O Fisober vai definitivamente pola Liga cunha recta final de infarto

Con este vídeo a familia Fisober decídese a ir a por todas. Esta fin de semana hai partido clave ante o Marcón, 4º clasificado a 8 puntos. Pero é que 5 xornadas as vimiancesas necesitan cada punto para manter o primeiro da Liga Autonómica, pois ten ao Mos a 3 puntos e ao Leis a 6. Cada partido de aquí ao final será unha final con varios enfrontamentos directos, tras vencer ao Mesón Río Ulla, colista, unha vez máis, con comidade.
Entrementres, boas novas para os nosos na Liga Provincial. A Salina de Esteiro sumaba unha vitoria ante o Espartanas por 6-0. Ademais, o Concello de Ponteceso FSF vencía nun partido aprazado ante o A Fervenza por 3-2 que lles permite saír da última praza. Pola súa banda o Fisober B caía 2-4 ante o Mabegondo.
Liga Autonómica

- Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – MESÓN RIO ULLA (8-2).
- FISOBER: Eva, Elsa, Nuria, Olalla e Noelia ; tamén xogaron : Patri, Ana, Barca, Myrella, Ylenia e Alba.
- Goles: 1-0 Elsa, 2-0 Ana; (descanso), 3-0 Patri, 4-0 Noelia, 5-0 Nuria, 6-0 Patri, 6-1 Ainoa, 7-1 Patri, 8-1 Elsa, 8-2 Ainoa.
Xa aos dous minutos Nuria tiña a primeira ocasión local que foi enviada a saque de esquina por Alejandra. E no saque do mesmo Elsa facía o primeiro gol local. Aos tres minutos era Olalla a que se atopaba ca porteira visitante e nos seguintes minutos foi Noelia por partida dobre a que non foi quen de aumentar diferenzas. Pasaban os minutos e a pesar das ocasións o resultado seguía a ser exiguo, os oito minutos foi Patri a que tivo a súa ocasión.
Pero cando mediaba esa primeira metade desperezaron as visitantes e puxeron o medo na porta defendida por Eva. Primeiro por medio de María e despois do saque dunha falta foi Valeria a que case consigue a igualada.
Conscientes de non querer vivir máis sobresaltos chegaron novas ocasións locais na busca de ampliar distanzas. Primeiro foron Ana e Patri as que non foron capaces e despois Myrella. Cando chegaban aos once minutos Ana foi quen de facer o dous a cero. E case despois do saque de centro Patri aumenta aínda máis as diferenzas pero errou. Pasaban os minutos e unha falta lanzada por Ainoa enviouna o longueiro a porteira local Eva para evitar o primeiro gol visitante.
A resposta foi por medio das xogadoras do Fisober , Myrella e Nuria pero o terceiro gol non chegou. Mesón non se rendía e Vanessa puxo de novo a proba a Eva. Aínda que antes do tempo de lecer Noelia disfrutaba da última ocasión local.
A segunda metade comenzou como a primeira cun novo gol local case de saída, desta vez foi Patri a que aproveitou un roubo de Ana para poñer o terceiro no electrónico. Despois duns minutos sin apenas sobresaltos nas porterías, os seis minutos cando Patri ía facer o cuarto atopouse coa súa compañeira Barca na traxectoría cara o gol e evitouno, ela non quería pero nas últimas xornadas parece ter un extrano magnetismo cara o balón, e case sin tempo a respirar Myrella atopabase co pau .
Tanto ía o cantaro a fonte que os once minutos Noelia facía o cuarto para as do Fisober despois dunha combinación con Alba. Chegaron de novo minutos de ocasións locais, primeiro Alba, logo Elsa, seguido de Patri o pau e mesmo Nuria.
Unha Nuria que a cinco para o fin facía o quinto para o Fisober. Sin tempo para saborealo case, Patri fusilaba para o sexto.
As visitantes decidiron sacar porteira – xogadora e obtiveron premio case a primeira por medio de Ainoa. Pero foi un espellismo xa que o momento as locais facían o sétimo cando nun forte pase de Patri a Nuria esta última o deixaba pasar sorprendendo a porteira visitante, aínda que o colexiado llo apuntou a Nuria esta última non tocou o balón.
Os riscos tomados polas visitantes fixo que Patri rebañara un balón e probase sorte dende o seu campo, ìndose o esférico lambendo o pau.E na seguinte un roubo de Elsa propiciou que ela mesma marcase o oitavo case a pracer. Para rematar cun segundo gol visitante de novo por parte de Ainoa.
Destacar que cando parecía que o Fisober contaría de novo con todo o plantel ca volta de Nuria despois de case dous meses lesionada, unhas molestias impediron participar a Paula fronte o Mesón Rio Ulla.
Liga Provincial
- Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO“ - MABEGONDO (2-4).
- FISOBER B: Eva, Iria, María, Inés e Laura; tamén xogaron : Mónica, Tamara, Cris, Loly, Natalia, Nuria e María Maroñas.
- Goles: 1-0 María, 1-1 Patri, 1-2 María Santos, (descanso), 2-2 María, 2-3 Patri, 2-4 Paloma.
Despois de tocarlle dúas semanas de parón o filial do Fisober voltaba a competición ca intención de mellorar a imaxe do seu último encontro e a pesar da derrota mellorouna, facendo un gran partido no que quizáis mereceu algo máis. A saída non pudo ser mellor xa que os catro minutos a capitana local María adiantaba as súas para o un a cero. Pero pouco lles durou a ledicia xa que un minuto despois Patri igualaba o tanteador para as de Mabegondo. Chegaron así minutos de idas e voltas, sin un dominio claro nin tampouco ocasións significativas ata que os dez minutos a visitante María Santos poñía en vantaxe as súas.
Lonxe de virse abaixo coma noutros partidos o filial do Fisober seguíu traballando para a igualada e os quince minutos unha contra levada por Inés e Tamara rematou con esta última no man a man con Ainara que lle leu as intencións e mandou o balón a saque de esquina. As visitantes tamén o tentaban e foi Paloma a que probou sorte. A resposta local foi por parte de Cris que mandou un lanzamento de falta lambendo o pau. Pouco despois era a local Inés que foi un auténtico pesadelo para as visitantes a que gozaba dunha clara ocasión para a igualada. Paloma voltaba a respostar para as de Mabegondo. E o filo do tempo de lecer de novo a local Inés acariñaba a igualada ata en dúas ocasións.
Comenzaba a segunda metade cunha nova oportunidade para a visitante María Santos. A cal respostaron as locais cos seus mellores minutos. Primeiro foi a omnipresente Inés a que poñía a proba a Ainara.
Aínda que foi os tres minutos de novo a capitana María a que igualaba o electrónico. E sin tempo case a respirar unha combinación entre Inés e María a piques estivo de poñer en vantaxe as locais.
Pero co paso dos minutos as visitantes foronse asentando cada vez máis, e chegando o ecuador desta segunda metade comenzaron a ter ocasións de novo. Primeiro foi Patri. Despois foi María Santos quen mandaba o longueiro e a dez para o fin era de novo Patri a que poñía en vantaxe as de Mabegondo.
O gol foi un duro golpe para as locais que seguiron tentando a igualada xa con máis corazón que cabeza e cada vez deixando máis espazos atrás. A catro para o fin a local Tamara salvaba baixo paus o que podía ser o gol definitivo ,algo que sucedeu solo un minuto despois cando Paloma facía o cuarto gol visitante.
Antes do fin aínda as locais tiveron unha última ocasión para reducir o tanteador, nun entretido encontro que se levaron as visitantes.
Vindeira cita
- Liga Autonómica: - Marcón F.S.F. - Fisober F.S.F.
- Liga Provincial:
- F.S.F. O Pino - Concello de Ponteceso F.S.F. - Aprazado ata o día 24 de marzo.
- Espartanas F.S. - Fisober F.S.F. "B": 17/03/2012 ás 12:00 no Municipal Barrio de las Flores.
- A Salina (descansa).
Máis información
- Resultados da Autonómica Femenina.
- Clasificación da Autonómica Feminina.
- Resultados da Liga Provincial.
- Clasificación da Liga Provincial.
Crónicas da campaña 2011-2012
- O Fisober supera, de vermello, as súas Meigas.
- O Fisober segue líder.
- Non descansa o Fisober.
- O Fisober segue implacable na Liga Autonómica.
- O Fisober B supera de novo ao Concello de Ponteceso FSF.
- O Fisober segue líder en Autonómica e A Salina vence ao Ponteceso na Provincial.
- O Fisober tamén gaña sufrindo e mantén o liderato da Liga Autonómica.
- O Ponteceso FSF consegue a súa primeira vitoria da temporada na Liga Provincial.
- O Fisober, campión de inverno da Liga Autonómica.
- O Fisober remata o ano líder da Liga Autonómica mentres en Camariñas se volca co FS.
- Ponte de derbis no fútbol sala costeiro.
- Unha primeira metade para esquecer rompe a racha do Fisober.
- O Fisober xa é líder en solitario tras unha remontada de cine.
- O Fisober segue facendo historia na Liga Autonómica.
- O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica.
- O Fisober no máis alto da Liga Autonómica.
- Un gol de Barca e a gran actuación de Eva na portería bastaron para superar ao Sada.
- Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa.
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
- Un novo reto para o Fisober.
- O Fisober busca novas xogadoras para ampliar a familia.
- Cee prepara os deportes de inverno e a Liga de Fútbol Sala.
Máis novas do Fisober
- O Fisober pecha a súa primeira tempada na Liga Autonómica nun meritorio 6º posto.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..