luns. 12.05.2025
El tiempo

Os trasnos volven unir a Costa da Morte a pé

Os trasnos volven unir a Costa da Morte a pé
Un dos sendeiros do Camiño dos Faros entre San Adrián e Beo-Foto-Romanos

Xa completaron unha volta pero non queren parar. Traski e os seus trasnos volven propoñer unha nova andaina, unha nova ruta que percorrerá cada 15 días durante os vindeiros meses o Camiño dos Faros, que une pegado ao litoral, as vilas de Malpica e de Fisterra. Máis de 200km de sendeiros gozando das mellores paisaxes da bisbarra.

Este vindeiro sábado 14 de setembro arrinca de novo dende a primeira das 8 etapas, a que une Malpica e Niñóns, con saída ás 9:00h dende a Cafetería Santiago Apóstolo de Malpica. De seguro que serán moitos máis dos 23 trasnos que partiron aquel 28 de abril para disfrutar da primeira experiencia, unha vez que a Fisterra xa chegaron máis de 70 trasnos aló por agosto. En todo caso, foron máis de 160 persoas as que disfrutaron desta ruta creada na rede por amantes da natureza, e que espera que as administracións se poñan ao lío para sinalizada e promocionala con fondos públicos, aproveitando o desinteresado traballo de Traski e compañía.

Unha das novidades máis importantes desta segunda edición do Camiño dos Faros é que as etapas vanse facer os sábados, para poder tomarse con máis tranquilidade os finais de etapa e ter os domingos para descansar.

Así que non fai falla inscribirse, só achegarse a Malpica con gañas de andar este vindeiro sábado 14.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios