sábado. 15.02.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: O Sofán B ponse de líder ante a vitoria do Zas ao Malpica

Zas-Malpica-Foto-Noe Amoedo
Imaxe do Sp. Zas-Malpica SCD -Foto-Noe Touriñán
3ª FUTGAL: O Sofán B ponse de líder ante a vitoria do Zas ao Malpica

Aproveitou o Sofán B a derrota do Malpica en Zas para, superando a proba do Rodeiro, colocarse de líder. Era o partido da xornada, o polémico encontro vivido en San Andrés, deixando a parte de arriba máis apretada que nunca, cos 4 primeiros en apenas 2 puntos, que xa o Volantes superou as baixas e venceu a un aspirante á promoción como é o Oza.
Quen se deixou 2 puntos foi o Cerqueda, que non pasaba do empate ante un bo Baíñas, que segue pelexando por esa 6ª praza, a última de promoción, que ocupa agora o Pereiriña, e que permitirá que Oza, Nantón, Baíñas, Seaia, e mesmo Buño, Camelle e Inter, poidan pelexar por algo durante a segunda volta.

Buño - Muxía B (4-3)

Terceira vitoria do curso do Buño, que se colocaba cun claro 3-0 na primeira metade, cos tantos de Brais Fraga e Andrés (2). Os de Lilo puido meter máis terra de por medio pero Ángel salvou aos vermellos, aos que coma sempre lle cuestou entrar no partido con moitos nervios.

Pero antes do descanso os de Isidro parecen reaccionar cun tanto de Fabián. E nada máis comezar a segunda, cos cambios, o filial muxián saían presionando moi arriba, xogando máis directo, e Santi Bermúdez recurtaba moi pronto. Coa inercia, Adrián Baamil facía o terceiro de novo de tiro lonxano, conseguindo o empate para o cadro vermello. Aí tiveron varias ocasións os muxiáns, pero nunha contra, Brais Fraga facía o seu segundo tanto e colocaba o 4-3 aínda con 25 minutos por diante.

Intentouno o filial pero custoulle chegar con forzas ao remate tras unha gran segunda metade.

Baíñas - Cerqueda (3-3)

Partido de tolos dende o comezo. O Baíñas comezaba máismetido no partido, ante un Cerqueda pouco centrado, que ademais perdía a Adrián na metade da primeira metade. Tiveron os locais varias ocasións, como un tiro a porta baleira que se vai fóra e un par de boas intervencións de Mateo.

Ao comezo da segunda o cadro de Sanchiño se adiamtaba por medio de Pablo Calvo, tanto que esperaba aos malpicáns, que sacaban a súa mellor cara, a pesar de que o Baíñas mandba outro balón á madeira. Pero Salah, con dous tantos en 10 minutos, e Alex López, colocaban o 1-3 para os de Gurita.
Aínda quedaba o arreón final dos locais, que nos últimos 10 minutos salvaban un punto con dous goles de Raúl.

Camelle - Sofán B (3-7)

Camelle e Sofan B no Rodeiro 3
Camelle e Sofan B no Rodeiro

Primeira metade de tolos no complicado campo do Rodeiro, cun céspede moi cativo, provocando un partido de brega e entrega. Adiantábanse os locais cos tantos de Adrián Vázquez e Samu Rod., pero Gabri e Sandro empataban para os de Sergio. Porén, Isma Ramos facía dous antes do descanso, deixando o partido de cara para os de Barca.

Camelle e Sofan B no Rodeiro 2
Camelle e Sofan B no Rodeiro

Os carballeses saían fortes na segunda, e cos tantos de Nacho Moreno e o terceiro de Isma Ramos deixaban o partido listo. Sandro e Raúl completaban cun gol por bando no treito final.

Camelle e Sofan B no Rodeiro
Camelle e Sofan B no Rodeiro

Nantón - Laxe (1-1)

Partido igualado con poucas ocasións dos dous equipos, cun estado do céspede das Fontiñas tamén moi cativo, no que mesmo costaba manterse en pé, provocando un fútbol moi directo no que os erros eran os acertos do rival.
O Nantón de Adrián Varela estivo algo mellor na primeira, con máis chegadas pero sen acerto, máis alá do tanto de Jorge antes do descanso, aproveitando un pase de Dani Añón para marcar pola escuadra. O propio Jorge e Manuel obrigaron a Jacobo a facer un par de boas paradas.

Na segunda, o Laxe de Ordóñez soltouse algo máis na segunda, co partido xa convertido nun ida por volta. Tiveron un penalti para empatar pero Álex mandouno fóra, e xa no treito final, un balón longo colle descolocaba á defensa e Unay aproveita para facer o empate, provocando que o Nantón se deixe dous importantes puntos na loita pola 6ª praza, pola promoción.

Zas - Malpica (2-0)

11 do Zas en San Andres-Foto-Noe
11 do Zas en San Andrés-Foto-Noe Touriñán
11 do Malpica en San Andres
11 do Malpica en San Andrés- Foto SCD

San Andrés viviu un deses partidos marcados en vermello no calendario, cun ambiente propio do fútbol da Costa. A pesar de ser o primeiro encontro da segunda volta, a tensión e a intensidade quedaron claras desde o inicio do partido. O encontro comezou cun ritmo frenético, no que tanto o Zas como o Malpica estiveron preto de abrir o marcador. Primeiro, o Zas estrelou un balón no pau, e pouco despois, o Malpica viu como un gol seu era anulado por fóra de xogo, nunha xogada moi protestada polos visitantes.

Tras ese inicio dinámico, o partido entrou nunha fase máis táctica, onde o medio do campo converteuse no epicentro da acción. As liñas defensivas de ambos conxuntos estiveron sólidas, e a intensidade dos xogadores provocou varias tarxetas para os dous equipos. O momento clave desta primeira metade chegou antes do descanso, coa dobre amarela, moi protestada, a Fran, que deixou ao Malpica en inferioridade numérica, condicionando o resto do encontro.

Zas-Malpica-Foto-Noe
Zas-Malpica-Foto-Noe Touriñán

Conscientes da vantaxe numérica, o Sporting Zas saíu na segunda metade disposto a dominar o partido. Apenas cinco minutos despois da reanudación, Dani Mato aproveitou un espazo para lanzar un potente disparo desde fóra da área. O porteiro do Malpica non foi quen de atallar o balón, e o Zas adiantouse no marcador cun 1-0 que animou aos locais.

O Malpica intentou reaccionar axustando o seu sistema coa entrada de Charro, buscando máis profundidade no ataque. Pola súa banda, o Zas optou por pecharse atrás e buscar contras rápidas, aproveitando a entrada de xogadores frescos. O encontro viu un momento desafortunado cando o porteiro do Malpica Abdou Ndoye, sufriu unha lesión. Os malpicáns protestaban as faltas dos locais, e vían como o colexaido respondía expulsado ao entrenador David Baña, ó delegado Rubén Veres e ao xogador Diego García.

Así se ía chegando ao remate, con algunha chegada dos malpicáns que puideron ter empatado, pero tamén dos de Rubén Forján e Pereiro, que viron xa no 86, como tras unha gran xogada individual de Andrés, que conseguiu chegar á liña de fondo para asistir a Álvaro, quen empurrou o balón á rede para o 2-0 definitivo. Aínda buscou igualar o golaveraxe o Zas (4-1 na ida); pero a falta de Raúl saíu desviada e Amoedo remataba alto nun córner.

O Malpica rematou o partido moi molesto coa actuación arbitral.

At. Pereiriña - Inter de Brens (0-0)

Igualado derbi ceense, moito máis que o da primeira volta. O Pereiriña afrontaba o choque cos dous porteiros de baixa, tendo que colocarse o punta Miguel baixo paus. Comezaba o partido co Pereiriña mellor, mesmo fallando un penalti por medio de Charly ao cuarto de hora, que para Ema. O Inter foi intentando chegar e obrigou a Miguel a facer alguha que outra parada.

Mesmo guión na segunda, moi igualado, con gran deportividade e confraternidade, e algunha chegada dos de Joaquín Quintáns, máis alá dunha boa ocasión de Adrián, xa case que no desconto, a pesar de que o Inter quedara con 10 a 10 do final.

Oza - Volantes (3-5)

Partido tremendo nas Eiroas, que comezaba co Oza moi entonado, poñéndose por diante cun tanto de Archi. Pero nun córner, nunha acción na que Samuel deixa o balón morto, permite a Borja Vázquez igualar moi rápido. Pero o Oza non desistía e Archi volve poñer por diante aos de Míchel, que intentaba mandar. Pero a pegada dos visitantes comezou a facer dano, e en tres contras en apenas 10 minutos entre o 25 e 33, Borja, Manu de Yi e Manu Lago permitían aos laranxas colocarse 2-4 ao descanso.
Sairía de novo moi ben o Oza na segunda, metendo Nacho aos seus no partido de novo co 3-4. Pero moi pronto, o Oza sofre a expulsión do central Álex Vázquez, e na mesma falta Jose Barreiro consegue o 3-5. Con media hora aínda por diante, o Volantes dou un paso atrás e soubo nadar e gardala roupa.

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Comentarios