Os trasnos volven percorrer o litoral costeiro a pé



Os trasnos, cos seus discretos forros polares verdes, volven á carga coa terceira edición de "O Camiño dos Faros". 200 quilómetros de aventura e paisaxes en cada paso para unir andando Malpica con Fisterra polo bordo do mar, en 8 etapas nas que pode participar todo o que queira. Un xeito de poñerche en forma gozando das mellores paisaxes da Costa da Morte, promocionado pola cidadanía a través das redes sociais.
E malia que Traski non pide máis, dende QPC si que consideramos que son as administracións as que tiñan que tomar o relevo, aproveitar o traballo da veciñanza comprometida, e meter cartos para sinalizar e promocionar un sendeiro tan necesario coma este, que percorra a bisbarra de norte a sur polo borde.
Máis e máis trasnos
Na primeira edición participaron máis de 160 persoas de toda Galicia nalgunha das etapas, saíndo de Malpica 23 trasnos e chegando a Fisterra 70 logo de percorrer as 8 etapas do camiño. Na segunda edición non baixaban dos 100 trasnos en cada etapa cun final de festa en Fisterra inesquecible.
"Estas dúas edicións saíron redondas, todo o que tiña que saír ben saíu ben e todos os astros aliáronse cos trasnos", valora Traski, ese persoeiro xerado na rede dende o anonimato para promocionar o tesouro salvaxe da Costa da Morte.
Futuro
"Se facemos esta terceira é porque creemos que o obxectivo aínda non está cumprido do todo: queremos que este Camiño dos Faros exista co maior respecto á natureza posible e fágao moita xente. Esta volta debería ser a da confirmación de que este camiño ten futuro. E queremos que veñas para demostralo", sinala o propio Traski invitándonos a participar.
Rutas de domingo
Unha das novidades máis importantes desta terceira edición do Camiño dos Faros é que as etapas vanse a facer os domingo, para que os que traballan os sábados poidan participar. Iranse facendo cada 15 días para acabar en xuño.
1ª Etapa Malpica-Niñóns. Domingo 23 de febreiro
Quedada ás 9:00 en Cafetería Santiago Apóstolo de Malpica, para que tras 22,5km de ruta chegarase a Niñóns arredor das 19:00h, onde un autocar da empresa Pedro Pombo recolleranos e levaranos de volta a Malpica.
Calendario da 3ª Edición do Camiño dos Faros
- Domingo: 23 FEB: Etapa 1: Malpica-Niñóns.
- Domingo: 16 MAR: Etapa 2: Niñóns-Ponteceso.
- Domingo: 30 MAR: Etapa 3: Ponteceso-Laxe.
- Domingo: 13 ABR: Etapa 4: Laxe-Arou.
- Domingo: 27 ABR: Etapa 5: Arou-Camariñas.
- Domingo: 11 MAY: Etapa 6: Camariñas-Muxía.
- Domingo: 25 MAY: Etapa 7: Muxía-Nemiña.
- Domingo: 8 JUN: Etapa 8: Nemiña-Cabo Finisterre.
Últimas novas
- Traski chega á fin da terra.
- De solpor polo Camiño dos Faros.
- O sendeirismo vence o tempo.
- Traski guía un centenar de trasnos polo litoral costeiro.
- Senda Nova pon en marcha 7 rutas de Outono.
Máis información
- guiacostadamorte.blogspot.com: O Camiño dos Faros.
- O Camiño dos Faros no Facebook.
- Recunchos da Costa.
Novas relacionadas
- 8ª etapa do Camiño dos Faros: Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros.
- 7ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros non para.
- 6ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros faise máis que real.
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
Máis novas
- A ornitoloxía tamén embriaga aos trasnos.
- Senda Nova pon en marcha 7 rutas de Outono.
- Natureza, historia e etnografía facendo sendeirismo por Malpica.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
Máis novas
- O primeiro Roteiro Natural do Concello de Malpica cumpre 25 anos.
- Os Camiños do Mar lévannos a Ponteceso.
- Xeocaching: En busca do tesouro agochado.
- Facendo cumio do Roteiro das Peixeiras do Monte Pindo.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).