luns. 17.03.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: O Malpica, único dos 4 de cabeza que tropeza

O SD Oza celebrando a vitoria en Malpica
O SD Oza deu a sorpresa da xornada vencendo ao Malpica en Pedra Queimada
3ª FUTGAL: O Malpica, único dos 4 de cabeza que tropeza

Dos 4 de arriba, só o Malpica perdeu. O resto, o líder Sofán, B, Zas e Volantes, venceron, pero así e todo os 4 seguen nun pano de 4 puntos. Ollo co Zas que suma 8 vitorias seguidas e non perde dende a primeira xornada ante o Malpica.

Pero hai moito máis en xogo por detrás. O Cerqueda quere volver engancharse nese primeiro vagón e asegurar polo menos a promoción, e vencía, con apuros a un bo Pereiriña, que veía como o Oza, qeu daba a sorpresa en Pedra Queimada, amplia a vantaxe na loita por esa ansiada 6ª praza. Saca xa o Oza 5 puntossobre o cadro ceense, e 7 sobre o Baíñas e o Nantón.

Muxía B - Camelle (3-2)

  • Muxía B: Ángel, Prieto, Mario, Damián Trillo, Brais Santiago, Martín, Santi, Isma, Adri Baamil, Damián Soneira e Brais Rod. Tamén: Noé, Alex Franco e Antonio.
  • Camelle: David C., Vicente, Raiku, Hucho, Martín; Steven, David V., Fabián (Kampi), Gabri (Dido), Sandro e Lucas.
  • Goles: 1-0, m.33: Adrián Baamil; 2-0, m.38: Damián Soneira; 2-1, m.60: Lucas; 3-1, m.68: Damián Soneira; 3-2, m.75: Esteban nun córner.

Partido marcado polo vento que comezou co filial co vento a favor, presionando arriba e facéndolle moi difícil ao cadro camellán sacar o balón do seu campo. Dominaba o cadro local que conseguía meterse por diante no último treito da primeira, que remataba cun par de achegamentos dos de Sergio, sen acerto.

Na segunda, a favor de vento, os locais intentaban tocar por abaixo, e tiveron unha fermosa ocasión tras unha boa saída de balón dende atrás. Pero os visitantes conseguían recurtar, pero moi pouco despois os de Isidro, que estiveron moi combinativos, e conseguían colarse entre a defensa adiantaba visitante e facer o terceiro.

Quedaban 15 minutos cando o Camelle se metía de novo no partido cun tanto a balón parado que tanto sofre o filial. Foron 15 minutos de asedio local, con moitos córner, pero desta volta os novos muxiáns conseguiron aguantar gracias aos paus, a Ángel e á garra, para a ledicia dun Isidro que está encantado de estar con este grupo e no club muxián..

Baíñas - Zas (2-4)

11 do Bainas

  • Baíñas: Fabián, Raúl, Rodri, Héctor, Manu; Dylan, Kevin (Leo), Aníbal (Pedro), Pablo, Ruly e Joel (Marcos).

11 do Sporting Zas en Vimianzo-foto-Noe Tourinan

  • Zas: Guillermo, Adri Rama, Pablo, Juan Touriñán, Redondo, Marcos, Fran, Darío, Dani Mato, Brais e Raúl Corzón. Tamén: Eloy Moreira, Andrés, Roberto Amoedo, Adri e Estefan.
  • Goles: 0-1, m.28: Redondo; 0-2, m.31: Raúl Corzón; 0-3, m.41: Raúl Corzón; 1-3, m.54: Ruly; 1-4,m .58: Raúl Corzón; 2-4, m.70: Pablo.
Bainas-Zas en Vimianzo-Foto-Noe Tourinan 2
Foto: Noe Touriñán

Con todo chegaba o Zas a Vimianzo e saía a por todas, sendo moi superior ao equipo local, con posesión e chegando pouco a pouco á meta rival. No último cuarto de hora entraron e o equipo de Pereiro e Forján marchou aos vestiarios cun claro 0-3.

Asentouse algo máis o Baíñas xa nunha segunda que comezaba un ritmo máis baixo. O Baiñas aproveitou esa relaxación e logrou recortar distancias cun gol nunha contra, obra de Ruly, que puxo o 1-3. Ese tanto fixo reaccionar ao Sporting, que volveu poñer unha marcha máis no partido. Fruto desa resposta chegou unha gran xogada colectiva que culminou novamente Raúl, asinando o seu hat-trick e deixando o encontro case sentenciado co 1-4. Recurtou Pablo, e aínda, a 10 para o final, pediu un penalti sobre Manu o cadro de Sanchiño, qiue aínda puido apretar o partido, pero non perigou a vitoria visitante.

Bainas-Zas en Vimianzo-Foto-Noe Tourinan
Foto: Noe Touriñán

Malpica - Oza (1-2)

11 do SCD Malpica

  • Malpica: Ndoye, Anxo, Julián, Luisma, Damián, Jorge Parga, Adrián Pose, Fran, Diego, Aday e Chicha. Tamén: Joel, Lema, Pablo, Cristian e Raúl.
11 do Oza en Malpica
O Oza decicándolle o partido a Roland e ao capitán Javier Vilariño
  • Oza: Samuel, Brais Bolón, Lagoa (Alexis), Moreno, Cristian (Saad), Nico (Fernando), Alberto, Crespo, Lavandeira, Abib, Nacho.
  • Goles: 0-1, m.10: Julián dende o borde da área tras un rebote nun defensa; 1-1, m.43: Nacho aproveita o rexeite do porteiro Ndoye a unha falta de Alex Moreno; 1-2, m.48: en propia.

Chegou a sorpresa da xornada en Pedra Queimada, que volve demostrar que nesta liga hai moitos equipos que poden pelexar por estar arriba. O choque comezaba con moito respecto, cun Malpic que intentaba tocar, e que pronto se adiantaba cun gol dende a frontal de Julián que tocaba nun defensa e despistaba a Samuel. O partido seguía moi igualado, con moito medio campo, ata que no último suspiro da primeira, Nacho, o máis listo da clase, aproveitaba un rexeite de Ndoye para facer o empate.

Comezaba a segunda cun gol en propia meta do central local Damián, que colocaba aos de Míchel por diante. Quedaba moito por diante, e o Malpica foi envorcando o campo, tendo numerosas chegadas e ocasións tan boas como as de Luima ou Damián. Pero o marcador non se movería e o Oza quere dedicarlle a vitoria a Roland, irmán do primeiro capitán do equipo, Javier Vilariño, que falecía hai dúas semanas.

Volantes - Laxe (3-0)

  • Volantes: Xandre, David, Héctor, Josiño, Roberto, Javi, Alex Louro, Miguel León; Hugo, Manuel Lago, Manu de Yi. Tamén: Alex de Yi, Borja, Isma, Edu e Pola.
  • Laxe: Jacobo, Torrado, Pérez, Pablo, Elías, Martín (Brais), Samuel, Pedro, Unay (Abdel), Halal e Eliseo (Mohamed).
  • Goles: 0-1, m.24: Manuel Lago marcou un golazo; 2-0, m.76: Josiño; 3-0, m.85: Edu.

Comezaban o Volantes presionando moi alto e indo moi directo cara área rival. Asi e todo, o Laxe, moi mellorado con respecto á primeira volta, xa compite con gran intensidade, e puxo en apretos a un equipo de Gus e Sil, que chegaban pero sen acerto, ata que o cadete Manuel Lago abría o marcador no ecuador do primeiro tempo cun golazo dende a frontal por toda a escuadra.

Ao comezo da segunda metade comezou moi ben o cadro de Oróñez, que tivo un par de boas ocasións a balón parado. O partido estaba aberto e só a 14 do final, Josiño, e o xuvenil Edu (que importante é a canteira) sentenciaban o partido para os locais.

Inter de Brens - Nantón (0-0)

  • Inter: Costa, Diego, Christian, Regueira, Evaristo, Ricardo, Marcos, Miguel, Alex Castro, Torices e Adrián Pasantes. Brais, Jose Ángel, Juan Lagoa, Santi Agulleiro e Barreiro.
  • Nantón: Álvaro, Mikel, Abelenda, Lois, Fariña, Fran Pombo, Nando Cabeza, Iago Torres, Josué, Jorge Rey e Sevillano. Tamén: Dany Añón, César, Muíño, Fuentes e Juan Bello.

Partido frouxo e igualado en Cee, que comezaba co Nantón (que non perdía dende o 3 de novembro) combinando ben e chegando á área rival. Pero pouco a pouco o Inter foi meténdose no partido, e gracias aos erros dos visitantes foron inquedando ao meta Álvaro, mandando mesmo dous balóns á madeira. Tivo tamén o cadro de Fofi unha clarísima, cun remate a porta vacia de Josué que rematou por encima do largueiro.

Na segunda parte foi xa un partido totalmente de ida e volta na que que os porteiros foron os mellores de cada equipo, facendo grandes paradas de mérito.

Cerqueda - Pereiriña (2-1)

11 do Cerqueda que venceu ao Pereirila

  • Cerqueda: Breo, Adrián, Marcos Pensado, Hugo Fraga, Dani Reixía, Alex, Andy, Iván Rey, Suso, Salah e Palermo. Tamén: Carlos, Adni Rey, Hugo Paredes Christian e Víctor.

11 do Pereirina en Xavina

  • Pereiriña: Maikel, Eloy, Diego Oca, Marcote, Estebo, Pablo, Carlos Leis, Martín, Juan oBello, Tito e Charly. Tamén: Xacobe, Dabri, Antón Lestón, Abel e Aitor.
  • Goles: 1-0, m.35: Salah de penalti; 1-1, m.62: Tito de penalti; 2-1, m.85: Hugo Paredes.

Bo partido en Xaviña con dous bos equipos sobre o campo, que comezaba moi igualado, co cadro ceense sabendo frear a potencia do equipo de Gurita, e tendo algunha ocasión. De feito eran os de Joaquín Quintáns os que avisaban primeiro, con dous man sa man de Martín que salvaba Breo con sendos paradóns. O cadro local ía mandando máis ata que a 10 para o descanso un protestado penalti permitíalle aos locais colocarse por diante.

Comezaba a segunda metade máis tola, co Pereiriña avisando cun tiro de Charly, e empatando cun penalti cometido e transformado por Tito. Pouco despois, o Cerqueda quedaría cun xogador menos pola expulsión de Adrián ao facer un penalti que o xuvenil de primeiro ano Breo lle detiña a todo un Antón Lestón aguantando ata o final. Duro pau para os ceenses que viron como o Cerqueda se repuña cun home menos, e a 5 do final Hugo Paredes faría o segundo, cun golazo de Hugo tras escaparse dun par de rivais e conectar un gran golpeo dende o frontal. 

Sofán B - Seaia (9-0)

Sofan B no Carral 24-35

  • Sofán B: Iván Fraga; Borja, Samuel, Nacho, Raúl; Breo, Nachete; Adrián (C), Dani Calvete, Marcial e Isma.
  • Seaia: Lamas, Marcos, Erik, Brais, Jorge Calvete, Kevin, Alex Mato, Alex García, Martín Costa, Manu Castro, Iván. Tamén: Juni, Anxo, Pablo e Alex.
  • Goles: Isma Ramos (2), Dani Calvete (2), Raúl, Marcial, Breo, Borja Viaño e Adrián Vázquez

Saíron con todo os carballeses, que en 20 minutos, con 5 boas chegadas, xa estaba 5-0 no marcador. O partido púxose algo brusco, e na segunda o partido estivo máis igualado e foron chegando goles soltos, sobre todo a balón parado.

Sofan B - Seaia no Carral
Sofan B - Seaia no Carral. Foto: SD

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Comentarios