luns. 02.02.2026
El tiempo

Preferente: O Dumbría métese en postos de descenso

11 do CF Dumbria en Pol
11 do CF Dumbría en Pol. Foto: CF
Preferente: O Dumbría métese en postos de descenso

Non puido co doble asalto aos líderes. O Sofán foi quen a semana pasada de conquistar o Jesús García Calvo, e sacar do liderato ao Negreira. O seu posto ocupouno o Lalín, ao que se enfrontaba o cadro carballés este domingo no Carral. Competiron os de Pablo Torreira pero non puideron e caeron pola mínica, quedando aínda a só 2 puntos da promoción, xa que o rival directo, o Betanzos, tamén perdeu.

Mala semana tamén para o Dumbría, que perdeu ante un rival directo, como o Pol, que o adianta e mete aos dumbrieses en postos de descenso.

Sofán - Lalín (0-1)

  • Sofán: Gardu, Álex Sánchez, Javi, Dani, Iván, Pablo Parafita, Iván Parafita, Izan, Marcos Montero, Joel e Julián. Tamén: Brais, Xandre, Iván Pardo, Dani Pena e Iraitz.
  • Gol: 0-1m m.41: Brais Prieto.
Partido moi igualado no que como mínimo merecemos o empate. O Lalín atopouse cun gol nunha segunda xogada nun saque de banda, cun centro chut que se convertiu en gol. Na segunda parte encerramos ao Lalín con infinidade de chegadas sen acerto no remate. Centros laterais, corners, saques de banda sem deixar que saisen do seu campo. No minuto 75 hai un penalti clarísimo sobre Joel que non pita o colexiado nun intento de despexe no que o dianteiro se anticipa e o central dalle unha patada bastante evidente. O equipo intentouno ata o final ata con Gardu en área rival pero o marcador non se movería

Pol - Dumbría (2-0)

  • Dumbría: Anxo, Berto, Aarón, Juan, Iago, Toni, Marcote, Lucas Toba, Xabi Castro, Javito e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Pablo Costa Ramos, Pablo Taboada, Adrián Periscal e Jano.
  • Goles: 1-0, m.76: Luís Jose; 2-0, m.89: Alonzo.

Catro partidos sen gañar dos de Pablo Conde que os condenan a meterse en postos de descenso. Volveron disputar ben un encontro moi igualado, pero volveron pecar nas dúas áreas. Co 0-0 os dumbrieses tiveron un par de ocasións importantes, sobre todo un man a man de Toni. Pero non acertou e pouco despois un erro defensivo en área propia puxo o partido costa arriba.

Quedaban 15 minutos e o intentaron, e a piques estivo de empatar Pablo Taboada, xa co equipo envorcado, pero non acertou, e nunha contra, con espazos, os locais sentenciaron sobre o pitido final.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios