#LigadaCostaFEM: O Outes supera a un Cabana que caeu en Zas
Sen sorpresas por arriba xornada na #LigadaCostaFEM. Soneira e Juan Cabrejo demostraron por que están líderes superando ás Miúdas e Dubra.
No segundo vagón, o Outes vencía á Baña e aproveitaba o tropezo do Cabana ante un bo Zas, colocándose as da Serra na 3ª praza, cun punto de vantaxe sobre as cabanesas.
A fin de semana que vén volve parar a competición, se ben se vai disputar o Xallas B-Corcubión desta mesma xornada 15.
3ª Div. FEM., grupo 3, xornada 15
Cerqueda - Ponteceso (4-0)
- Cerqueda: Inés Bardanca, Aroa, Mariña, Uxía, Sara, Tati, Inés, Antía, Saray e Kayla. Tamén: Alba e Valeria.
- Ponteceso: María Lema, Lara, Sabela, Laura Rod., Baneira, Julia, Eva Carril, Lucía, Clara, Oanes e Virgi. Tamén: Candela, Lucivili, Maica, Elena Busto; Helena Neira.
- Goles: 1-0, m.5: Antía de gol olímpico; 2-0, m.67: Inés; 3-0, m.71: Valeria; 4-0, m.88: Valeria.
Marcaba moi pronto o Cerqueda, que tivo 15 minutos de dominio claro, cun fermoso córner directo de Antía. Pouco a pouco as pondalianas comezaron a carburar, subindo a presión e tendo máis o balón, pero sen claridade.
Nada máis comezar a segunda puido chegar o empate pero Julia non acertou ante a brava Inés Bardanca, sendo pouco despois a súa tocaia a que abría a fenda noutro córner e tras varios rebotes. Rematou o partido aí, pois as visitantes baixaron os brazos e as cerquedás aumentaron a renda.
Zas - Cabana (2-1)
- Zas: Noelia, Tania, Antía, Sara, Andrea, Carlota, Jimena, Ruth, Inés, Nuria e Nerea. Tamén: Lucía, Laura, Lorena e Atenea.
- Cabana: Miriam, María Souto, Iria (Nuria), Mireia, Aroa (Marta), Inma, Alejandra (Irene), Silvia, Laura (María Gómez), Nerea (Sabela), Adriana.
- Goles: 0-1, m.11: Adriana; 1-1, m.17: Nuria; 2-1, m.63: Nuria.
Choque entre moi parellos, nun partido de moita intensidade e ataques rápidos. O Cabana de José Manuel en ningún momento estivo cómodo no campo, ante un Zas que saía máis arriba que habitualmente, e non foi capaz de impoñerse pese a adiantarse no marcador por medio de Adriana. Empatou pronto o Zas nun córner mui mal defendido polas xogadoras cabanesas que aproveitaba Nuria. Aínda que as visitantes levaban máis o peso do xogo non crearon demasiado perigo.
Xa no segundo tempo, as locais apretaron máis en campo rival, tendo varias ocasións que salvaba Miriam unha e outra vez. Ata que Nuria aproveitaba unha boa xogada de equipo por banda para darlle valor a ese pase da morte.
Rompeuse aí o partido, tendo o empate o Cabana pero o seu gol foi anulado por fóra de xogo. A expulsión de Myre a falta de 10 minutos coartou as intencións cabanesas.
Os Miúdos - Soneira (3-5)
- As Miúdas: Zaira, Atenea, Leire, Nicole, Adriana Piñeiro, Sabela, Carlota, Clar, María García, María González, Sofía. Tamén: Alba, Lucía e Salomé.
- Soneira: Karen, Laura, Ana, Cris, Sara Pasantes, Candela, Sara Agra, Ana Mouzo, Leila, Kelly, Tamara e Kenny. Tamén: Cristal, Daniela, Uxía Lema, Uxía Albores e María Lema.
- Goles: 0-1, m.26: Kenny; 0-2, m.32: Kenny; 0-3, m.45: Kenny; 0-4, m.60: Ana Mouzo de penalti; 1-4, m.63: Sofía; 2-4, m.66: Sofia de penalti; 2-5, m.70: Kenny; 3-5, m.73: María González.
Partido entretenido con goles, bonito de ver, no que as líderes foron moito máis eficaces. As novas xogadoras de Mané Senande formularon un equipo moi serio e ordenado, e coas ideas claras, provocando numerosas imprecisións nas locais, e tendo varias ocasións no comezo do partido. A medida que pasaban os minutos asde Roland ían mellorando en canto a xogo e sensacións, e aparecía a de sempre, Kenny facendo 3 goles antes do descanso.
Ao volver de vestiarios o partido seguiu a tónica da primeira parte, tosco e con pouco fútbol, aída que con bastantes goles. A capi irmandiña Aniña Mouzo faría o 0-4 dende o punto de penalti e as muradás recurtarían, de falta directa e tamén de penalti por medio de Sofía. Kenny marcaría o seu 4° particular e acto seguido recurtarían as muradás sen facer perigrar a vitoria das de Roland, Oli e Rocío Pose, que seguen líderes.
EFJC Camariñas - Dubra (5-0)
- EFJC: Desiré, Lola (Ana Lelucha), Rocío, Brenda (Daniela), Uxía, María, Laura Pose, Yara, Laura Paredes, Maira, Paula Mouzo.
- Goles: 1-0, m.12: Yara a pase de Laura Pose; 2-0, m.25: Maira en xogada individual; 3-0, m.30: Yara de falta directa; 4-0, m.44: Brenda dun cabezazo tras saque de esquina sacado por Yara; 5-0, m.77: Maira de cabeza tras un saque de curruncho feito por Yara.
Partido totalmente dominado polo Camariñas de Juan Cabrejo e Pepucho. O Dubra só se achegaría a portería tras unha falta directa no m. 70 que pararía Desiré cunha gran estirada.
A Baña - Outes (1-7)
- Outes: Candela, Nati, Antía, Alicia, Iria Biján, Natalia, Uxía, Carmen, Carla Vidal, Miriam e Laura Lires. Tamén: Fátima e Gema Roo.
- Goles: 0-1, m.7: Laura Lires; 1-1, m.8: Raquel Castro; 1-2, m.29: Carmen; 1-3, m.40: Laura Lires; 1-4, m.57: Carla Vidal; 1-5, m.59: Laura Lires; 1-6, m.76: Gema Roo; 1-7, m.79: Laura Lires.
Custoulle entrar no partido ao cadro de Dani Salgueiro. Non eran quen de crear fútbol a pesar do gol inicial de Laura que neutralizaban a Baña aproveitando un erro.
Pasaban os minutos e seguían espesas atrás pero máis afiadas cando pasaban a primeira liña de presión, creando algunha ocasión que a porteira ou os paus sacaban, ata que Carmen pelexaba moi ben un balón profundo e marcaba o segundo. Ese gol deu calma pausa, e o terceiro antes do descanso foi clave para unha segunda metade na que foron claramente superiores.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.23: Case pleno polo 8M.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.