Martes. 17.09.2024
El tiempo

Adeus inverno

Adeus inverno
Adeus Inverno Ola Lorenzo

Chegou o sol!! E non fai nada malo, de verdade!!

Ata os compañeiros de 4gotas.com traénnos un parte meteorolóxico espectacular, invitándonos a titulalo "SOL":O venres con vento do norte, de Malpica a Muxía aínda quedarán algunhas néboas preto do mar pero só na madrugada e nas primeiras horas. No resto sol todo o día. E máximas nos 17-18ºC de Fisterra cara o sur e uns 15-16 no norte.
Na finde rolará o vento ao sur aínda que frouxo. Unha borrasca pretende empuxar ao anticiclón, pero non o conseguirá, xa que axiña chegará outro centro de altas presións para a vindeira semana. Eses ventos do sur, provocarán que suban as temperaturas no norte da Costa acadando máximas duns 18ºC en todo o litoral e uns 20 en vales situados un pouco cara ao interior.
Ao fin os de 4gotas.com damos boas novas. Fin de semana perfecto para gozar da Costa da Morte!!

Non era sen tempo

I é que levamos 3 meses, e podíamos estirar ata os 5, de auténtico inverno. Semanas consecutivas sen parar de chover, sen ver un raio de sol e sufrindo os envites de borrascas tan fortes que xa teñen nomes e todo.

Precisamente hoxe traemos un vídeo que leva grabando Oti Fnz nos últimos tempos. Con imaxes tomadas Razo, Malpica, Barizo e o Roncudo, Oti invítanos a sacarlle tamén algo positivo ao inverno na Costa da Morte:

INVERNO from oti fernandez on Vimeo.

Máis temporais na Costa da Morte

Novas interesantes

Fonte

Comentarios