O pleno extraordinario pola crise da auga en Malpica, o luns ás 8:30h

Case dous meses estiveron varias parroquias de Malpica sen poder usar a auga municipal para consumo humano. E a oposición, o PSOE, leva semanas pedindo un pleno extraordinario para analizar as causas e buscar solucións para que non volva acontecer.
Un pleno convocado este xoves para o vindeiro luns, día 7 de novembro, ás 08:30 horas. Un horario que para o voceiro socialista Walter Pardo, é “unha falta de respecto aos nosos veciños”.
“Solicitamos o pleno extraordinario porque os veciños merecen respostas e explicacións sobre uns feitos moi graves, pero a decisión de convocalo nun horario fóra de toda lóxica reflicte a forma de facer política do grupo de goberno do PP”, afirma Pardo. “Non é un bo horario nin para os concelleiros e concelleiras, que non todos teñen dedicación exclusiva como ben sabe o alcalde, nin por suposto para os veciños e veciñas de Malpica”, engade Pardo.
NOVAS RELACIONADAS
- 13-10-22: A agua xa é apta en todo Malpica para o consumo humano tras 2 meses de problemas:
- 02-09-22: Malpica abre o segundo depósito e cobre o 80% da poboación:
- 25-08-22: Malpica abre un dos 4 depósitos tras case dúas semanas sen auga.
- 15-08-22: Malpica comeza a facer reparto de auga polas parroquias ante os problemas ca traída.
- 09-08-22: Seca: Augas confirma que queda un verán complicado na conca do Anllóns.