Liga FS Carballo: O Carnicería Eusebio toma o mando no Grupo Vermello


O Carnicería Eusebio colócase como líder do Grupo Azul logo da súa goleada (7-0) ao último clasificado, o Deportes San Remo, seguido moi de cerca polo O Pazo, que se coloca como segundo a un só punto tras vencer ao Brasería Caracola por 8 a 1.
Nun dos partidos da xornada o Construccións Maracaná e o S2 Informática empataron a tres goles nun bonito encontro mentras que o Asesoría Cervantes foi quen de gañarlle ao Construccións Brandón (1-3). Por último, o Asesoría Suárez venciu claramente ao Mar de Menta por 5 a 0.
Mentres tanto no Grupo Vermello, mandan o Tasca A Cunca e o Cervecería Troula que venceron ao Alicatados Señarís (8-1) e ao Peluquería Este-Oeste (4-1), respectivamente. O Talleres Sousa-Rte Seiruga e o Dluxe Carballo ofreceron un partido de moitos goles que rematou co resultado final de 8-8, que supuxo o primeiro punto da tempada para os visitantes. Por outra banda, o Don Ordenador-SAT Xulián e o Cafetería Habanos 79 siguen sin puntuar tras perder esta semana co Dolce & Café (4-1) e o Cervecería Ágora (6-0), respectivamente.
Crónica da xornada: O Pazo - Brasería Caracola (8-1)

- O Pazo: David, Bastón, Fernando, Martín e Rubén. Tamén xogaron: Mateo e Luís.

- Brasería Caracola: Damián, Míchel, Omar, Adrián e Javi. Tamén xogou: Marcos.
- Goles: 0-1, min.1: Tiro cruzado de Míchel desde a liña de banda que sorprende a David. 1-1, min.8: Martín róuballe a carteira a Míchel e resolve no man a man ante Damián. 2-1, min.15: Gran combinación entre Mateo e Rubén que finaliza este último de maneira extraordinaria. 3-1, min.18: Xogada individual de Rubén que el mesmo finaliza ante Marcos. 4-1, min.19: Transición rápida do Pazo que materializa Luis cun golpeo cruzado. 5-1, min.24: Contragolpe do equipo local, que resolve Martín á reviravolta. 6-1, min.27: Saque de banda de Mateo que entra na porta visitante tras tocar os xogadores do Brasería, Damián e Marcos. 7-1, min.32: Transición rápida de O Pazo que resolve Luis a trompicóns. 8-1, min.37: Saque en largo de David que finaliza Martín cun gran lanzamento cruzado.
- Árbitros: Pablo (pista) e Juan (mesa), estiveron ben na súa labor.

Partido cun resultado demasiado abultado xa que os locais non foron tan superiores ao Brasería Caracola como reflexa o marcador final. Ao equipo de O Pazo chegoulle para gañar saber aproveitar os erros dos visitantes xunto coa súa gran pegada de cara a gol e lanzar uns contragolpes letais.
Comezaría ben o encontro para o Caracola xa que antes de cumplirse o primeirominuto de xogo, Míchel sorprendería a David cun lanzamento cruzado para poñer o 0 a 1. A partir desto o partido seguiría a misma dinámica, con constantes erros dos azuis que serían aproveitados polos locais para chegar ao descanso cun 4-1 favorable, que non era o reflexo do que se estaba vendo sobre a pista, xa que o equipo de O Pazo non estaba a ser tan superior.
Á volta do descanso, non cambiaría nada con respecto a primeira metade e Martín faría o quinto para os amarelos logo dunha contra cando transcorría o minuto 24. Tres minutos despois, a mala sorte cébase co Brasería Caracola e logo dun saque de banda sacado por Mateo é introducido na porta visitante por Damián e Marcos.
Logo dunha transición rápida de O Pazo, Luis resolve a trompicóns para facer o sétimo e minutos máis tarde tras un saque en longo de David, Martín cun gran lanzamento cruzado fai o definitivo 8 a 1.
Táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com
Crónicas da Liga FS Carballo
- X.6: O Macaraná alcanza o liderato.
- X.5: S2 e Pel. Este-Oeste mandan.
- X.4: Comezan a perfilarse os favoritos ao Playoff polo título na Liga FS de Carballo.
- X.3: Cambio de líder nos dous grupos da Liga de Fútbol Sala de Carballo.
- X.1: Carnicería Eusebio e Cervecería A Troula comezan mandando.
- Futsal Carballo: Os penaltis dan a Supercopa ao Tasca A Cunca/Supermercado C&M.
Novas relacionadas
- Liga Intermunicipios: O Cances é máis líder.
- Ganados Maroño xa manda nas Ligas de Fútbol Sala de Cee.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes (davidcastro@quepasanacosta.gal).