venres. 06.12.2024
El tiempo

Dous anos despois, e as embarcacións seguen xogándose a vida no porto de Malpica

Porto de Malpica
Abaixo tendes o vídeo da perigosa manobra que o Abelán realizou onte... como todos os días
Dous anos despois, e as embarcacións seguen xogándose a vida no porto de Malpica

Xa pasaron máis de dous anos dende o pasamento do patrón do Silvosa, intentando saír pola estreita comporta do peirao de Malpica.

Dende aquela a comunidade pesqueira ten pedido en innumerables ocasións obras que melloren a seguridade no porto. Ata a familia do mariñeiro falecido chegou a entregar 10.000 sinaturas para que Portos tome en serio estas obras e evite que haia máis accidentes.

Pero pasa o tempo, e a Xunta segue con experimentos mentres as embarcacións seguen a xogarse a vida todos os días.

Unha manobra semellante á que provocou o envorco do Silvosa facíaa onte a embarcación Abelán para saír do peirao, e a piques estivo de acontecer outra desgraza…

Novas relacionadas

Comentarios