Acordo histórico no Parlamento Galego para coordinar unha solución técnica para o areal de Laxe

¡Acordo histórico na Comisión de Pesca do Parlamento Galego. Despois de máis dunha década de peticións e protestas, de manifestacións, de unión dos grupos municipais e a confraría; de moitas promesas e bloqueos, os tres grupos do Parlamento de Galicia acordaron instar á administración do Estado e ao Concello de Laxe para coordinarse para atopar unha solución ao problema da acumulación de area da parte occidental da praia de Laxe. Un problema herdado da construción anos 90 no dique do porto de Laxe, que provocou un cambio de correntes que acabaron cambiando a morfoloxía urbana e creando as dunas “artificiais” que hoxe en día parecen xenuinas e naturais.
“Ter un paseo marítimo onde non se vexa o mar é surrealista, sobre todo se é por unha causa artificial“, apuraba o deputado do BNG Daniel Pérez para convencer ao grupo popular.
E desta volta„ á eterna petición do BNG (presentara a mesma en 2022), si que respondeu o PP, que aceptou pedir nun prazo de 4 meses á Administración do Estado e ao Concello de Laxe un comunicado para buscar solucións.
Pérez lembrou os parches que fai a Xunta co traslado con maquinaria pesada de area dun aldo a outro, e os continuos problemas que xera esta acumulación de áridos nas rede de saneamento e pluviais da vila, provocando constantes inundacións.
”Responsabilidade da Xunta”
Pola súa parte, o PSOE tamén aceptou a moción, pero Julio Abalde recordou que a actuación que tanto impacto xerou foi realizada pola Xunta, polo que “a responsabilidade é exclusivamente da Xunta”. Así pediu que fose a Xunta a que lidere esta coordinación entre administracións.
Histórico sobre o problema DOS ÁRIDOS en Laxe
- Maio 24: Volven pedir no Parlamento unha actuación para evitar o problema dos áridos no paseo de Laxe.
- Outubro 22: A Xunta contactará finalmente co Goberno central para buscar solucións aos áridos.
- Setembro 22: Novo bloqueo político para solventar os problemas dos áridos e de seguridade no porto de Laxe.
- A Xunta afirma que a dragaxe do porto de Laxe rematará en outubro pero non clarexa a problemática dos áridos.
- Xuño 22: A eterna visita da area de Laxe ao Parlamento.
- Novembro 21: Podemos e o BNG preguntan pola nova retirada de area da praia de laxe.
- Novembro 21: O Ministerio responsabiliza a Portos do eterno problema dos áridos e inundacións no paseo de Laxe.
- Febreiro 17: Temporal de mar en Laxe: barcos a terra (ou a Camariñas).
- Xullo 16: Laxe volve unirse por unha solución para o porto e a praia.
- Xuño 2016: O porto de Laxe, o punto incómodo entre os grupos municipais.
- 19-08-14: Confraría e grupos municipais únense por unha solución aos problemas do porto de Laxe.
- 4-10-11: O BNG de Laxe cre que a actuación de Portos cos áridos é un parche.
- 10-10-11: Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema.
- 26-09-11: A area da praia de Laxe xa chega a Bruxelas.
- 06-09-11: Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- 10-07-11: O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa.
- 22-06-11: O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos.
- 14-06-11: O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos.
- 15-04-11: Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas.
- 07-03-11: O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 09-12-10: Problemas na praia de Laxe trala ampliación do dique.