Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O Camelle ascende á Liga da Costa nun auténtico partido do #futboldacosta

O Camelle ascende á Liga da Costa nun auténtico partido do #futboldacosta

Estes partidos demostran porque o #fútboldacosta é o que é. O Rodeiro vivíu un partidio tremendo, dos que fan namoran. Con máis xente que na final de Copa da Costa do ano pasado, dúas afeccións exemplares e completamente volcadas, e un partido intenso ata o final, o Camelle celebrou o ansiado ascenso á 2ª Autonómica.

Se hai ano e medio recibían ao Cerqueda para non encaixar moitos goles (quedaron 17º de 19 equipos na súa primeira temporada, a 2011-2012), este ano pegan o salto despois de tratar cara a cara a todos os equipos da categoría, e colándose na Liga da Costa.

Unha Liga da Costa que se lle resiste á UD Cerqueda, que queda, por segundo ano consecutivo, eliminado na Fase de Ascenso. Cómpre loubar o traballo de ambos equipos, pois ambos son merecedores dun ascenso que só pode disfrutar un. Agora quedades co cronicón de David Castro.

Camelle - Cerqueda (3-1)

Unha escena do partido entre Camelle e Cerqueda-Foto- David Castro
  • CAMELLE: Purrúa, Javi, Manuel, Miguel Riveiro, Carlos de Dido (Jati, min.64), Varu (Tedín, min.76), Mario, Matías, Sergio, Iván e Barreiro.
  • CERQUEDA: Rubén, Bastón, Santi (Juanjo, min.73), Javi, Pablo, Javi Pazos (Manu, min.67), Atu, Dani, Dieguito, Dani Seaia e Lorenzo.
  • Goles: 1-0, min.10: Sergio resolve unha melé na área do Cerqueda; 1-1, min.25: Dieguito remata un centro tras unha boa xogada por banda de Dani Seaia; 2-1, min.33: Miguel Riveiro cunha espectacular falta que pon o esférico onde dormen as arañas; 3-1, min.82: Matías transforma o penalti cometido por Bastón sobre Mario.
  • Lesión: O xogador do Cerqueda, Santi, tivo que ser retirado cunha lesión de xeonllo.
  • Árbitro: O Sr. Espasandín Cores (A Coruña). Estivo ben, foi quen de controlar os nervios e a tensión que se viviu no Rodeiro.
  • Campo: O Rodeiro (Camelle). Cheo histórico o que se viviu no campo camellán, cun ambiente espectacular.
  • Incidencias: Gran detalle dos xogadores locais antes de comezar o partido, que portaron unha pancarta de ánimo ao seu veciño, Pepe da Chalana, que se atopa nunha situación delicada de saúde.
Ambientazo no Rodeiro-Foto- David Castro

Partido de moita tensión o que vivimos na tarde do sábado no campo do Rodeiro, que presentaba un espectacular ambiente cun cheo histórico nunca visto no terreo de xogo camellán. Foi un encontro con moito fútbol directo, sen un claro dominador e no que houbo constantes interrupcións.

Comezou mellor o Cerqueda, que tuvo en Dani Seaia un auténtico puñal na banda esquerda, creando perigo en cada balón que tocaba. Nos primeiros minutos, os cerquedáns contaron con dúas ocasións casi consecutivas, a primeira un centro chut do xogador de Seaia que pon en apretos a Purrúa e un tiro lonxano de Santi que se vai por riba do longueiro, nos minutos 3 e 4, respectivamente, pero serían os locais os que pegarían antes, cando transcorría o minuto 10 fórmase unha melé na área visitante que finalmente Sergio é quen de empurrar o esférico ao fondo da rede para poñer o 1-0 no marcador e empatar a eliminatoria. Nesta xogada os xogadores do Cerqueda reclamarían unha falta ao seu porteiro, Rubén. Tan só 8 minutos tardarían en dar a réplica os visitantes, recuperación en medio campo, o balón que lle cae a Dieguito, quen ve adiantado a Purrúa pero o seu lanzamento vaise a rentes do pau. O capitán do Cerqueda non tardaría en volver a poñer en apuros ao porteiro do Camelle, Dieguito colga unha falta dende o medio campo e Purrúa despexa a córner con dificultades.
Tras estas dúas ocasións dos visitantes, chegaría a recompensa, gran xogada por banda de Dani Seaia, o mellor do Cerqueda na tarde de sábado, que pon un centro perfecto ao borde da área pequena que é rematado a gol por Dieguito. O empate, faría reaccionar ao adestrador local, Pupus, que intercambiaría a Iván e a Riveiro de posición, o que lle faría recuperar o dominio do partido, con Miguel Riveiro como director de orquesta. Pero sería un dominio que non se transformaría en ocasións. No minuto 33, chegaría o 2-1 que devolvería a esperanza do ascenso a bancada do Rodeiro, Riveiro lanza unha falta situada ao borde da área visitante e coloca o esférico donde dormen as arañas, un auténtico golazo.
Antes do descanso, o Cerqueda tería a última da primeira metade, córner botado por Dani, que remata Javi ao longueiro e o rexeite do pau e sacado por Mario debaixo dos paus. Nesta xogada os visitantes reclamaríanlle ao árbitro asistente que o esférico traspasara a línea de gol. Co 2 a 1, sen un claro dominador, con moita tensión e un bonito ambiente nas bancadas, chegaríamos ao intermedio do partido.

Na segunda metade seguiría a tónica da mesma, moito fútbol directo e sen un claro dominador, pero cun Camelle arriesgando moito para buscar o gol que lle dera o ascenso. A primeira ocasión deste segundo tempo sería para o Cerqueda, no minuto 56, gran xogada individual de Dani Seaia pero o seu lanzamento é despexado a córner por Purrúa sen problemas. Responderían os locais a balón parado, na primeira unha falta en medio campo, botada por Riveiro termina no pau da portería visitante tras unha mala saída de Rubén, e, de novo, unha falta colgada polo propio Miguel Riveiro é cabeceada por Matías a rentes do pau.

No minuto 82, chegaría a xogada determinante do partido e da eliminatoria, Mario cando se adentraba co esférico na área do Cerqueda é derrubado por Bastón, penalti claro, e o colexiado Espasandín Cores non o duda é asubía a pena máxima, que se encarga de transformar o especialista dos locais, Matías, facendo o 3 a 1 definitivo. Este gol levaría o delirio as bancadas do Rodeiro.
A dous minutos de cumprirse o tempo reglamentario, Jati, logo dunha despexe da defesa local, plántase só ante a portería visitante, pero escacha o balón contra o corpo de Rubén.
Os visitantes terían a última opción de ascenso a balón parado no minuto 92. O córner botado por Dani é rematado polo central Javi ao pau.

Chegado o minuto 97, o colexiado pitaría o final do encontro, o que significou a invasión de campo dos afeccionados locais e trouxo o delirio no Rodeiro, que se convertiu nunha auténtica festa para uns e un trago moi amargo para outros.

O Camelle, novo equipo da Liga da Costa-Foto- David Castro Invasion do Rodeiro-Foto-David Castro

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios