Sábado. 20.04.2024
El tiempo

FSF: A loita polo título e o ascenso segue máis que viva

sharay e Nuriña nun partido da casa do Fisober
Sharay e Nuriña nun partido da casa do Fisober
FSF: A loita polo título e o ascenso segue máis que viva

Quedan só 3 xornadas para o remate e a loita no alto da Preferente segue aberta. Meigas e Fisober non fallaron e se manteñen igualadas a puntos, co golaveraxe individual a favor das santiaguesas. Pero nestas 3 finais que quedan pode pasar de todo, e así saben as de Fran Toba, tras desfacerse este pasado domingo no pavillón da Sagrada Familia de A Coruña ao filial do Amarelle.

Liga Autonómica – Preferente Galicia, xornada 27

  • Resultado: VIAXES AMARELLE B – FISOBER FSF (1-3).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Barca, Paula Fandiño, Nuriña; tamén xogaron: Adriana, Ana, Mai, Uxía, Saray, Lucía Martínez.
  • Goles: 0-1 min 3 Nuriña, 1-1 min 6 Daryna, 1-2 min 9 Paula Fandiño, 1-3 min 17 Paula Fandiño.

O Fisober saiu con gañas de acadar un triunfo que as mantivera na súa pugna co Meigas e así aos 3 minutos foi Nuriña a que adiantou as visitantes para darlles tranquilidade. As locais non querían deixar que as costeiras levaran o triunfo de A Coruña e por iso non deixaron de percutir durante todo o partido E así foi Daryna a que igualaba o partido aos seis minutos para as locais.
O Fisober consciente da importancia do partido de novo voltou a tentar poñerse por diante no electrónico e así foi como Paula Fandiño facía o un a dous e daba unha nova tranquilidade as de Fran Toba.

Non cambiou o choque na segunda, co cadro local arriscando con xogo de 5, pero as costeiras non eran quen de superar con claridade ese xogo, nunha mañán un tanto espesa. Os minutos pasaban e nada mudaba no electrónico.

A vindeira xornada o Fisober recibe a un dos cocos da categoría como é o Cidade de Pontevedra.

NOVAS DO FUTFEM

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

 

Comentarios