Domingo. 28.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Corme e Muxía mediron as súas forzas

Muxia -Corme no campo de Arlina 1
Muxia -Corme no campo de Arlina 1
FUTFEM: Corme e Muxía mediron as súas forzas

Fermoso e igualado encontro en Arliña entre dúas aspirantes ao título, como desmostra a clasificación. Ambas dominan a clasificación e son, xunto ao Dumbría (3ª a 6 puntos), as únicas invictas da 3ª.

Na 2ª, venceu o Cee, ante unha das da zona alta, demostrando que pode competir con todas. Tamén competiron moi ben Xallas e Miúdas a pesar das derrotas. As xalleiras foron superiores ás herculinas do Orzán B, pero pagaron a súa falta de puntería, mentres que as muradás notan brotes verdes que seguro que agroman en vindeiras xornadas.

Interesante ver a táboa de goleadoras, con Carla (Bergan B) e Barca (Muxía) no máis alto con 11 goles, polos 10 da cabanesa Irene, os 9 da fisterrá Andrea Romero, e os 8 da pontecesá Andrea.

 

2ª Div. Feminina, xornada 8

Orzán B - Xallas (3-0)

  • Xallas: Rosio; Laura, Saskia, Otero, Carla; Luchy, Noelia, Andrea; Barcia, María e Olalla. Tamén xogaron: Leti, Daniela, Maites, Inés e Zaira.
  • Goles: 1-0, m.28; 2-0,m .41; 3-0, m.83.

Unha de cal e outra de area para un Xallas que caeu cun resultado moi abultado para os méritos dunhas e outras no partido celebrado nos campos da Torre. Unha primeira metade dominada polas xalleiras pero que en dúas contras, a punta local Daniela Macedo axusticiou ás de Rupper na primeira metade.

Na segunda metade adiantaron liñas as verdes, e seguiron sendo superiores con varias ocasións para facer xustiza, pero non quiso entrar desta vez a pelotiña. E de novo o equipo local cerraría o choque co 3 e definitivo gol.

 

As Miúdas - San Pedro (1-5)

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Alba, Leire, Naiara, Sofía, Marta, Gala, Paula e Pati. Tamén: María García, Cris, Adriana Piñeiro, Carlota, Ana.
  • Goles: 0-1, m.13: Alba; 1-1, m.25: Pati; 1-2, m.38: María Mouriz; 1-3, m.43: Paula; 1-4, m.56: Lía; 1-5, m.88: Lía.

Sensacións encontradas na familia muradá tras caer goleadas ante as líderes destacadas e único equipo invicto da categoría. Puideron adiantarse mesmo as locais pero Pati a porta baleira pero non chegou a poder rematar. Marcaron as visitantes, pero Pati avisou e pouco despois conseguía empatar

Pero volveron ter unhas das súas desconexións habituais antes do descanso regalando dous goles que deixaban o partido moi costa arriba para a segunda metade.
Saíron a sentenciar na segunda as visitantes pero as mellores ocasións eran das muradás, que non estiveron finas no man a man, e xa co 4º tanto acabouse o partido.

”Estamos moi preto de dar un saltiño, cada día xogamos mellor, facemos sufrir máis ás rivais; só nos falta competir sen fallos os 90 minutos”, sinala o míster Lucho. “O equipo está madurando”, explica en relación á cantidade de rapazas novas coas que contan. Ademáis a volta de dúas titularísimas, como Laura, que rompeu o cruzado e está case lista, e unha das xemelgas, será un revulsivo para o equipo.

 

Cee - Pastoriza (2-1)

  • Noemi, Lucía Rod., Lucía Facal, Nerea, Paula Veiga, Sabela, Laura, Lucía Martínez, Sharay Caamaño, Saray Duarte e Nayara. Tamén: Lucía Sieira e Uxía.
  • Goles: 1-0, m.18: Paula Veiga; 1-1, m.66: Zaira; 2-1, m.80: Paula Veiga.

Encontro de gran nivel no Sampaio de Refoxos. O Cee venceu a un Pastoriza que non perdera ningún partido en toda a liga. Empezaba o partido con ambos equipos moi enchufados mostrando aos afeccionados un partido bonito de ver. Comenzaba o Cee con achegamentos á área rival solventados pola defensa rival. O Pastoriza tamén caussaba perigo, controlado pola defensa ceense. Ata que no minuto 20 tras un bo desmarque de Nayara, esta cédelle en bandexa o gol a Paula, que non desaproveitou a oportunidade para adiantarse no marcador.
O Pastoriza íase achegando, pero tras un partido defensivo espléndido do Cee apenas causaron perigo salvo algun chut lonxano.

Na segunda parte, coa mesma intensidade que a anterior ambos equipos gozarian de ocasións ata que no minuto 70 tras un momento de desconexión do equipo ceense, o Pastoriza poñería as táboas no marcador. Ante eso o Cee lanzariase ao ataque e Paula no 80 conseguiría o gol da vitoria (xa leva 7 en 8 partidos a cerquedá). Quedaban uns minutos de tensión no que o Cee conseguiu amarrar uns 3 puntos importantísimos que lle permite estar na zona cómoda da clasificación e adicarlle a vitoria a Luchi quen pronto estará de volta no campo.

3ª División Galega, xornada 8

 

Muxía - Corme (1-1)

  • Muxía: Sheila, Andrea Dom., Marcela, Nerea, Marta, Paula Vilela, Paula Rey, Patri Romaní, Barca, Raquel, Elsa. Tamén Claudia, Irene, Denise, Nuria e Andrea Insua.
  • Corme: Belén; Ana (Carla Vázquez) Aroa (Candela), Lucía, Aurora; Nerea (Olalla), María, Carla, Nati e Mónica.
  • Goles: 0-1, m.39: Nati; 1-1, m.41: Paula Rey.

Muxia -Corme no campo de Arlina 2

Partido durísimo entre dous equipazos en Arliña, que estarán na pelexa polo título. Tardou en acoplarse ás dimensións do campo o cadro cormelán, que chegaba con baixas, cun Muxía máis presionante e máis metido en campo contrario. Pero o Corme estaba sólido a nivel defensivo, controlando ben as saídas de Patri, e buscando roubar e xogar directo con lanzamentos lonxanos ou buscando a velocidad de Mónica. Así chegaron un par de ocasións do bando azulón, ademais do gol de Nati.

Pero o Muxía creaba máis xogo, dominanaba o balón e tamén facía algunha internada na área, como a que permitía o empate, apenas un minuto despois do gol cormelán, por medio de Pauliña.

Soltouse máis Patri da marcaxe individual na segunda, sobre todo nos últimos 20 minutos, nos que as cormelás aguantaron as continuas embestidas locais apoiadas nunha Belén que crece dunha forma espectacular (gracias ao traballo do adestrador de porteiros Suso)e nun traballo moi sufrido e María con Patri.
Malas novas para Aroa, que volvía sufrir unha lesión.

 

Fisterra - Ponteceso (2-4)

Fisterra-Ponteceso feminino en Ara Solis

  • Fisterra: Lucía Fdez., Paula, Ana, Lidia, Andrea Romero, Jeni, Elena, Jimena, Lucía Marcote, Aroa e Irene. Tamén: Tamara, Zeltia, Rosa, Xaira e Tati.
  • Ponteceso: María, Berdeal (Cande, m.75), Ainhoa, Myre (Noemí, m.45), Noe (Laura R., m.55), Andrea (Lucivili, m.75), Muiño, Eva, Silvia, Oanes, Claudia (Mel, m.58).
  • Goles: 0-1, m.3: Claudia; 0-2, m.30: Andrea; 0-3, m.38: Andrea; 0-4, m.44: Andrea; 1-4, m.81: Andrea Romero; 2-4, m.83: Andrea Romero.

Fisterra-Ponteceso feminino en Ara Solis 1

Con moito vento disputouse o choque en Ara Solis, cun Ponteceso que fixo valer a súa veteranía ante un Fisterra que segue mellorando. Pronto abriu o partido Claudia, aproveitando unha indecisión na defensa local. Chegaban minutos de igualdade ata que aparecía a pichichi pondaliana Andrea, que fixo 3 goles en meis de 15 minutos, deixando un claro 0-4 antes do descanso. Andrea está actualmente entre as cinco máis goleadoras da liga, con 9 goles en 7 partidos.

Co vento a favor, o Fisterra foi máis dominador na segunda, e apareceu a súa pichichi, tamén Andrea, para maquillar o resultado.

 

Cerqueda - Bergantiños (0-2)

11 do Cerqueda feminino
11 do Cerqueda
  • Cerqueda: Paula, Jimena, Lucía, Tania, Tati, Irenre, Lorena, Raquel, Vanesa, Uxía e Inés. Tamén Sonia.
  • Bergantiños B: Ari; Aroa, Valeria, Amelia, Aïsha; Clara, Ainhoa, Sarai; Antía, Arancha e Carla. Tamén xogaron: Jimena, Sara Barbeito, María e Sara Martínez.
  • Goles: 0-1, m.13: Antía; 0-2, m.78: Antía.

Partido de sobresaliente das rapazas do filial do Bergan, que estiveron con 10 toda a segunda parte, ante un Cerqueda que segue en fase de restruturación.Comezou ben o cadro de Dani Reixía pero as carballesas ían facéndose co control do choque, e meténdose por diante cunha xogada individual de Antía.
Tras moitos minutos de igualdade, chegaba a xogada clave do partido, coa expulsión da porteira carballesa Ari ao fío do descanso, que deixou ao equipo vermello con 10 e obrigou a Ainhoa a meterse baixo paus. Pero o Cerqueda mandou o penalti ao pau.

Cunha menos, o cadro de Nacho armouse ben atrás, e o Cerqueda intentouno como puido, pero non conseguiu superar a tea de araña visitante. Foi no treito final cando Antía sentenciou con outra xogada individual por banda.

 

Outes - Dumbría (1-3)

  • Outes: Sole, Ali, Uxía, Natalia Alonso, Valeria, Graci, Nerea, Carmen, Carla, Miriam e Molinos. Tamén: Lara, Claudia, Xeila, Erika e Natalia Lago.
  • Dumbría: : Lía, Icía, Carril, Yaiza, Martina, Adriana, Reyes, María das Carisas, Sabela, Claudia e Juliette. Tamén xogaron: Lissette, Lucía, Yoli, Sara e Alba.
  • Goles: 0-1, m.7: Claudia; 0-2, m.16: Paula Carril de penalti; 0-3, m.42: Juliette; 1-3, m.68: Carla.
Outes e Dumbria no Cunchido
Xogadoras do Dumbría e do Outes...

Partido pouco vistoso por diversos factores, entre eles a confusión nas camisetas. O choque resolveuse na primeira parte onde as visitantes fixeron os 3 goles. Pouco a pouco foron apretando as dumbriesas e facendo lucirse a Sole.

Na reanudación baixou máis o ritmo, e as locais demostraron que pouco a pouco pode competir moito mellor. Moito celebrou a entregada afección local o gol de Carla, que empurrou ao seu equipo en todo momento. O tanto quitou presión e as de Dani acabaron moi ben o choque.
Novamente a nota triste para as visitantes foi a lesión de Adriana cun forte golpe nun xeonllo que esperemos que non vaia a máis.

 

Cabana - Corcubión (0-1)

  • Cabana: Míriam, Antia (Jessi Rojo), Sheila, Aroa ,Valeria (Alejandra) ,Inma, Irene, Iría, Alison (Aitana), Adriana (Jessi Pose), Saray (Natalie).
  • Corcubión: Alexia, Alexandra Lojo, Victoria, Marta, Cris, María Castro, Daniela, Noa, Ana Sierra, Helena e Claudia. Tamén: Carla, Elena Atán e Sara Cubelo.
  • Goles: 0-1,m .14: María Castro.

Saíron durmindo as de José Manuel Vázquez e o Corcubión aproveitouno marcando moi pronto cun tanto de María Castro a pase de Noa, nunha xogada de varios rexeites. Seguían dominando as de Rubén Castillo, mellores fisicamente, ante unhas cabanesas que non atopaban o seu xogo e as branquiazuis puideron facer o 0-2 pero toparon cunha gran Míriam, e cos paos, como nun tiro de Noa.

Na segunda, o Cabana mellorou e dominou territorialmente gracias á súa maior intensidade. Alexia tivo que empregarse en varias ocasións, sobre todo en xogadas a balón parado, se ben á contra María tamén puido ter sentenciado.

 

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios