Domingo. 28.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober acada un importante triunfo ante o filial do Amarelle e alcanzan o liderato

Fisober Viaxes Amarelle
FSF: O Fisober acada un importante triunfo ante o filial do Amarelle e alcanzan o liderato

Importante triunfo do Fisober este sábado nas ID de O Conco en Dumbría, ante o filial viaxeiro que sempre complica e moito as cousas o equipo de Fran Toba.

Así colócanse líderes as costeiras, tralo empate do Grpo FormaT co Composala.

LIGA AUTONÓMICA - PREFERENTE GALICIA, xornada 9

  • Resultado: FISOBER FSF - VIAXES AMARELLE B FSF (4-2).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Andrea; tamén xogaron: Barca, Nuriña, Myrella, Saray.
  • Goles: 1-0 min 8 Barca, 1-1 min 10 Sara , 2-1 min 17 Patri( descanso) 2-2 min 30 Elba , 3-2 min 32 Paula Fandiño, 4-2 min 38 Saray.

Partido pesado e lento coma o día e o tempo que estamos a pasar. O Fisober non foi quen de impoñer ritmo e o partido notouno. No minuto oito Barca adiantaba as costeiras cun gol para poñer en vantaxe as súas. Pero pouco duraba a ledicia xa que tan solo dous minutos despois era Ara a que igualaba o electrónico no Conco. As locais non estaban ben en defensa e as visitantes aproveitaban o pouco que lograban. O Fisober moi espeso no seu xogo de ataque tampouco era quen de chegar con moita claridade. Tiña que ser Patri quen a tres para o tempo de lecer desfixera a igualada. Co dous a un chegouse ó tempo de lecer.

A volta de vestiarios nada mudou e o partido segueu a ser espeso e lento. Pasaban os minutos e nada trocaba. Mediada esta segunda metade era Elba a que voltaba a poñer a igualada no electrónico nunha das poucas ocasións visitantes. Pero desta vez eran as locais as que volvían a adiantarse con celeridade por mediación de Paula Fandiño. Pasaban os minutos e aínda que as viaxeiras non chegaban con moito perigo o resultado seguía a ser perigoso para as locais. Ata que a pouco do fin era Saray a que facía o cuarto gol do Fisober e pechaba o difícil partido para as costeiras. Despois xa non se moveu o electrónico.

A vindeira xornada o Fisober ten a sempre difícil visita a pista do Balaídos CF.

OUTRAS CATEGORÍAS FISOBER

Cadete do Fisoiber 23-24
Cadete do Fisoiber 23-24

Despois do temporal e os multiples aprazamentos do fin de semana pasado, esta semana tan só quedaba sen competir o Infantil Masculino. E bos resultados, coa vitoria dos sénior masculino en Corcubión por 4-3 ante o Bar Ciudad, gracias aos tantos de Carlos (2), Alberto Catalán e Iván.

Na División de Honra cadete masculina o Fisober recibía a visita do Norterra O Parrulo dentro da oitava xornada de liga na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría co resultado de seis a catro a prol do Fisober.

Na Liga Galega Alevín Feminina o Fisober visitaba ó Ribeira - Lieders dentro da sexta xornada de liga na tarde do venres no P. Somos Fútbol de Lugo co resultado de un a seis a prol do Fisober.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios