Prererente: O Sofán conquista o Jesús García Calvo
Nnguén gañara en Negreira, e foi o Sofán, na xornada 19, a que rompeu a imbatibilidade do Municipal Jesús García Calvo e manda ao Negreira, ata agora líder, á segunda praza. Os de Pablo Torreira volven engancharse ademais á loita pola promoción, unha vez que o Betanzos perdeu ante o Ordes, e fica a só 2 puntos dos carballeses.
Tamén está a tiro o San Tirso, que sumaba só un punto ante o Dumbría. Volven sumar os de Pablo Conde tras dúas xornadas de baleiro, pero vén como os postos de descenso se achegan a só 2 puntos.
Negreira - Sofán (1-2)
- Sofán: Gardu, Javi, Dani, Iván, Alex Sánchez, Pablo Parafita, Iván Parafita, Izan, Marcos Montero, Joel e Julián. Tamén: Brais, Iván Pardo, Fabián, Dani Pena, Iraitz.
- Goles: 0-1, m.24: Joel; 0-2, m.27: Julián tras unha internada de Javi; 1-2, m.60: Juan Diego.
Saía o Negreira moi forte nada máis comezar, entrando moi ben pola banda esquerda co noso Juan de Selia como principal argumento, pero o cadro carballés conseguiu saudirse o dominio e comezar a chegar á área rival. Tras un aviso, nunha segunda xogada tras un saque de banda longo, Joel empurrou para abrir o marcador. Seguiron apretando o visitantes e nunha transición levada por Javito, Julián acertou a rematar a gol o seu centro.
Apretou de aí ao descanso o cadro de Adrián Vázquez, pero os visitantes aguantaron.
Na segunda foi superior co balón o cadro nicrariense, pero se atoparon cun exercicio defensivo maiúsculo dos onte verdes, e cun Gardu que foi do melloriño do partido. Tamén puideron ter sentenciado os visitantes con 3 transicións claras: unha por parte de Julián que falla no man a man; outra de Iván Pardo que se viu interrumpido por Paco e outra de Iraitz que o volveu intentar dende o medio campo, pero con menos sorte que no Conco.
”Tres puntos importantísimos nun campo tremendamente complexo”, saborea Torreira.
Dumbría - San Tirso (1-1)

- Dumbría: Anxo, Berto, Aarón, Iago, Juan Trillo, Toni, Alex Marcote, Lucas Toba, Xabi Castro, Javito e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Quique, Pablo Taboada, Pablo Costa Ramos, Adrián Periscal, e Jano.
- Goles: 0-1, m.91: Xián; 1-1, m.92: Diego Estévez.
Competiron de novo os de Pablo Conde demostrando que esta é a súa categoría. De feito, na primeira parte os dumbrieses foron mellores, pero apenas puideron crear perigo na meta local máis que nun par de chegadas.
Comezaron ben na segunda os locais pero pouco a pouco os visitantes foron desfacéndose do control e foron chegando á meta de Anxo. Mandaron unha pau e no desconto, tras un balón parado e un barullo na área acabaron marcando. Parecía que ía ser outra xornada sen sumar, pero a fe dos xogadores costeiros foi máxima, foron arrriba con todo, e nun balón colgado Diego define perfecto diante do porteiro, para sumar un puntiño e deixar ao equipo nunha situación incómoda pero firme.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.4: Suma e segue.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.6: En posición noble.
- X.7: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre.
- X.8: Situándose.
- X.9: Envorcáronse as tornas.
- X.10: Afianzándose na zona medio-alta.
- X.11: Pouca pesca.
- X.12: Doble e dolorosa derrota.
- X13: .O Sofán reacciona pero o Dumbría volve pecar de falta de acerto.
- X.14: O Sofán asalta, con sufrimento, o Conco.
- X.15: Dous valiosos empates.
- X.16: Un parón tranquilos.
- X.17: Unha goleada das que non se lembran e un gol do porteiro.
- X.18: Escápase a promoción e achérgase perigosamente o descenso.