Unidas Podemos Laxe presenta alegacións ao Plan de Xestión dos Penedos

En pleno proceso de exposición pública atópase o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Traba e Pasarela. E quen xa realizou unha análise exhaustiva do documento emitido pola Xunta foi o concelleiro de Unidas Podemos Laxe, Fernando Del Moral Regaldie, que vén de presentar un escrito de alegacións.
”En Unidas Podemos observamos que, pese a estar moi delimitadas as ameazas medioambientais que poden perxudicar a un entorno paisaxístico tan valioso e querido como os Penedos, non é contudente con respecto ás restriccións. Só na execución de pequenas obras, aparcamentos e sinalización, deixando aberta a porta a futuras intervencións propias da Xunta ou alleas”, explica.
De este xeito, entende que “se poderían autorizar futuros parques eólicos como en Mórdomo ou en Penedos de Piñeo, poñendo en perigo a protección de paisaxe singular. Tendo en conta que a zona está rodeada áreas de REDE NATURA, varios humedais protexidos, unha zona de especial conservación de aves na Costa da Morte e elementos naturais sen explotar como as formacións graníticas singulares similares ás de Traba e Pasarela e xacementos arqueolóxicos catalogados pola Xunta.
Por iso, esixen “unha maior protección da contorna, e así adaptarnos á normativa europea sobre o cambio climático e evitar especulacións sobre un lugar tan especial”.
MÁIS NOVAS SOBRE OS PENEDOS
- Outubro 23: O SEMESCOM critica o eterno retraso na posta en marcha do Plan de Protección dos Penedos de Traba e Pasarela.
- 09-10-2023: Someten a información pública o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Propostas para un comezo ordenado do Parque do Megalitismo.
- Marzo 23: A Xunta denega o Parque Eólico de Soesto pola afección aos Penedos.
- 18-11-22: O Plan de Xestión dos Penedos someterase á participación pública.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Prote
ARTIGOS RELACIONADOS
- María José Mato: Un Plan por xustiza.
- @alcolitos_e_eolicos: Os Penedos seguen en modo SOS: Laxe agraciada con tres estacións eólicas.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- Enma Pérez (IES Terra de Soneira): A implantación dos eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba, benefico ou destrución?
- Claudia Roget Antelo (IES Terra de Soneira): Os Penedos de Traba e Pasarela.