Preferente: Mal momento

11 do CF Dumbría no Conco ante o Paiosaco

Sofre o peor momento da temporada o Dumbría. Despois de meterse a semana pasada por primeira vez no curso en postos de descenso, suma xa 5 partidos sen gañar, e ve como a salvación se coloca a 3 puntos. Os de Pablo Conde non puideron sacar nada positivo na visita do Paisaco, equipo da zona noble, e afrontan unha serie de partidos fundamentais.

Pola súa parte, un irregular Sofán sumou un punto na súa visita a Miño, que o deixa na 6ª praza, a só 3 do Betanzos, co que parece que pelexará polo posto de promoción.

AD Miño - Sofán (1-1)

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani, Xandre, Alex Sánchez, Izan, Iraitz, Iván Parafita, Marcos Montero, Julián e Joel. Tamén: Brais, Iván Pardo, Fabián, Dani Pena e Mateo.
  • Goles: 1-0, m.6: Rubén Lozano; 1-1, m.67: Marcos Montero.

Partido tenso e Miño, nun choque no que os locais se adiantaban moi pronto tras un erro grave na saída do balón dos carballeses. O Sofán non foi quen de contrarrestar a primeira boa media hora dos mariñáns, que dominaban pero sen moita claridade arriba. No último cuarto de hora mellorou o equipo de Pablo Torreira, que fixo un par de achegamentos cun par de centros de Javi.

Na segunda saíu forte o Sofán, e Marcos Montero igualou no ecuador. Aí, trala expulsión dun xogador local, os visitantes subiron liñas pero non conseguiro facer demasiado dano, e tiveron tamén que salvagardar a retagarda nalgunha contra perigosa, para acabar asinando un xusto empate.

Dumbria - Paiosaco (0-2)

  • Dumbría: Anxo, Aarón, Berto, Jano, Sergio, Juan Trillo, Iago, Toni, Lucas Toba, Diego Estévez. Tamén: Isma, Pablo Costa Ramos, Íker, Pablo Costa Carabel, Pablo Taboada, Adrián Periscal e Javito.
  • Goles: 0-1, m.35: Iván Torres; 0-2, m.88: Jose de penalti.

Non foron inferiores os de Pablo Conde, unha vez máis, pero acabaron perdendo, outra vez. Despois de moitos minutos de igualdade, os laracheses se adiantaban nunha mala acción defensiva local.

Co vento a favor, o Dumbría apretou na segunda, obrigando a xogar o partido en campo contrario, e tendo algunha ocasión. Pero non estiveron acertados, e nunha contra a 2 do final, penalti, segundo e para casa sen premio. De novo.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.