Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Estética Raquel comerá as uvas como líder da Liga FS Cee

O Estética Raquel comerá as uvas como líder da Liga FS Cee
Autolunas-Garaxe Xallas da Liga FS de Cee

Chega o parón de Nadal nas Ligas de Fútbol Sala Sénior Cee 2014-2015. A competición readunarase o luns 12 de xaneiro, e algún vai contento para casa. Como os muxiáns do Estética Raquel, que a pesar do empate desta última 7ª xornada ante o Máis Deporte-Bar O Xardín, manteñen o liderato sen coñecer aínda a derrota, con 19 punos, só un máis que A Cantina, que non fallaba ante o Autolunas-Garaxe Xallas, e mantendo os 5 puntos sobre o propio Máis Deporte.

Na zona baixa desta 1ª División, malas novas para Carnés FS, que pecha a táboa cun só punto, e a día de hoxe sería acompañado no descenso polo Autolunas, que ten 3 puntos. Pero ollo co Panadeiría de León, con 6, e a Panadería Antoxos (que vencía ao pechacancelas), con 8, que de non espabilar poden meterse en problemas.

En canto aos goleadores, o fisterrán Bruno, da Cantina, é o pichichi con 15 goles, 4 máis que Miguelón, do MáisDeporte. Esteban de Quintaplast e Félix do Antoxos suman 9. O meta muxián do equipo líder Santi Papi, é o porteiro menos batido con ampla diferencia, despois de recibir só 9 goles.

Xa na 2ª División o Panadería Pichín non rebaixa. Segue sen coñecer a derrota e suma 17 puntos despois de vencer ao Recunquiño. A 2 puntos quedan os corcubioneses da Taberna Mariñeira O Ribeiro, e os dumbrieses de Bustelo, de Ferralla San Mamede. Os primeiros vencían aos dumbrieses da Cascada, mentres os segundos endosaban un set ao Bar Toba-Noacar.

Teñen opcións de pelexar polas dúas primeiras prazas a Carpintería Metálica Os Muíños, con 14 despois do empate ante o Talleres Paco, e o Bar Toba-Noacar, pero aínda con 8 de desvantaxe sobre o liderato.

En canto aos goleadores, Rubén, dos Muíños, suma 10, polos 9 de Fran Pioto, dun Estrella Roja polo que parece que pasan os anos… Víctor, do Ferralla San Mamede, é o porteiro menos batidos con 13 tantos encaixados.

Bo Nadal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios