3ª FUTGAL: O Oza tamén frea ao Sofán B e Zas e Volantes colócanse colíderes
Tras tumbar ao Malpica a semana pasada, o SD Oza vén de facer o propio co líder. O Carral acollía un fermoso e intenso derbi que acabaron levando os branquinegros, que se van confirmando na 6ª praza, a última da promoción.
Por detrás, tamén perdeu o Malpica, que segue con moitas baixas, o seu segundo partido consecutivo, no campo das Fontiñas.
Eses dous tropezos foron aproveitas por Zas e Volantes, que non fallaban ante Camelle e Muxía B e se colocan no alto da táboa, cun punto sobre o filial carballés, e xa 5 sobre o Malpica.
Nantón - Malpica (4-1)
- Nantón: Álvaro, Mikel, Adri, Miguel, Jorge, Juan Bello, Fuentes, Josué, Javi, Sevillano e Iago Torres. Tamén: Vidal, Fran Pombo, Juan, Dany Añón e Nando Cabeza.
- Malpica: Ndoye, Eloy Vilas, Anxo, Pablo, Luisma, Jorge Parga, Damián, Cristian, Sergio, Aday e Chicha. Tamén: Joel, Julián, Fran, Adrián Pose e Lema.
- Goles: 1-0, m.22: Javi; 2-0, m.37: Iago Torres; 2-1, m.51: Aday; 3-1, m.73: Iago Torres 4-1, m.77: Jorge Rey.
Gran partido do Nantón ante un Malpica que non se atopou en ningún momento na primeira metade. O cadro de Adrián Varela estaba máis cómodo no campo, con xente no medio e buscando balóns ás costas da defensa. Pronto pediron un penalti pouco antes de Javi adiantase de vaselina no man a man ante Ndoye aos locais tras unha xogada de Jorge. O partido seguía cun ida e volta e nunha contra levada entre Josué, Jorge e Yago, Jorge asiste a Yago para o 2-0.
Comezaba o segundo tempo e o Malpica reaccionou algo marcando o 2-1 e tendo varias ocasións, máis cando o colexiado expulsaba a Adrián Abelenda, deixando con 10 aos locais. Pero cando máis apretaba o Malpica, unha conexion de Jorge-Iago deixaba a este man a man e despois de regatear o porteiro rival marca o 3-1. Pouco despois sentenciaban os cabaneses, que protestaron a actuació arbitral a pesar da vitoria.
Volantes - Muxía B (4-1)
- Volantes: Alex de Yi, David, Javi, Pola, Alex Louro, Isma, Fran, Héctor, Raúl, Josiño e Manu de Yi. Tamén: Dani, Manuel, Rober, Iván e Edu.
- Muxía B: Ángel, Prieto, Damián, Mario, Martín, Noé, Santi Bermúdez, Eloy Sambad, Adrián Baamil, Soneira e Brais. Tamén: Isma, Antonio, Alex Franco, Furelos e Xabi.
- Goles: 1-0, m.11: Raúl; 2-0, m.15: Héctor; 3-0, m.20: Josiño; 3-1, m.54: Baamil; 4-1, m.60: Manu de Yi.
Comezaron presionando moi arriba os muradáns para intentar roubar a saída do balón do filial. E a base de roubos e combinando rápido fixeron moito dano e anotaron en 2o minutos 3 tantos.
Baixou o ritmo o equipo de Gus e Sil na segunda, e o Muxía B recurtaba, pero pouco despois Manu de Yi facía o cuarto. O cadro muxián rematou facendo un bo fútbol e
Zas - Camelle (5-0)
- Zas: Guille, Eloy Moreira, Fuentes, Redondo, Juan Touriñán, Darío, Estefan, Adrián, Brais, Andrés e Dani Mato. Tamén: Álvaro Fariña, Mauro, Peke, e Raúl Corzón.
- Camelle: David C., Vivente, Dido, Raiku (Moha), Martín (Paulo); Steven, David V., Lucas Dios (Fabián), Kampi, Chans (Gabi) e Lucas (Pirata).
- Goles: 1-0, m.30: Stefan; 2-0, m.41: Redondo; 3-0 m.60: en propia; 4-0, m.73: Mauro; 5-0, m.80: Mauro.
Fixo o Camelle de Sergio un dos partidos máis serios dos últimos meses, pero a pegada zaseira fíxose notar. Os de Rubén Forján e Pereiro levabana a manixa, combinando e intentando penetrar a boa defensa visitante. Pasaba media hora e o marcador non se movía gracias á intensidade dos camelláns, ata que Estefan abría a lata cun tiro cruzado dende fóra da área. Antes do descanso aínda chegaría o segundo nunha contra perfectamente executada por Redondo definindo no man a man.
Intentou saír máis enriba o Camelle na segunda, con varias internadas de Lucas, pero cando mellor estaban, un gol en propia porta puxo o 3-0, facendo que os visitantes baixasen os brazos. O xuvenil Mauro pechou, cun doblete, o marcador.
A mellor nova con todo, para os zaseiros, foi a volta aos terreos de xogo de Peke despois de máis dun ano de lesión no xeonllo. Un regreso moi celebrado polo equipo e pola xente de Zas, que sabe da importancia deste xogador no equipo.
Pereiriña - Baíñas (2-0)
- Pereiriña: Maikel, Diego Oca, Estebo, Calo, Aitor, Brais Lagoa, Carlos Leis, Martín, Gabri, Juan oBello e Tito. Tamén: Xacobe, Charly, Antón Lestón, Abel e Sergio.
- Baíñas: Fabián, Raúl, Rodri, Dylan, Manu, Santi (Gustavo), Kevin, Pablo (Dani), Aníbal, Pedro (Marcos) e Ruly.
- Goles: 1-0, m.44: Diego Oca nun córner botado por Juan oBello; 2-0, m.53: Brais Lagoa.
Partido con pouco ritmo e moitas interrupcións, que comezaba co control do Baíñas. Os de Sanchiño levaron o peso do partido, creando ocasións, pero non estiveron acertados e sucumbiron ante a eficacia dos locais. Foi ao fío do descanso cando os ceenses se adiantaban nun córner.
Na segunda os de Joaquín Quintáns souberon manexar os tempos, e despois dunga contra e acción individual de Brais Lagoa farían o segundo. O Baíñas seguía mandando pero non era quen de acertar entre os tres paus. Tivo a sentenza Charly dende os 11 metros pero Fabián mantiña a esperanza nuns vimianceses que acabaron o partido metendo ao Pereiriña na súa área, mandando mesmo un balón ao pau, pero sen sorte cara gol. Á contra tamén puido ter sentenciado o cadro local.
Seaia - Cerqueda (1-1)
- Seaia: Anxo, Marcos, Brais, Kevin Reino, Alex Mato, Alex García, Alex Pérez, Diego, Manu Castro, Iván e Juni. Tamén: Lamas, Jorge Calvete, Raúl, Nando Tores e Pablo.
- Cerqueda: Mateo, Carlos, Dani Reixía, Marcos Pensado, Iván Rei, Alex, Hugo Paredes, Brais Costa, Jesús e Palermo. Tamén: Christian, Hugo Fraga, Aitor Pena, Rubén e Víctor.
- Goles: 0-1, m.4: Palermo nun córner; 1-1, m.93: Alex García.
Partido moi serio do Seaia, que saía ben posicionado e con moita intensidade, pero era o Cerqueda o que se metían por diante nun córner A partir do gol visitante o Seaia buscou o gol do empate cu balón o longueiro de Kevin e un man a man de Juni que detiña moi ben o porteiro Mateol.
Na segunda metade saía o Seaia novamente a polo partido, pero facía dano balón parado o Cerqueda, puidendo facer o 0-2, pero detiña Anxo na línea de gol.
Na última xogaba do partido chegaba o empate do Seaia nunha falta lonxana colgada, na que Alex García aproveitaba un erro defensivo para poñer o empate a un definitivo.
Oza - Sofán B (3-2)
- Oza: Samuel, Brais Bolón, Álex Vázquez, Alberto, Nacho, Juan Lagoa, Lavandeira, Nico, Abib, Saad e Crespo. Tamén: Diego Casais, Salah, Puñal, Salazar e Christian.
- Sofán B: Diego Rama, Samuel, Iván, Dani Calvete, Borja Viaño, Isma Ramos, Christian, Nacho Eirís, Nacho Moreno, Saidou, e Adrián Vázquez. Tamén: Marcos, Marcial, Raúl, Pablo e David.
- Goles: 0-1, m.8: Adrián Vázquez; 0-2, m.9: Saydou; 1-2, m.22: Abib; 2-2, m.44: Moreno; 3-2, m.81: Nacho Pose a pase de Lavandeira.
Vitoria sorprendente do Oza, que vive o mellor momento do curso, nun fermoso e limpo derbi no Carral. E iso que saían durmidos e o gran inicio de partido do filial carballés, permitíalles aos de Barca colocarse aos 10 minutos con 2-0. Tivo ocasións aí a SD varias ocasións, pero pronto Abib recurtaba Abib.
Antes do descanso un rexeite era aproveitado por Moreno que debe o chan batía a Diego Rama para acadar o empate.
Repetíase o guión na segunda, co Sofán tendo varias ocasións, pero sen acerto. Pero pouco a pouco o Oza foi collendo espazo, e gañando os duelos, aproveitando na recta final un gol de Nacho Pose para poñerse por diante. O Sofán B aínda metía na súa área ao Oza se ben Abib tamén tivo un man a man.
Buño - Inter de Brens (3-2)
- Goles: 1-0, m.26: Edu; 2-0, m.39: Fran; 2-1, m.71: Adrián Pasantes; 2-2, m.73: Alex Castro; 3-2, m.90: Javi Facal.
Partido intenso que se decidía sobre o desconto. O Buño comezaba mellor na primeira metade, tendo as mellores ocasións cando presionaba máis arriba, e colocándose 2-0 ao descanso, e tendo algunha chegada de Andrés e Brais.
Na segunda o Inter igualaba a contenda, aproveitando un par de erros. No treito final o Buño quedan con 9 polas expulsións de Fran e Adrián Pose, pero os ceenses non aproveitan a situación, e xa no desconto, Javi Facal tras tiro forte desde fora da área , daballe os 3 puntos os locais, cando estaba máis cerca a derrota.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.17: O Malpica, único dos 4 de cabeza que tropeza.
- X.16: O Sofán B ponse de líder ante a vitoria do Zas ao Malpica.
- X.15: O Malpica lidera un grupo de 5 equipos con opcións a todo.
- X.14: 5 equipos están en apenas 7 puntos de diferencia.
- X.13: O Zas golea ao Volantes e o Malpica bate co Cerqueda.
- X.12 : Zas e Volantes apretan a parte alta.
- X.11: Malpica e Sofán B selan as paces.
- X.10: Quedan 5.
- X.9: O Sofán B peta na mesa
- X.8: O Volantes supera a un gran Malpica e o Sofán B aproveita e ponse de líder.
- X.7: 4 equipos destacados.
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.