Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Mikaela e o Farruco serán protagonistas do Antroido de Malpica

A Mikaela e o Farruco serán protagonistas do Antroido de Malpica

Un dos entroidos máis esperados da zona é o de Malpica. Un "antroido", como lle din pola zona de Bergantiños, longo, que xa comeza este xoves 16 de febreiro e que se extende ata o 3 de marzo, sendo esta fin de semana de 17, 18 e 19 os días grandes da capital.

Pero ollo, que a vindeira fin de semana será o turno das Mikaela en Buño e do Farruco en Seaia, dúas das citas máis singulares da Costa da Morte.

En Malpica

  • Xoves 16 de Febreiro: de 17:00 a 19:00 horas, na ludoteca infantil de Malpica levará a cabo unha festa infantil con diferentes actividades con motivo da celebración do entroido.
  • Venres día 17: desde as 10:45 ata as 12:30 horas, desenvolveranse diversas actividades na ludoteca e sairán os pasacalles amenizando a xornada.
    A partir das 23:00 horas levará a cabo o Concurso de Disfraces, no cal todos os participantes percorrerán os diferentes locais da vila exhibindo as súas mellores vestimentas. Haberá premios para os mellores disfraces.
  • Sábado día 18: a partir das 23:00 horas desenvolverase o concurso de Disfraces de Antroido, no cal repartiranse premios en metálico para os mellores disfraces nas distintas categorías.
  • Domingo día 19: comezarán os actos a partir das 17:00 horas co Desfile de Disfraces Infantís polas distintas rúas do municipio, partindo do Centro Cívico e culminando na Pza. Villar Amigo. Á mesma hora nos locais hostaleiros da vila repartiranse Orellas do Petisco para todos os asistentes. Acto seguido terá lugar o Concurso de Comparsas e a actuación da charanga O Vendaval, que percorrerán as principais rúas de Malpica de Bergantiños, a partir das 17:30 horas. E a partir das 19:30 horas, entrega de premios para as mellores comparsas.

En Buño

  • Luns 20; este día os veciños de Buño organizarán unha gran Festa Infantil de Disfraces con Inchables, que levará a cabo a partir das 16:30 horas no Pavillón do CEIP Xoaquín Rodríguez Otero.
  • Sábado 25, día de Piñata, a partir das 11:30 horas as rúas de Buño impregnaranse de alegría e cor a cargo da charanga O Vendaval, acompañada polos veciños do lugar que sairán a lucir os seus mellores disfraces. Ás 17:00 horas desde Cantalarana, sairá A Mikaela percorrendo todos os bares e tabernas de Buño, co seu particular Vía Crucis de bares.... Ás 23:00 horas actuará a orquestra América S.L no aparcadoiro do Restaurante Casa Elías. Desde as 16:30 ata as 19:30 horas, na Casa da Cultura, celebrarase unha Festa de Disfraces Infantil.

En Seaia

  • Sábado 18: Desde as 17:00 ata as 20:00 horas, na parrroquia de Seaia levará a cabo unha gran Festa de Disfraces infantís e Degustación Gastronómica de Entroido, organizada pola A.C.D. San Xulián.
  • Domingo 26 de Febreiro terá lugar o Cocido do Farruco ao que é imprescindible acudir disfrazado e que terá lugar no restaurante O Esqueiro a partir das 14:30 horas. Ás 17:00 horas dará comezo o Enterro do Farruco, que sairá en procesión as 17:00 horas desde o restaurante O Esqueiro, percorrendo as diferentes rúas da parroquia.

Máis información

Novas relacionadas

Outros entroidos da Costa

Fonte

Comentarios