2ª FUTGAL: O Xallas pega un salto por arriba nunha Liga da Costa que ferve por abaixo, con 9 equipos pelexando pola salvación
A semana pasada era o Xallas o perdía ante o Cabana e permitía que o San Lorenzo o alcanzase. Esta xornada foi do revés: o Xallas vencía na Pedra Queimada ante un Malpica coa cabeza posta na final da CopadaCosta, e o SanLo non podía cun gran Cabana nas Redondas. Saca agora o cadro xalleiro 2 puntos ao cadro carballés, e 4 a Porteño e Baio, que non se baixan do vagón de cabeza tras vencer a Mazaricos e Ponteceso.
A que tamén está que ferve é a zona baixa. Todos agárranse como poden á categoría, como demostrou o Zas, que remontou un 2-0 no choque directo ante o Muros e acabou sumando 3 puntos que poñen ao Mazaricos de pechacancelas. Pero é que a salvación está moi cara, por mor dos 2 (igual 3) arrastres, polo que serán 4 (igual 5) descensos. Muros e Monte Louro (que venceu ao Corme) ocupan agora esas prazas 13 e 14, con 32 e 31 puntos. Pero é que con 34 quedan Corcubión Ponteceso e Sofán B trala vitoria dos branquiazuis ante o filial carballés. E ollo co Soneira, que ten 35…
Por diante, 3 xornadas de batallas campais, con moitos enfrontamentos directos entre os 8 equipos implicados, como o Sofán B-Zas, o Ponteceso-Monte Louro, Muros-Corme, ou o Soneira-Corcubión da vindeira semana.
Ponteceso - Baio (0-1)
- Ponteceso: Brais, Cotelo, Pedro, Luca, Adrián Pose, Alberto Recarey, Javi Souto, Iván Rod., Mendieta, Martín Puente e Eloy Álvarez. Tamén: Eloy Trigo, Juan, Neira, Darío, e David.
- Baio: Rodri, Bruno, Pablo, Norberto, Pablo, José Ángel, Miki, Chechi, Josiño, Damián e Cheti. Tamén: Julián, Javi, MC, Víctor e Mamadou.
- Gol: 0-1, m.78: Cheti cun golazo.
O Ponteceso e o Baio enfrontábanse no Pinguel cheo ata a bandeira con máis de 400 persoas grazas ao chamamento á afección durante a semana, con ese divertido vídeo protagonizado polos prebenxamíns.
O partido comezaba cous dous equipos sen correr riscos, no que os de Jorge Guillamet dominaban e movían o balón, pero era un partido lento, sen ocasións. Protestaron os locais dous posibles penaltis sobre Mendieta, moi claros para os locais pero inexistentes para os baieses.
Na segunda parte, o Baio subía liñas pero o Ponteceso parecía que comezaba a encontrar algunha que outra fenda no Baio, pero nunha xogada de ataque, Luca resguardéce o balón e pisa ao xogador do Baio, unha falta en ataque, unha expulsión.
O Baio véndose en superioridade e comenzando a combinar, foise facendo co encontro, tendo varios achegamentos sobre todo dende a saída de MC, con Cheti, Chechi ou Mamadou, ata que foi Cheti o que marcou un golazo dende fóra coa súa perna mala. O Ponteceso á desesperada, e malia estar cun menos apretou, e tivo o empate en dous tiros de Recarey, o segundo ao que responde Rodri cunha parada diferencial que vale 2 puntos.
Rematado o partido, o Ponteceso sufriu a expulsión de Javino por protestas, perdendo un partido clave na súa casa, a espera do resto de resultados.
Outes - Soneira (4-2)
- Outes: Dani, Claudino, Hugo Sieira, Adri Rey, Torea, Adrián Caamaño, Kevin Lariño, Martín, Alberto Bahamonde, Manel e Keko. Tamén: Hugo Seoane, Hugo Caamaño, Pablo, Pedro.
- Soneira: Brais, Maikol, Lourido, Gusa, Adrián Canosa, Nico, Mario, Brais, Cachi, Xavi, Richi. Tamén: Aarón, e Jose Antonio.
- Goles: 0-1, m.17: Mario; 0-2, m.40: Cachi a centro de Mario; 1-2, m.50: Alberto Bahamonde; 2-2, m.70: Keko; 3-2, m.83: Manel; 4-2, m.87: Keko.
Partido para sentenciar a permanencia ao que chegaba un Soneira con moitas baixas, que comezaba esperando moi ben armado atrás, moi xuntiño, ante un Outes que estivo durante a primeira metade pouco fino co balón, e que permitiría mais espazos. Os de Josiño Abelenda buscaban roubo e moita verticalidade arriba e así chegaban os dous primeiros goles na primeira metade, un de Mario Leis tras unha boa contra colectiva, e outro de Cachi tras xogada do propio Mario. Con este resultado favorable chegouse ao tempo de descanso, cun Soneira que xa amosaba sinais de desgaste físico.
Apretaron liñas os de Geno na segunda, máis intensos defensivamente, conseguindo recuperar moi pronto o balón e percutir e percutir. Foron pouco a pouco asfixiando ao rival e foron chegando os goles, clave o primeiro de Alberto Bahamonde tras unha mala saída. Tivo algunha contra o Soneira á contra, pero non acertou e o cansanzo foi facendo mella, ante un Outes que seguía embestindo, e marcando cos tantos de Keko e Manel (que vovlía tras catro meses de baixa por fractura de cráneo nun accidente de coche), que volveron ser decisivos.
O caso do Outes define moi ben como está esta Liga. 5º na táboa, e aínda finiquitou a súa salvación con esta vitoria, deixando ao Soneira aínda co retrovisor moi pendente da zona de abaixo, pois se ben aínda ten 7 equipos por abaixo, está a 3 puntos dos postos de arrastre.
Cabana - San Lorenzo (0-0)
- Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Mario, Noé Eiroa, David, Julián, Migueliño, Simón, Brais Fontenla e Xabi Parga. Tamén: Marcos, Noé Souto, Samu Leis, Pablo Pose e Yeray Fontenla.
- San Lorenzo: Javi Souto, Lozano, Alberto Campos, Pablo Garrido, Hugo Pereiro, Alex Vázquez, Pape, Diego, Iago López, Yago Rey, Marcos Corral. Tamén: Mario, Hugo Canedo, Hugo Rey, Javi Pérez e Isma Pena.
Partidazo vibrante de poder a poder de principio a fin o vivido nas Redondas, onde os paus e as boas actuacións dos porteiros evitaron os goles mais que merecidos polo partido visto. Aos de Verdillo custoulles entrar no encontro, aínda que co paso dos minutos foron mellorando. O Cabana avisou primeiro cun balón ao pau na primeira metade, e pouco despois, xusto antes do descanso, Pape estivo a piques de adiantar ao SanLo cun bo remate de cabeza que se estrelou no longueiro.
Na segunda metade, o guión mantívose, con pouco xogo combinado e moito balón directo. Os de Iván Rojo buscaban facer dano con envíos longos, mentres os de Óscar Mingui esperaban a súa oportunidade á contra. O xuvenil Yago Rey tivo unha boa ocasión para os carballeses, pero o seu remate saíu algo frouxo e foi detido polo gardameta local.
Xa no minuto 90, chegou a acción máis decisiva do partido, o colexiado sinalou penalti a favor do SanLo, pero o lanzamento íase por riba do longueiro, deixando o marcador sen cambios.
Porteño - Mazaricos (5-2)
- Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Alan, Álvaro, Pablo, Baba, Alfredo, Gabri, Carrabete, Bruno. Tamén: Brais Nión, Brais Mouzo e Yuyo.
- Mazaricos: Samu Arosa, Luís Mayán, Borja, Chumico, Marcos, Steven, Fran Landeira, Dani Periscal, Adrián López, David e Molinos. Tamén: Yeray, Yago Dosil, Raúl, Fabio Gesto e Fabián Mourelle.
- Goles: 1-0, m.4: Alfredo; 2-0, m.15: Carrabete; 2-1, m.31: Chumico de penalti; 2-2, m.62: Fabián Mourelle; 3-2, m.66: Pejo; 4-2, m.79: Yuyo; 5-2, m.94: Baba.
5 goles a balón parado dan conta do potencial do Porteño na Grixa. Os de Raúl Periscal competiron demostrando que esta Liga está moi viva. O pechacancelas competíalle o balón a un dos candidatos ao ascenso, e conseguíu repoñerse, a pesar de todo, dos dous primeiros goles nos primeiros 15 minutos. Pero se repuxeron e fixeron 20 grandes minutos os amarelos antes do descando, recurtando no marcador. Foi ao segundo penalti, pois tralo penalti pitado a Pejo, Mariolo paraba pero cometía de novo penalti. Á segunda, Chumico non perdoaba.
Saíron moi ben os amarelos na segunda, combinando moi ben a pesar de ter 6 xuvenís no campo, e conseguían empatar. Pero o Porteño volveu sacar de arsenal, a bombardear a área do porteiro xuvenil Samu Arosa. Marcaba Pejo o terceiro e aí si que o cadro mazaricán veise algo abaixo, aproveitando o cadro local para sentenciar por medio de Yuyo e Baba. Antes, Alfredo fixo tremer o pau cun chutazo.
Monte Louro - Corme (3-1)
- Monte Louro: Pedro, Daivd Pais, Rodri, Miguel Verán, Juan Lois, Adirán, Abel, Chano, Xián Héctor e Álvaro Fari. Tamén: Javi, Íker, Flavio, Manolo Chouza e Luismi.
- Corme: Adriàn Suárez, Hugo Paredes, Eloy Villar, Joshua, Aityor, Borja Torrado, Yago, Lucas, Isra e Samu Costa. Tamén: Quique, Mauro, Martín, Senén e Xoel.
- Goles: 1-0, m.35: Abel de volea dende fóra da área; 2-0, m.50: Xián tras roubo e pase de Javi; 2-1, m.85: Aitor; 3-1, m.91: Lusimi.
Vitorión do Monte Louro nunha tarde de calor na Agra da Filgueira, para seguir na loita, para manterse con vida. Está nun bo momento o cadro de Bibi, de efectivos e de moral, cun valiosísimo Pedro baixo pas, e venceu nun choque directo ante un Corme que ten unha posición máis cómoda na táboa pero non segura. Os de Ángel dominaban a posesión, pero sen profundidade. E a única ocasión que tiveron os visitantes, estaba Pedro. Na outra área, antes de que Abel abrise o marcador cun bonito gol dende o borde da área que se cola po la escuadra. Héctor tivera un par de chegadas.
O partido, de pouco ritmo, transcorrían sen demasiado, e os loureáns aproveitaban un regalo na saída de balón para ampliar a renda. Foi apretando co paso dos minutos o Corme, pero sen demasiada fe e só a 5 do final Aitor recurtaba distancias. Co partido roto xa, Luismi, pechou co terceiro tanto.
Malpica - Xallas (0-2)
- Malpica: Suso, Carrumba, Brais Calvo, Isaac; Raúl, Saydo, Cristian, Mara, Aday, Cristian e Chicha. Tamén; Chucho, Joel, Anxo, Damián e Lou.
- Xallas: Iván Couto, Maca, Elvis, Dani Barbeira, Adrián Couto, Garci, Doro, Peke, Rubén Sande, Rubén Blanco e Bryan. Tamén: Iker, Martín, Pablo Landeira, Julián e Alberto.
- Goles: 0-1, m.34: en propia tras un centro de Peke; 0-2, m.64: Bryan de penalti.
Empezaba o partido rendendo homenaxe, coas gaitas de Malante (as mesmas que saen a Riazor a tocar o himno nas xornadas especiais), polo falecemento de David, amigo da familia e irmán de Carrumba.
O choque comezaba co Xallas presionando arriba, ante un Malpica que intentaba dominar a posesión. Tivo unha Chicha de cabeza que se foi por pouco, das mais claras da primeira parte, nunha primeira metade sen demasiadas chegadas na que o Xallas se adiantaba cun gol en propia tras un centro de Peke. Brais probou a Iván Couto, que volveu demostrar o seu papel chave na posición do equipo.
Na segunda saían mellor os de Doriño, combinando ben e con pases que rompían liñas, ante un cadro de David Baña que non acaba de conectar arriba, e que protestaba algunha decisión arbitral, como o penalti de Suso sobre Rubén Sande, que permitiu a Bryan ampliar a renda. Pouco máis nos últimos minutos, nun choque que obriga ao Malpica a puntuar polo menos nunha vitoria antes da final da Copa.
Por arriba, afronta o Xallas, que non se vía nesta posición a comezo de temporada, a recta final nunha inmellorable posición, co golaveraxe a favor ante os tres rivais directos, e con partidos ante equipos teoricamente inferiores como un Outes sen nada en xogo, Corcubión e Zas.
Zas - Muros (3-2)
- Zas: Pereiras, Anxo, Moha, Adri Rama, Joel, Fuentes, Álvaro, Redondo, Estefan, Juan Touriñán, Andrés. Tamén: Gerpe, Iván, Ronny, Martín Novo e Adrián Gonz.
- Muros: Aitor, Juanchy, Fran, Jesús, Jesú, Benji, Tajes, Alon, Alex e Xavi. Tamén: Marcos Candamo, Álvaro e Ángel.
- Goles: 0-1, m.30: Jesús; 0-2, m.44: Marcos nun rexeite; 1-2, m.57: Pablo Fuentes un córner; 2-2, m.77: Joel nun córner; 3-2, m.84: Iván Caamaño.
Remontada épica do Zas, ante un Muros que tivo media salvación na man. O encontro comezou cun Muros máis asentado e cunha marcha máis nos primeiros compases, avisando dende o primeiro minuto cunha acciónd e Alex que non consegue rematar en boca de gol. O Zas non conseguiu atoparse cómodo nin co balón nin sen el durante a primeira metade, e iso notouse no control do partido. Os achegamentos locais chegaron sobre todo a través do balón parado, mentres que o Muros facía máis dano a campo aberto, atopando as transicións e xerando perigo na portería de Pereiras, como no gol de Jesús, que non fallaba no man a man. O golpe anímico foi importante e, xa na recta final do primeiro tempo, outra contra visitante Marcos puxo o 0-2, un resultado que parecía unha lousa para os locais cando se chegaba ao descanso.
Na reanudación, o guión mantívose nos primeiros minutos, co Muros máis cómodo e atopando incluso a posibilidade de ampliar diferenzas cun penalti que podía supoñer o 0-3. Pero, Pereiras adiviñou a intención e detivo a pena máxima lanzada por Xavi, unha acción decisiva que cambiou o estado de ánimo do partido e deu folgos ao Zas para crer na remontada.
A partir dese momento, o Sporting empurrou máis con corazón que con fútbol e comezou a acurtar distancias a través do balón parado. Pablo Fuentes recortou cun remate tras un córner para poñer o 1-2 e activar a bancada. Ese gol deu un impulso enorme ao equipo, que seguiu insistindo e atopou o empate pouco despois, de novo noutro córner, nesta ocasión por medio de Urbieta. Co partido xa ao límite, o Zas culminou a remontada nos compases finais: Iván Caamaño empuxou outro balón procedente dunha acción a balón parado e fixo o 3-2 que desatou a explosión de alegría.
Nos últimos minutos, o Sporting soubo pechar filas e resistir para manter unha vitoria tan sufrida como vital.
Tres puntos de ouro para o Zas, nun final de liga que promete ser un auténtico inferno, con moitos equipos implicados e co descenso previsto para estas últimas xornadas cada vez máis caro e competitivo na parte baixa da táboa.
Corcubión - Sofán B (5-0)
- Corcubión: Bruno, Juan Fuentes, Isaac, Andrés, Castreje, Alex, Antón, Mario, Luis Lojo, Iago e César Lojo. Tamén: Fernando, Iker, Martín, Samu Trillo e Jose.
- Sofán B: Eloy, Marcial, Iván, Rubén Porteiro, Mateo, Asier, Dani Rod., Nacho Eirís, Dani Calvete, Adrián Vázquez. Tamén: Diego Rama, Samu, Diego Rod., Eloy Cabeza e Manu Breijo.
- Goles: 1-0, m.6: Mario de cabeza nun córner; 2-0, m.30: Luís Lojo; 3-0, m.47: Luís Lojo de bo remate pola escuadra a centro de Martín; 4-0, m.75: Isaac nun córner; 5-0, m.88: Nando de cabeza noutra xogada a balón parado.
Notouse a diferencia de idade no Cubaleiro, onde a veteranía dos de Ángel López e Isi foi clave para superar un partido a vida ou morte, que deixa aos dous equipos empatados, pero con só 2 puntos de marxe sobre o descenso.
Dende o comezo o Corcubión, con balóns directos e moita xogada a balón parado, foi superior, e Mario abriu pronto a lata. Luís e o propio Mario seguían avisando antes de que o primeiro anotase o segundo á media hora. Co 2-0 tivo unha Adrián Vázquez para meterse no partido nuha das poucas chegadas dos visitantes que vían como se lesionaba César Lojo antes do descanso.
Pero na segunda, xa nada máis comezar, unha boa xogada de Martín por banda permitía a Luís facer o terceiro, marcando dous tantos máis a balón parado.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.26: O SanLo alcanza ao Xallas no alto e a loita pola permanencia ponse crúa.
- X.25: O Xallas peta na mesa nunha xornada de remontadas.
- X.24: O Xallas ponse de líder mentres a zona baixa está tremenda.
- X.23: O Porteño asalta o liderato nunha Liga extremadamente comprimida.
- X.22: O Monte Louro asalta Verdillo e volve a comprimir a táboa por arriba e por abaixo.
- X.21: Táboas.
- X.20: O Soneira frea ao San Lorenzo no Irmandiño.
- X.19: O San Lorenzo escapa e aprétase o segundo vagón.
- X.18: Está tola esta Liga da Costa.
- X.17: O SanLo estira unha táboa que se comprime por abaixo.
- X.16: O pinchazo dos de arriba apreta a táboa.
- X.15: Tolemia de goles para acabar a primeira volta.
- X.14: A ritmo da Hypertensión.
- X.13: O Malpica bate ao San Lorenzo e pecha o ano no liderato
- X.12: O Malpica bate ao Xallas en Fontenla.
- X.11: Os David puideron cos Goliat.
- X.10: Igualdade máxima.
- X.9: O Baio vence ao Xallas e o Malpica toma o mando no Cairo.
- X.7: O Mazaricos frea ao Xallas.
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información<
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com