Luns. 29.04.2024
El tiempo

Copa Veteranos: O Erbecedo avisa ao Soneira e Zas e Dumbría respéctanse demais

Copa Veteranos: O Erbecedo avisa ao Soneira e Zas e Dumbría respéctanse demais

Tralos intensos Cuartos, esta pasada fin de semana abríanse as semis. Unhas semis que deixan todo para a volta, se ben a relativa sorpresa deuna un equipo de 2ª División que xa, unha vez que se ten colado nas semis, quere dar a campanada ante un dos favoritos, como é o Soneira.

Erbecedo - Soneira (4-2)

Erbecedo-Soneira da Copa da Costa de Veteranos-Foto-Elisabeth Muino
  • ERBECEDO: Juan, Belarmino, Florencio, Marcelino, Martín, David, Amarello, Sande, Taibo, Lema e Antonio. Tamén xogaron: Busto, Bouzas, Paredes, Pose e Rubén.
  • SONEIRA: Coscoñas, Mauri, Costa, Antelo, Bruno, Manuel Ángel, Jemisa, Jose, Teo, Miguel e Manolito Dumbría. Tamén xogaron: Lareiras, Maure, Yordi, Félix, Cho, Mario, Carlos e Padronés.
  • Goles: 1-0, min.55: Sande; 1-1, min.59: Miguel; 2-1, min.61: Rubén; 3-1, min.72: Sande; 4-1, min.83: Sande; 4-2, min.87: Miguel de penalti.
  • Árbitros: Goyeneche, con Miguel e Gerardo.

Relativa sorpresa en Erbecedo pois o cadro local, 3º de 2ª División, case que sentenza a eliminatoria ante un dos grandes favoritos, ex campión de Liga e ex subcampión de Copa. O Soneira salvou os mobles no último suspiro e aínda ten opcións de cara a volta.

Pero sufriu o cadro vimiancés. Tras un primeiro tempo de demasiado respecto, nun campo de Cereo cunha gran entrada, foi na segunda onde se viron os 6 goles. Comezou marcando o equipo local por medio de Sande, pero Miguel igualaría. Foi aí cando chegou a abalancha carballesa e en dous minutos ampliaban a renda ata o 3-1. Preto do final Sande volvía facer un 4-1 que parecía defintitivo pero nos intres finais un penalti metía de novo ao Soneira na eliminatoria.

Vai estar moi interesante o partido de volta no Municipal vimiancés.

Zas - Dumbría (1-1)

Zas-Dumbria de Vet-Foto-Modesto Parga
  • ZAS: Xaneiro, Edu, Novo, Quintáns, Evaristo, Felipe Solís, Jose, Chentony, Brenlla, Dubo e Javi Amarelle. Tamén xogaron: Limideiro, Manolo Solís, Federico, Adolfo, Fernando, César, Regueira, Pepe.
  • DUMBRÍA: Dani, Sergio, Tománs, Martçin, Fandiño, Marco, Javi, Antonio, Isidro, Miguel e Jose. Tamén xogaron: Riky e Luca.
  • Goles: 1-0, min.48: Felipe Solís a centro de Jose nunha contra; 1-1, min.70: Miguel.
  • Colexiados: Rives con Capellen e Juan de asistentes.

Partidazo de moito respecto e moita igualdade en San Andrés. O Dumbría defendeuse ben na primeira metade ante un Zas que tivo o mando do balón, pero sen crear demasiado perigo.

Non chegarían os goles ata a segunda metade. Cun Dumbría algo máis estirado, nunha contra Felipe Solís escapábase da marca de Fandiño e conseguía engachar a gol o centro de Jose.
Non se viu abaixo o cadro visitante, e no ecuador conseguía o empate por medio de Miguel, que tamén tivo outra gran ocasión cun man a man ante Xaneiro que saíu fóra, e un chut que repelíu o longueiro. A última, xa co tempo cumplido, foi para o Zas, pero o tiro de Felipe tamén petou no pau.

Novas dos Veteranos

Máis información

Crónicas da semana

Novas da Gala do Fútbol da Costa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios