Domingo. 05.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Tralo Baíñas

3ª Autonómica: Tralo Baíñas
Seaia-Coristanco-Foto-David Castro A Clínica Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica- Coñéce as nosas ofertas en depilación laser

Non frea o Baíñas tras esta 15ª xornada da 3ª Autonómica. Onte sufría a derrota o Corcoesto, deixando ao líder con 5 puntos e un partido menos que o inmediato perseguidor, un Montelouro que recuperou sensacións e efectivos na casa ante o Ameixenda. O Lira álzase ao 3º posto trala vitoria do Coristanco en Seaia, no choque máis igualado da xornada. O Nantón completa o cadro de equipos que se clasificarían para a fase de ascenso, pero Muxía, Ameixenda e Cerqueda aínda teñen moito que dicir.

Seaia - Coristanco (0-2)

Seaia ante o Coristanco-Foto-David Castro
  • SEAIA: Jesús, Lesi, Sergio, Ramón (Richard, min.67), Juny, Parga, Uru, Martuxa, Camilo, Vilariño e Medros.
Coristando en Pedra Queimada-Foto-David Castro
  • CORISTANCO: Fredy, Marcos Castro, Jorge, Óscar, Sergio, Mato, Luis, Moreno (Héctor, min.62), Mallón (Gonzalo, min.80), Benítez, Toniño (Marcos, min.90).
  • Goles: 0-1, min.40: Toniño non perdoa no man a man con Jesús tras un gran pase interior de Mallón; 0-2, min.76: Mallón saca un lanzamento que entra na portería malpicana coa inestimable colaboración de Jesús, tras un saque banda colgado á área por Luís.
Seaia_Coristanco-Foto-David Castro

Logo do visto na tarde do sábado na Pedra Queimada demostrouse que o fútbol pode ser moi inxusto.
Gran partido dos homes de Taibo ante un Coristanco ben plantado no campo que dificultou a progresión do xogo do Sporting Seaia, que a pesar desto foi quen de inquedar a portería de Fredi en varias ocasións, mentras que o conxunto que dirixe Dasilva intentaba facer daño ao contragolpe e en xogadas a balón parado.

Comezou dominando o equipo local e creando perigo coas constantes internadas de Camilo por banda. Avisaría o propio Camilo cando transcorría o minuto 15 tras un bo pase de Uru, pero o seu lanzamento saldría repelido polo pau da portería defendida por Fredy. Minutos despois, o porteiro coristanqués tería que empregarse a fondo para enviar a córner un lanzamento de falta de Juny. Pero sería o Coristanco, a falta de cinco minutos para o final da primeira metade, quen se adiantaría no marcador tras un gran pase interior de Mallón para o eterno goleador, Toniño, que non perdona no man a man con Jesús. Antes do tempo de lecer, o equipo de Taibo contaría cunha triple ocasión para acadar o empate pero Fredy en primeira instancia, rexeita un gran lanzamento de Uru, Medros non acerta a rematar e o disparo final de Camilo vaise a rentes do pau.

Á volta dos vestiarios, o Sporting Seaia seguiría dominando pero sen crear demasiado perigo sobre á portería coristanquesa. Aos seis minutos desta segunda metade, chegaría a polémica xa que os locais reclamarían un posible penalti cometido sobre Uru, pero o colexiado non o vería así. A piques estivo Ramón de acadar o empate á saída dun córner pero o seu cabezazo acabaríase estrelando contra o pau. Cinco minutos despois, sería Camilo o que faría tremer a porta defendida por Fredy cun gran lanzamento que repele o longueiro. A falta de quince minutos, Mallón faría o definitivo 0 a 2 coa inestimable colaboración de Jesús. Logo desto, o Sporting Seaia iríase arriba para acadar polo menos o empate pero non conseguiría inquedar a Fredy. Demasiado castigo foi a derrota para o Sporting Seaia, que mereciu tan siquiera o empate, ante un Coristanco que soubo aproveitar as súas ocasións.

Muxía - Laxe (3-1)

  • MUXÍA: Santi Papi, Pataca, Currás, Pesqui, Martín (Denís, min.70), Pereira (Julián, min.80), Juan, Carliños, Adrián Negro, Jonathan (Iván, min.60) e David.
  • LAXE: Diego, Samu Soneira, Jacinto, Gora, Carrabete (Elías, min.46), Djamel, Saleta, Samueliño, Anxo (Lolo, min.46), Santi e Adri Lema (Manu Domínguez, min.80).
  • Goles: 1-0, min.20: Adrián Negro tras un rexeite do meta local; 2-0, min.30: Pataca de tiro libre aproiveitando un despiste; 2-1, min.65: Samueliño; 3-1, min.80: Pesqui de penalti.
  • Expulsión: Carliños no min.35.
  • Partido relativamente cómodo do Muxía, a pesar de que no primeiro tempo se lle complicaba pola expulsión de Carliños. Xa se puxera co 2-0 cos goles de Adrián Negro e Pataca, aproveitando unha falta na que o porteiro aínda estaba intentando separar aos xogadores nunha pequena liorta.

    Recurtaron os de Toni ao comezo da segunda, pero apenas tiveron ocasións para armar o empate. Non se adaptou ao céspede de Arliña, e malia estar ben en defensa, Pesqui, contra o final, sentenciou para os de Juan Prado.

    Baíñas - Corcoesto (5-2)

    • BAÍÑAS: Sergio Puto, Sancho, Sergio (Andrés, min.65), Héctor, Samuel (Braulio, min.80), Luís, Mario (Jaime, min.55), Cristian, Diego, Javi Suárez e Tasky (Capote, min.75).
    • CORCOESTO: Edelmiro, Patelo, Longo, Germán, Miguel, Javi, Luís, Couto, Rodri, Cristian e Martín.
    • Goles: 1-0, min.10: Javi Suárez; 2-0, min.20: Tasky; 2-1, min.30: Martín; 3-1, min.25: Tasky; 4-1, min.35: Tasky; 4-2, min.75: Martín; 5-2, min.85: Luís.
    • Lesión: o cabanés Miguel que deixou con 10 aos seus.
    Corcoesto e Bainas gardando un minuto de silencio polo pai de Jorge Parri natural de Bainas

    Partido controlado dende o comezo do líder ante un Corcoesto xa en liña negativa. Tardou pouco en acomodarse o cadro vimiancés ante un Corcoesto que deu a cara ata o 2-1. Pero tralo terceiro, o segundo de Tasky, protagonista da tarde, rematou o partido. Con 10 tivo que rematar sobre o campo o Corcoesto trala lesión de Miguel.

    Montelouro - Ameixenda (3-0)

    Dani Deza con Ivan Pequeno no Montelouro-Ameixenda-Foto-Edu Olveira
    • MONTELOURO: Isma (José, min.75), Abel, Santi (Pablo, min.55), Chema, Edu (Bruno, min.80), Geico, Isma (Pepe, min.70), Benja (David, min.65), Dani Deza e Pesco.
    • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Iván Pequeño, Javichu (Grille, min.62), Camacho, Bruno, Bichiño (David, min.30), José Exprés (José Manuel, min.40), Alex, Rioliño (Pauliño min.62), Momaño (Brais, min.67) e Miro.
    • Goles: 1-0, min.30: Dani Deza; 2-0, min.35: Pesco; 3-0, min.55: Edu.
    • Lesións: os ceenses Bichiño e José Exprés.

    Sen sorte cara gol o Ameixenda, ante un Montelouro que recuperou efectivos e sensancións. Tras unha primeira media hora igualada, Dani Deza, unha das pezas claves deste equipo que pode marcar diferentes para o ascenso, e que non xogaba dende hai un mes, adiantaba aos locais. Pronto Pesco facía o segundo xa matando o partido ante un cadro ceense que non confiou na remontada.

    Montelouro-Ameixenda-Foto-Edu Olveira

    Nantón - Castrelo (2-1)

    Nanton-Castrelo-Foto-CD Nanton
    • NANTÓN: Pollo, Eloy, Félix, Diego, Carlos R., Dani, Carlos Vidal, Cachi, Iván, David e Luís.
    • CASTRELO: Miguel, Valiña, Sergio, Luís, Rodri (Gus, min.78), Borja, Roi, Estebo (Marcos, min.46), Roberto (Edreira, min.46), Félix (Vieites, min.73) e Fermán.
    • Goles: 0-1, min.2: Borja de penalti; 1-1, min.4: Carlos Vidal; 2-1, min.20: Luís.
    Cachi no Nanton-Castrelo_foto-CD Nanton O Nanton con Dani

    Antes de empezar o partido fíxolle o Nantón unha homenaxe a Dani Costa, saíndo cunhas camisetas de ánimo ante a dura lesión (ligamento cruzado e interno) que sufriu no partido contra o Laxe. En breve daranlle data para operalo.

    E o choque arrincaba a toda velocidade. Saque de centro, balón colgado, a defensa durmida, Pollo que chega tarde e penalti. 0-1 para o Castrelo. Pero non se queda aí a cousa: saque de centro do Nantón, balón que engancha Luís escorado á dereita do ataque, entra na área pola liña de fondo e pona atrás para que Carlos Vidal, libre de marca, empate o partido. 1-1 nas dúas primeiras xogadas do partido.

    A partir de aí a primeira parte foi bastante entretida, con bastantes ocasións de gol sobre todo dos locais. David e Luís tiveron vairas mesmo de penalti para sentenciar, pero o Castrelo estaba ben na primeira parte con saídas rápidas ó contraataque pero sen definición. Só Luís traspasou a defensa visitante e marcou.

    A segunda parte foi máis aburrida, con claras de gol. O Castrelo tamén creou algunhas e non baixou os brazos ata o pitido final.

    Lira - Cerqueda (1-0)

    • LIRA: Andrés, Adrián, Joserra, Josiño, Brea, Víctor, Cristian, Cibran, Manu, Oli, Suso Perico. Tamén xogaron: Fran Muros, Iago, Simón, Yago e Saúl.
    • CERQUEDA: Rubén, Manuel, Pailos, Pazos, Juanjo, Uru, Xabi, Dani, Sergio, Lorenzo e Darío.
    • Gol: 1-0, min.80: Oli tras un barullo axustando o balón á cepa do pau.

    Partido de empate que remataba cos 3 puntos en casa tras un gol no minuto 80 de Oli.Con 11 chegaba o Cerqueda, que se armaba atrás e buscaba as contras. Pero na primeira metade non houbo ocasións para ningún, e si moito xogo no medio campo.

    Na segunda, co mesmo guión, non había ocasións claras e foi nun barullo na área visitante que non soubo despexar cando Oli adiantaba aos seus, marcando por fin un tanto importante que tanto que merece pola súa entrega. Era tarde xa, quedaban 10 minutos, pero xa no 90 mandou ao pau o Cerqueda na xogada na que puido chegar o empate.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Fonte

    Comentarios