sábado. 15.02.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: O Malpica lidera un grupo de 5 equipos con opcións a todo

Camelle-Malpica no Rodeiro
Imaxe do poderoso Camelle-Malpica no Rodeiro
3ª FUTGAL: O Malpica lidera un grupo de 5 equipos con opcións a todo

Rematou a primeira volta na 3ª, tamén, nesta 15ª xornada que mantén ao Malpica como líder, trala súa apurada vitoria no Rodeiro. Con todo, a liga está ben fermosa, pois Malpica, Sofán B, Zas, Volantes e Cerqueda están nun pano de apenas 7 puntos.

Ningún dos 5 perderon nesta xornada. No Rodeiro, o Malpica sufriu o mal estado do céspede pero tamén a intensidade dos camelláns de Sergio. Foi un choque total, con tangana, expulsións, e emoción ata o último suspiro, despois de moitos minutos de alternativas tralo gol de Sergio para os de David Baña ao comezo do partido.

O Sofán B remata a só 2 puntos dos malpicáns, tras vencer 0-3 ao Baíñas. Raúl, Adrián Vázquez e Isma Ramos xa sentenciaran o partido antes dos primeiros 25 minutos.

WhatsApp Image 2025-01-13 at 00.18.15
11 do Sporting Zas-Foto-Noe Touriñán

O Zas está a 4 do liderato, e podía ben cun Inter de Brens que comezaba pegando cun gol de Adrián. O Zas espertaba e pouco despois Raúl Corzón empetaba anes do descanso. Na segunda, os de Rubén Forján e Pereiro subiron unha marcha, e Raúl a pase de Dani Mato, Redondo e Raúl fimando cun golazo outro triplete, pechaban o partido.

O Volantes mantense tamén ben arriba a pesar dunha última parte máis irregular. Os de Baño venceron 1-3 a un bo Seaia, cos goles de Raúl Lestón e Hugo (2), que facían inútil o de Nando Torres, que recurtaba a 15 do final para os malpicáns.

Completa o quinteto de cabeza o Cerqueda, que goleaba ao irregular Muxía B con 5 goles de Salah.

Loita pola promoción

11 do Oza
O Oza loita pola promoción

Despois do Cerqueda hai un salto de 9 puntos, quedando a 6ª praza, última de promoción, como aliciente para 7 ou 8 equipos da zona baixa. Agora mesmo, Oza e Pereiriña comparten a praza con 21 puntos. Os carballeses aproveitaron que os ceense descansaban e endosaron unha crúa goleada ao Laxe.

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Comentarios