Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Fisober comeza a Copa

O Fisober comeza a Copa

Esta semana o Fisober comeza a Copa. Pero o B xa a comezou, e con mal pé, por certo. I é que o Viaxes Amarelle B superou con claridade ao filial do Fisober no partido de ida dos cuartos de final da Copa de Provincial, deixando máis que encamiñada a eliminatoria.

A derrota foi salpicada ademais pola recaída de Martina da súa anterior lesión de ligamentos no xeonllo dereito. A porteira está a espera da evolución da mesma, pois era só o terceiro partido dende a recuperación.

Datos do encontro

  • Resultado: FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” - VIAXES AMARELLE B (3-10).
  • FISOBER B: Martina, Patri, Ana, Inés e Laura; tamén xogaron: Catti, Myrella, Iria, Tamara, Cris e Natalia.
  • Goles: 1-0 Ana, 1-1 María, 1-2 María, 1-3 Uxía, 1-4 Cris, 2-4 Ana, 2-5 María ( descanso), 2-6 Uxía, 2-7 María, 2-8 Peke, 2-9 Cruz, 3-9 Myrella, 3-10 Peke.

O Fisober B presentou de saída a dúas habituais do primeiro equipo como Patri e Ana e as dúas xogadoras máis xóvenes do plantel as cadetes de primeiro ano Inés e Laura.
Comenzaron ben as do Fisober B, e así os dous minutos Patri probaba dende lonxe a Anabel. A resposta foi por parte de Cruz os catro minutos pero Martina tamén atallaba. Aos cinco minutos despois do lanzamento dun saque de esquina o balón chegou a Ana no borde do área que lanzou para batir a Anabel e poñer as locais en vantaxe.

Pero todo mudou os sete minutos cando unha perda na saída de balón era aproveitada por María que encarou a Martina regateouna e marcou o gol da igualada. O peor foi que nesa mesma xogada a porteira local Martina nun mal xiro tentando evitar o gol caeu lesionada de novo no xeonllo dereito non podendo continuar o partido.
A lesión foi un mazazo para o equipo que se mostrou dende este momento moi impreciso e nervioso trala perda da súa porteira. A pesar desto un minuto despois unha combinación entre Ana e Inés foi detida por Anabel.
No minuto once de novo María roubaba para poñer o segundo para as visitantes. E nese mismo minuto era Uxía a que poñía o terceiro. No doce de novo Uxía casi fai o cuarto.
Un cuarto gol que si fixo Cris os quince minutos, co cal o cadro local viuse obrigado a pedir tempo morto para frenar a sangría.

E algo melloraron as locais, xa que primeiro unha combinación entre Myrella e Patri rematou cun perigoso lanzamento desta última. E no minuto 21 Inés filtrou un espectacular pase para Ana que de vaselina acurtaba distancias para o dous a catro.
Pero só un minuto tardou o Amarelle B en voltar a aumentar as distancias xa que de novo María facía gol para o dous a cinco. Aínda así antes de chegar o tempo de lecer Patri e Laura combinaron para que esta última lanzara rozando o pau.

A segunda metade tivo moito menos ritmo e moitas máis imprecisións, aínda que curiosamente os mesmos goles que na primeira metade eso si repartido de diferente maneira. Os catro minutos unha falta que sacaba Ana para Patri que lanzou e Anabel paraba sin excesivos problemas.
No minuto seis Uxía marcaba o sexto gol visitante e os dez era de novo María a que facía o sétimo para as visitantes. Dada a amplia desvantaxa o cadro local decidiu arriscar con Ana de porteira-xogadora.
Aos trece minutos unha dobre cesión local era aproveitada por Peke que convertía despois dunha xogada de pizarra a falta indirecta. E os dezaoito minutos Cruz facía un novo gol para as visitantes.

Co partido totalmente roto Myrella facía de volea un auténtico golazo para poñer o terceiro gol no electrónico local. Pero as visitantes aínda fixeron un último gol cando Peke roubou e lanzou dende o seu campo aproveitando o ataque de cinco local.

Vindeira cita

Copa Provincial: Viaxes Amarelle B - Fisober B: na maña do vindeiro domingo 20 de maio na Coruña.

  • Copa Autonómica: Concello de Guntín - Fisober: Sábado ás 17:00h en Guntin (Lugo).
  • Crónicas da campaña 2011-2012

    Máis novas

    Fonte

    • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
    • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

    Comentarios