Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#FUTFEM: O Xallas mantense no alto tras superar a un gran Dumbría

Xallas-Dumbria fem-Foto-Vet-Dumbria
Imaxe do derbi Xallas-Dumbria -Foto-Vet-Dumbrí
#FUTFEM: O Xallas mantense no alto tras superar a un gran Dumbría

O novo derbi costeiro no mediodía do domingo saldouse coa vitoria do Xallas diante dun Dumbría que puxo en moitos apuros ás xalleiras. As de Rupper manteñen o liderato con 2 puntos de vantaxe sobre o Calo e 7 sobre un Cee que ascendeu ata a 3ª praza tras vencer pola mínima ao Cacheiras. Queda o Dumbría na 5ª praza, ainda en promoción, pero ten ás Miúdas a 2 puntos. As muradás golearon ao Nicrariense e preparan o asalto ao Conco a vindeira xornada.

Polo norte, Corme e Ponteceso colleitaban derrotas na casa ante equipos de arriba, pero a boa nova chegaba dende Xaviña, onde o Cerqueda sumaba o seu 7º punto do curso, confirmando unha clara melloría.

Ademais, na Liga de F7, o Corcubión confirmou a súa 2º praza tras vencer a un rival directo como o Relámpago.

2ª División, Gr.4, xornada 18

Xallas - Dumbría (2-1)

Xallas-Dumbria fem-Foto-Vet-Dumbria1
Foto-Vet-Dumbria
  • Xallas: Rosío; Carla, Laura, Saskia, Rita; Paula Barcia, Andrea Barbeira, Luchy, Andrea Otero; Olalla e Yasmina. Tamén xogaron: Nuria, Valeria, Mayte, Claudia Facal e Leti.
  • Dumbría: Naira, Noa, Sabela, Mai, Martina, Eva, Kelly, Claudia, Fandi, María das Carisas e Juliette. Entraron: Lissette, Serena, Sara e Lucía.
  • Goles: 1-0, m.50: Yasmina a pase de Olalla; 1-1, m.52: Fandi de falta dende moi lonxe sorprendendo a Rosío; 2-1, m.70: Saskia de penalti.

Con baixas chegan os dous equipos, o que non impediu ver un bonito espectáculo. O Dumbría marchou sen premio de Fontenla despois de facer un gran partido.

O Xallas comezou ben e tivo varias chegadas en balóns longos buscando ás talentosas Yasmina (que caía varias veces en fóra de xogo) e Olalla, que tamén lanzou unha falta perigosa, pero a zaga do Dumbría non concedeu terreo.

Pero o medio campo tiña un nome, Paula Fandiño, quye coa súa calidade individual creaba superioridade no medio campo de forma continua. Foi, de feito tras unha triangulación coa capitana, cando se produxeron a mellores ocasións da primeira metade por medio de Kelly e Eva, pero aparecía Rosío con sendos paradóns para manter o empate ao descanso.

Xallas-Dumbria fem-Foto-Vet-Dumbria 2
Foto-Vet-Dumbria

Na reanudación aínda meteron as dumbriesas unha marcha máis, adiantando a presión e rompendo liñas trenzando polo carril central, pero de novo unha contra levada por Olalla e Yasmina permitía a esta abrir o marcador.
Pouco durou a alegría, Fandi nun libre directo, golpea potente sorprendendo por alto a Rosío e recollendo premio do traballo que viñan facendo.

Eran minutos nos que apretaba o Dumbría, pero chegaba a xogada clave. Nunha xogada a balón parado, era rematado polas xalleiras e o balón peta na man de Martina. O colexiado sinala penalti e expulsión e Saskia non perdonou ante Lissette para poñer o 2-1 con 20 minutos (12 máis desconto) por disputarse.

A pesar estar con 10, e lonxe de ceder terreo, as de Fran Figueroa aínda asediaron máis xogando en campo rival, con varias ocasións claras e mesmo un balón á madeira noutra falta de Fandi.

As Miúdas - Nicrariense (6-0)

  • As Miúdas: Adriana, Uxía, Alba, Marta Verán, Marcela, Marina, Sofía, Paula, Leti, Pati e Bárbara. Tamén: Elba, Claudia, Marta Piñeiro e Ximena.
  • Goles: 1-0, m.2: Leti; 2-0, m.10: Marta Verán; 3-0, m.11: Bárbara; 4-0, m.31: Leti; 5-0, m.46: Pati; 6-0, m.80: Sofía.

Partido cómodo para as de Lucho, que comezaba xa con 3 tantos consectivos que facilitaba as cousas. Con 4-0 marcharon as muradás ao descanso, e chegaba o 5º nada máis volver dos vestiarios.

Cee - Cacheiras (1-0)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Caamaño, Alba Trillo, Nerea, Saray Duarte, María Lijó, Ruth, Lucía Martínez, Andrea e Laura. Tamén: Lucía Facal, Sabela Corbelle, Antía, Nayara e Sabela Abel.
  • Gol: 1-0, m.82: María Lijó.

Partido moidisputado entre dous rivais moi parellos. Comezaron as ceenses co vento en contra e cunhas condicións climatolóxicas moi complicadas. O dominio do balón era do rival pero as costeiras estiveron moi fortes en defensa na primeira metade e os tiros a porta foron nulos. Tiveron as azuis unha ocasión moi clara na primeira metade, na que Ruth nun man a man contra a porteira mandou ao pao.

No segundo tempo, xa co vento a favor, comezaron as locais a dominar máis o balón. Nunha das últimas xogadas Nerea regateou a dúas contrarias e doulle un pase a Lucía Martínez que entraba pola banda, e conseguía centrar ao punto de penalti para que María Lijó rematase a gol. O pouco que quedou do partido consistiu en replegar a defensa e esperar que os minutos pasaran.

Praíña - Mazaricos (4-2)

Mazaricos feminino

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Valeria Peta, Fátima, Antía, Silvia, Lúa, Hermida, Ánxela, Tamara, Jirra. Tamén xogaron: Romay, Leire, Katia, Buján e Saray.
  • Goles: 1-0, m.25: Tamara; 1-1, m.40; 2-1, m.55; 3-1, m.60; 3-2, m.65: Tamara; 4-2, m.88.

Comezaron moi enchufadas as de Borja Sueiro, e Jirra tivo dúas oportunidades claras para poñer ás amarelas por diante. Pero a meta local estivo acertada, antes de que Tamara abrise o marcador. Pero pouco lle durou a alegría ás costeiras, pois o Praíña empataba nun rexeite.

Tras esa igualada primeira metade, as locais saíron a por todas no segundo, levando o peso en todo momento. Pronto, tras un córner e cun man a man, as locais se metían cunha vantaxe de 3-1. Pero as amarelas non se descompuxeron e Tamara volvía metelas de cheo no partido. Tivo aí Jirra un man a man, pero non estivo acertada, e do posible empate, tras un saque de banda longo, as locais sentenciaron.

Volveron competir ben as amarelas, pero aínda lles falta un plus no físico e no estado de ánimo.

 

2ª División, Gr.2, xornada 18

Cerqueda - Órdenes (2-2)

  • Cerqueda: Valeria, Jimena, Lucía Rod., Mónica, Paula Veiga, Tati, Irene, Lorena, Rauel, Mariña e Isa. Tamén: Uxía, Sonia, Vane, Nuria e Inés.
  • Goles: 1-0, m.4: Paula Veiga; 1-1, m.26; 21, m.44: Paula Veiga; 2-2, m.86.

Gran punto das malpicás ante o Ordenes, nun choque moi moi disputado de principio a fin, con alternativas no xogo para os dous equipos. Abriu o partido unha Pauliña en estado de gracias nas últimas semanas, e tras moitos minutos de igualdade mediada a primeira metade, unha gran xogada do equipo visitante remata no gol do empate. Ao fío do descanso volveron as locais poñerse por diante con outro gol de Paula.

A segunda metade seguiu con alternativas, e cando parecía que os puntos ían quedar na casa, puidendo mesmo saír do descenso directo, xa contra o final un pequeno erro defensivo foi aproveitado polas visitantes para empatar o partido.

Cerqueda feminino vitoria

 

Corme - Carral (0-3)

Corme feminino-Foto-Edu

  • Corme: Belén; Lucía (Ana), Laura (María), Aroa, Vero; Cris (Julia), Irene, Ana, Carla, Nati (Candela) e Naroa.

Partido condicionado polo vento, como sempre no Cairo cando hai temporal. Aínda así os dous equipos intentaron propoñer e non utilizar o vento para atacar. Estaba o encontro igualado no marcador cando fixo a aparición do factor favorable o vento e levantaría un balón despois do bote por encima da porteira local que saíra por un balón sen aparente perigo. Ese foi un golpe duro para o Equipo que a partir de aí si empezou a ver como o Carral collía o control do partido xerando perigo constante, metendo dous goles máis, o terceiro deles un golazo de tiro lonxano. Na segunda parte non se movería máis o marcador.

Corme feminino-Foto-Edu

Ponteceso - Sporting Meicende (0-5)

Plantel do Ponteceso fem ante o Meicende

  • Ponteceso: Colores, Ramos, Andrea, Eva, Muíño, Ainhoa, Lara, Noe Martínez, Miriam, Berdeal e Silvia. Noe Blanco, Lucía Vila, Manti e Laura Rod.

Ponteceso-Meicende feminino capis

Comezaba o encontro con moita intensidade por parte dos dous conxuntos, pero onde as ocasións máis claras eran para as locais por medio de Andrea e Lauriña en sendas xogadas convinativas onde foron ben atalladas pola meta visitante Aroa. Non conseguía ter ocasións claras o Meicende grazas a un bo traballo de presión grupal das rapazas de Curro podendo de novo adiantarse en sendas xogadas o contragolpe nas que Ainhoa, Mel e as dianteiras Lauriña e Andrea non estarían atinadas.
Chegaría un duro golpe o bo traballo mostrado polas pontecesás en toda esta primeira parte co gol visitante o redor do minuto 42 con un pase filtrado ás costas das centrais e no que non perdoarían o man a man colocando o 0 a 1 no marcador co que se chegaría o descanso.

Logo do tempo de lecer as de Curro sufrírían unha serie de infortunios durante toda esta segunda metade convertidos en problemas físicos de ata 4 xogadoras as cales non poideron continuar. Aproveitaba o Meicende para subir liñas e superar ás pondalianas en todas as facetas do xogo, sen dar opción a unha posible remontada, e sentenciando.

Ponteceso-Meicende feminino

Liga F7, A Coruña

Relámpago - Corcubión (0-3)

  • Corcubión: Elena, Cris, Vivi, Noa, Alexandra, Sara e María. Suplentes: Paula, Maruxa, Marta, Adriana, Claudia e Ana.
  • Goles: 1-0: Sara Cubelo; 2-0: María Castro; 3-0: María Castro.
Corcubion feminino cos abrigos do Pazo
O Corcubión cos abrigos do Pazo

O UD Corcubión tiña este domingo na Torre unha cita importante contra o Relámpago SD na que ambos equipos, igualados en puntos ata o momento do encontro, se xogaban adiantar ao outro no marcador para colocarse no 2º posto actual da liga. As corcubionesas fixeron un bo partido, sendo as claras dominadoras en todo momento. Eran poucos os balóns que chegaban á súa área e, entre os tiros a portería e uns cantos postes a favor, estas tiveron numerosas oportunidades de gol.

A primeira parte remataba xa cun 0-1 co gol de Sara Cubelo. Sería na segunda metade cando María Castro faría entrar o balón na portería rival dúas veces, logrando así o 0-3 final e tres puntos moi valiosos para o equipo.

 

Máis novas do FUTFEM

Comentarios