locais unha de Marcos e outra do debutante Rodri para poder recurtar.
Ponteceso - Soneira (3-0)
- Ponteceso: Brais, Mario, Pedro, Luca, Javi Souto, Mendieta, Martín Souto, Camilo, Iván Rod, Luís e Eloy Álvarez. Tamén: Darío, Ures, Alberto Recarey, Neira e Dani Castro.
- Soneira: Pity, Iván Blanco, Gusa, Héctor, Cachi, Sergio, Oreiro, Brais, Bieito, Richi e Vía. Tamén: Dono, David, Carlos e Samuel.
- Goles: 1-0, m.13: Eloy Álvarez; 2-0, m.40: Eloy Álvarez; 3-0, m.42: Eloy Álvarez.
Ponteceso e Soneira víanse as caras no Pinguel, con dúas liñas positivas. O Soneira empezou mellor e levou os mandos nestes primeiros minutos. Os da Ponte foron igualando o partido e conseguiron adiantarse nun córner por medio de Eloy Álvarez que rematou un balón solto na área. Non se arredaron os rapaces de Josiño Abelenda e mesmo poideron empatar por medio de Vía, que tendo posibilidade de marcar optou por un pase que abortou a oportunidade. Os visitantes reclamaron un penalti de Brais a Richi neste tramo de partido.
Nos últimos minutos desta primeira parte os locais aumentaron a diferencia con outros dous goles dun Eloy en racha.
Na segunda parte houbo fases de dominio para os dous equipos... aínda así o Soneira levou na maior parte este dominio. Puido restar distancia no marcador pero hoxe non era a sua tarde tirando …mesmo un balón ao pau e varias chegadas, pero non acertaron e os da Ponte mantivéronse firmes e levaron os tres puntos.
Outes - Coristanco (5-2)
- Outes: Ryan, Jura, Adri, Babu, Xavi, Martín. Berto, Álvaro, Keko, Aarón, Nico.
- Coristanco: Rubén, Chechu, Nico, Prego, Sergio, Diego Ferreiro, Dani Vázquez, Hugo Fraga, Álex Iglesias, Rodrigo e Dani Castiñeiras. Tamén Belarmino, Kevin Rodríguez, Iago Lavandeira, Joaquín Moya e Javi Bermúdez.
- Goles: 1-0, m.25: Keko; 1-1, m.32: Dani Vázquez; 2-1, m.38: Martín; 3-1, m.51: Nico; 3-2, m.63: Joaquín Moya; 4-2, m.68: Iván; 5-2, m.78: Keko.

Partido igualado, cun Coristanco máis espeso con balón e sen a mobilidade necesaria para poder circular con fluidez. O Outes ben replegado e saíndo con balóns por banda fixo perigo ao que o Coristanco non puido responder con claridade. Pegaba primeiro o Outes de Sieira por medio de Keko, pronto anulaba a renda Dani Vázquez, despois dunha das únicas xogadas de combinación do equipo verde; pero antes do descanso Martín metía por diante de novo aos locais.
Na segunda tentaría o Coristanco ir polo partido, pero o Outes as contras mataríao. Primeiro Nico facía o terceiro, pero aínda o gol de Joaquín despois dun fallo na saída do Outes deuxaba o partido aberto. Foi iván o que rompería definitivamente o choque, deixando ao final un resultado máis amplo do visto no campo do Cunchido.

Lira - Corcubión (1-2)
- Lira: Carlos, Isaac, Amoedo, Ramiro, Marcos, Ángel Sestayo, Angel Vigo, Lois, Oli, Migueliño e Juan. Tamén: Raúl, César, Cartamil, Fran Periko, Christian.
- Corcubión: Bruno, Juan Fuentes, Gorka, Dani, Antón, Castreje, Mario, Nando, Ramón, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Samu Rama, Íker, Martín, Samu Trillo e David Lojo.
- Goles: 0-1, m.68: Iago Lema a pase de César Lojo; 1-1, m.70: Fran Periko nun córner; 1-2, m.92: César Lojo marcou un golazo.
Bo partido do Corcubión, que fixo unha gran primeira metade, xogando ben, entrando por bandas, e tendo ocasións. Ao Lira costáballe xogar pero puideron aguantar as embestidas visitantes, sobre dúas ocasións de César Lojo, unha lambendo o pau e outra facendo empregarse a fondo a Carlos.
Igualouse algo máis a contenda na segunda, sempre co cadro de Ángel Ventanas e Iso máis dominador, dando sensación perigo ata que nunha boa xogada de César Lojo, gaña liña de fondo e cede para que Iago Lema abra o marcador. Pero na seguinte xogada marca Fran Periko, no primeiro balón que tocaba en toda a temporada pois acaba de volver tras dous anos fóra dos campos.
O Corcubión non se resistiu e seguiu incordiando, e xa no desconto César Lojo fai un golazo de remate de volea acrobático para darlle a vitoria aos visitantes, non sen intentalo o cadro liracho, obrigando Cristian e Juan a Bruno a aparecer.
Porteño - Monte Louro (2-4)

- Porteño: Mariolo, Gaba, Rodri, Brais Mouzo, Iván, Alfredo, Darío, Alan, David, Nico, Martín Carrabete. Tamén: Domingo, Manoliño, Yuyo, Pablo e Ibrahima.

- Monte Louro: Pedro, Pablo, Raúl, Verán, David Pais, Chano, Abel Rey, Riki, Brais, Iker e Fary. Tamén: Xaco, Liusmi, Martin, Rapante e Rodri.
- Goles: 1-0 m.28: Alan; 1-1, m.39: Íker de faltar; 1-2, m.56: Miguel Verán de falta; 1-3, m.60: Íker; 2-3, m.68: Alan; 2-4, m.96: Rapante a pase de Riki.

Non lle sentou de todo ben a saída de Cousillas e Javi Baña do banco ao Porteño, que volveu caer na casa. Desta volta ante todo un Monte Louro, un dos de arriba, que ten xogadores como Íker nun estado de forma impresionante.
Comezou marcando o cadro local, nunha primeira metade de escasas ocasións, que culminaba Íker cun gol de falta.
Na segunda, Verán metía aos de Bibi por diante tamén con outra falta, como a semana pasada, e pouco despois Íker metía terra de por medio nunha cabalgada. Alan volvía meter aos locais no partido, empurrando ata o final, e foi no desconto cando sentenciaba o cadro loureán.
A vindeira semana colocaranse no banco do Porteño Pirucho e Katalán. Dous camariñáns que volven ao Fútbol da Costa.
Cabana - Corme (3-1)
- Cabana: Manu, Mario (David), Noé, Ferreiro, Aarón, Nando (Simón), Miki, Moreno, Castro (Pablo), Manu Borneiro.
- Corme: Quique, Brais Pailos, Davidson, Aitor, Lucas Figueroa, Teo, Yago, Borja Torrado, Lucas, Isra e Samu Costa. Tamén: Fran Pombo, Senén, Iván e Álvaro.
- Goles: 0-1, m.6: Yago Fuentes; 1-1, m.75: Aarón Casás de falta; 2-1, m.86: Pablo a centro de Aarón; 3-1, m.89: Ferreiro.
Chegou, por fin, a primeira vitoria do Cabana de Óscar Mingui. E iso que comezaba o choque cun varapau co gol dos de Adrián Lema. Un Corme que parecía máis enchufado, máis cómodo, levando o control, tendo mesmo unha ocasión ao longueiro e tendo que obrigar a Manu a aparecer.
Saíu máis metido no partido o cadro local, cambiando o partido totalmente, dominando, e buscando o empate en todo momento. Tardaría en chegar pero Aarón, nunha falta lonxana, conseguiría o empate a 15 do final. Mario e Ferreiro avisaban, pero foi clave a expulsión de Aitor, que deixaba ais locais cun home máis. A base de empurrar, e malia que o Corme tivo un par de contras boas, primeiro Pablo e xa no desconto Ferreiro, daríanlle a volta ao marcado.
Muros - Camariñas (0-2)
- Muros: Aitor, Martín, Alon, Ra, Juan, Dani, Angel, Peski, Benji, Jesús e Alex. Tamén: Peski, Quinn, Flavo, Xandre.
- Camariñas: Jorge, Víctor, Caamaño, Oliver (Martín), Borja, Moriño, Hugo (Manuel), Javi, Roi (Brais), Mario e Djibril.
- Goles: 0-1, m.65: Djibril de penalti cometido sobre Mario; 0-2, m.83: Djibril.
Saía moi forte este Camariñas en estado de gracia, dominando e metendo atrás a un Muros que, a pesar de ter baixas importantes omo Xaco, Pelos, Xavi… mantiña ao rival relativamente lonxe da súa área. A primeira ocasión era á contra dos locais, pero Jorge resolveu ben o man a man ante Dani. Os de Cabrejo (co que falamos a pasada semana) movían o balón, e con paciencia ían creando, pero sobre todo era a balón parado, tendo ata dous balóns ao pau e varios saques de esquina.
Na segunda mantíñase o guión, pero os de Vintos xa conseguían ter algunha ocasión máis clara, con varios tiros lonxanos. Pero chegaba a xogada clave do partido, e moi protestada polos locais: un penalti sobre Mario, no que, segundo os muradáns, Peski pega antes ao balón.
Tivo que estirarse o Muros, creando algunha ocasión, pero as máis claras eran á contra dun Camariñas que con espazos, e con Mario, Djibril, Javi e Martín, son un perigo. A falta de 7 minutos Djibril poñiao 0-2 definitivo.
Xallas - Cee (2-3)
- Xallas: Iván Couto, García, Ramón, Erre, Macareno, Yago Facal, Dani Barbeira, Asier, Fidi, Doro, e Rubén Blanco. Tamén: Sergio Barbeira, Steven, Rubén Sande, Adrián Couto e Marcos Carro.
- Cee: Iván Bouzón, Jonathan, Noé, Munitis, Borja, Roberto, Carlos, Anxo, Jose, Sergio, Eze e Trini. Tamén: Isaías, Diouck, Iago e Fontaíañ.
- Goles: 0-1, m.2: Sergio aproveitando un erro da defensa e tras un bo pase de Eze; 0-2, m.11: Sergio nun córner; 1-2, m.18: Doro; 2-2, m.26: Doro a centro lateral; 3-2, m.34: Rubén Blanco tras roubar na saída do balón; 4-2, m.47: Fidi dende o borde da área tras unha xogada por banda de Erre e Doro; 5-2, m.55: Erre; 6-2, m.80: Doro a centro de Macareno.
Comezaba ben o Cee, marcando dous goles rápidos ante unha mala saída dos xalleiros. Pero foi un espellismo, pois o Xallas foi dominador absoluto do partido. Os dous tantos si espertaron aos de Doriño, e aos de Doro, que volvía demostrar estar como nunca, afiando un novo triplete e colocándose xa como segundo máximo goleador da categoría.
Apresión alta dos de Doriño provoca erro tras erro na saída do balón e o choque xa se rompía nada máis saír dos vestiarios cando Fidi facía o cuarto tanto.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.6: Camariñas e Soneira manteñen o pulso.
- X.5: Os favoritos van collendo sitio.
- X.4: O Camariñas presenta candidatura.
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.