Martes. 19.03.2024
El tiempo

Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”

Miguel Ramos Adestrado do Outes
Miguel Ramos, adestrador do Outes
Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”

Seguimos percorrendo os banquiños do noso Fútbol da Costa, escoitando a visión daqueles que o viven dende un ollo diferente. Hoxe imos de Laracha, terra onde nacía Miguel Ramos, ata Outes, onde leva a súa segunda temporada á fronte dun equipo, que tras dous descensos seguidos, busca recuperar o seu sitio na Liga da Costa.

 
  • QPC: Miguel é un deses adestradores silenciosos que se vai facendo un oco no fútbol costeiro. Como é a túa carreira, como xogador, e nos banquiños?

Xoguei en todas as categorías do Laracha, e despois estoven 4 años no Club do Mar de Caión... entrenei en todas as categorías base de fútbol 11 do Laracha, no Cabo de Cruz e no Xuvenil A da Escuela de fútbol de Boiro.

 
  • QPC: Este e a túa segunda tempada como míster do Outes. Cóntanos como estar a ser a experiencia?

A verdade é que moi positiva, moi contento tanto o ano anterior como este, co grupo humano que teño no vestiario.

 
  • QPC: Que destacarías da familia do Outes?

Por encima de todo, o trato humano, como dixen a nivel vestuario, como club e como afección.

 
  • QPC: Sin facer moito ruido, actualmente sodes segundos na clasificacion, empatados xa cun Camariñas que parecía chamado a arrasar. Sorpréndeche a vosa posición ou ese era xa o obxectivo ao comezo de campaña? Cal é obxectivo real do club?

Como todo o mundo o principio de temporada marcas un propósito e o meu e o do equipo non era outro que conseguir o ascenso... Non me sorprende a nosa clasificación porque despois da temporada pasada e coñecendo o meu equipo sabía que podíamos estar na zona alta da táboa, aínda que ás veces as cousas non saen como un pensa.... O obxectivo do club é que o equipo traballe durante a semana para que cada domingo saia a competir contra todos os rivais, e está claro que si podemos acabar o ascenso sería perfecto.

 
  • QPC: Outes é un deses equipos nos que a base do equipo sénior é sempre xente da casa, verdade? como repercute iso no día a día dun club?

Certo esto que dís, desde o club sempre se intenta que unha porcentaxe alto da plantilla sexa de xogadores que chegan da base ou que son do pueblo, e nesa política imos da man club e entrenador . Iso non quita que te teñas que reforzar con algún xogador que non é de Outes.

 
  • QPC: O traballo na Serra co futbol base é moi bo, témolo comprobado constantemente. Como inflúe isto no primeiro equipo e no futuro?

Eu creo que esto é o máis importante do club, e de aí o éxito que tuvo fai non moitos años chegando a 1ª Autonómica. O traballo destes adestradores de base é moi bo, e aproveito para felicitalos e animalos a que sigan así.

 
  • QPC: Que queda daquel Outes de 1ª Galicia que sorprendeu ao fútbol costeiro entre 2015 e 2017?

Polo que eu aprecio queda un sentimiento moi bonito cada vez que se fala dese ano. Algún xogador segue no club... espero que algún día poida voltar a esa categoría.

 
  • QPC: Como é recompoñer un equipo despois de dous descensos consecutivos?

É complicado a verdade, como dís 2 anos consecutivos descendendo, saída do club de moitos xogadores a outros equipos da zona... Pero parte de esto xa o sabia , recordo que falei con varios deles para intentar que se quedaran pero non foi posible, Entón só quedaba mirar á fronte e traballar cos que quixeron quedarse.

 
  • QPC: Esta fin de semana é case que unha final, aínda que esteamos sobre o ecuador da temporada. Pero unha vitoria sobre o Montelouro pode deixa aínda máis encarrilado o ascenso directo. Como valoras valoras o partido ante o cadro loureán?

Son 3 puntos importantes xa que si somos capaces de gañar o partido a renta que teríamos xa sería importante dado que esta liga é moi corta, aínda que nada será definitivo sexa cal sexa o resultado.

 
  • QPC: E como valoras este grupo costeiro da 3ª Galega?

É unha liga moi corta e a marxe de erro é moi corto si queres estar arriba... aínda así todos os partidos son complicados porque todos compiten o máximo dentro das suas posibilidades.

 
  • QPC: Estas semanas vimos falando con adestradores como Chicho ou Michuel Chouza que están disfrutando as súas primeiras experiencias no noso fútbol. De igual xeito, que cousas te chaman a atención do Fútbol da Costa?

Fai tempo disfrutei como xogador de este fútbol e xa enton dixen que era diferente a todo... Despois duns años sigo dicindo que e distinto e sigue guardando moitas exencias do que e fútbol, a intensidade e concentración coa que se vive e disputan os partidos só pasa na Costa... fútbol e fútbol.

ENTREVISTAS QPC

Comentarios