O BNG intenta fixar no Parlamento estatal o Plan de rexeneración da praia de Laxe

Xosé Manuel Pose, voceiro local do BNG, e Daniel Pérez, deputado autonómico, na praia de Laxe

Tralo acordo histórico acordado a comezos de mes no Parlamento Galego para intentar afrontar o problema cos áridos no Porto de Laxe, o BNG quere aproveitar a inercia para pechar o proxecto co goberno central, e por iso o deputado nacional Néstor Rego vai levar unha pregunta para para o seu debate na Comisión de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

O BNG apunta que “a actuación máis axeitada no momento actual sería distribuír o areal que conformaba o novo campo dunar polo resto do areal, por acumulación na parte oeste. En concreto, a intervención sería na parte baixa do paseo marítimo, desde a avenida de Rosalía de Castro número 1 ata o Peirao Vello, zona na que nunca houbo dunas (ata as obras do encoro). Así se mitigarían os problemas de inundación, ademais de permitir que os comercios, restauración e hostalería situados no paseo recuperasen a vista do mar de Laxe. A tarefa inmediata é estabilizar a praia e protexer o ecosistema, garantindo así que a vila de Laxe recupere o incrible potencial comercial e turístico da súa fachada marítima”.

E preguntará o grupo sobre a disposición do goberno central de “acordar, en colaboración coa Xunta e o concello, un Plan de rexeneración da praia de Laxe”, asíc omo análise que fai o goberno do problema, e se comparte a necesidade de adoptar medidas de rexeneración e mellora para que Laxe recupere as vistas ao mar na zona do paseo o que redundaría positivamente no turismo.

HISTÓRICO SOBRE O PROBLEMA DOS ÁRIDOS EN LAXE