Preferente: O Dumbría resiste na dura batalla

11 do CF Dumbría ante o Miño

Non se deixa ir o cadro dumbriés, e volve sumar 2 vitorias e 1 empate nos 3 últimos partidos. Onte venceu ao Miño pola mínima na casa sumando 3 puntazos que o colocan ao fio da salvación, empatado a 27 puntos con 4 equipos, cun punto de marxe sobre o Burela, nunha zona baixa na que o 8º clasificado apenas ten 4 puntos que os dumbrieses, 15º. Quedan 10 partidos nos que cada punto é ouro.

Por arriba, o Sofán non lle fixo un favor aos dumbrieses (como a semana pasada) e caeu goleado, inxustamente, en Sigüeiro, un deses rivais que fican ao borde do descenso, empatado co Dumbría. Así e todo, a 5ª praza, de promoción, segue a apenas 1 punto dos carballeses.

Sigüeiro - Sofán (3-0)

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani, Alex Sánchez, Izan, Braian, Iraitz, Iván Parafita, Marcos Montero, Joel, Julián. Tamén: Brais, Pablo Parafita, Iván Pardo, Fabián, Dani Pena.
  • Goles: 1-0, m.14: Saúl Amoedo; 2-0, m.36: Lucas; 3-0, m.93: Alberto Frafa.

Resultado enganoso e inxusto tralo acontecido no Lino Balado. O choque comezaba igualdo, sen grandes achegamentos, pero na primeira aproximación do cadro local, Saúl Amoedo marcaba un golazo dende a frontal tras unha boa combinación. O cadro de Pablo Torreira reaccionaba e metía ao Sigüeiro na súa área, tendo moitas chegadas por banda, varios córners, unha ocación clara de Fita, e mesmo dous remates ao longueiro de Iraitz e do propio Fita.
Pero un erro imperdoable pouco antes do descanso permitía que os locais fixesen o 2-0 co que o partido marchou ao vestiarios, cando máis xusto tería sido un 2-4 ou 3-4.

Na segunda, seguiuno intentando, con centros dende a banda, segundas xogadas… pero o balón non quería entrar, e xa co equipo envorcado no desconto, os locais sentenciaban.

Dumbría - Miño (1-0)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Sergio, Juan, Lucas, Toni, Marcote, Javi Souto e Estévez. Tamén: Isma, Mario, Pablo Costa Ramos, Pablo Taboada, Adrián Periscal, Jano.
  • Gol: 1-0, m.41: Javi Souto.

Volveron competir ben os de Pablo Conde e quedaron co tesouro dos máis que necesarios puntos. Con todo, non estiveron cómodos nos primeiros 25 minutos, cun cadro visitante mandón co balón. Pero unhas correccións tácticas permitiron cambiar o ritmo do partido e antes do descanso Javi abría o marcador.

Na segunda, sen controlar demasiado o partido, os visitantes foron de menos a máis, exercendo unha presión que provocou que os locais sufrisen bastante sobre todo nos últimos 10 minutos, co premio da vitoria.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.