Senda Nova invítanos a coñecer a costa de Cerqueda e Cambre


Segue sendo o sendeirismo un dos meirandes dinamizadores desta primavera costeira. Esta fin de semana percorremos Camariñas, Ponteceso, Cabana e Laxe, e mais o Monte Pindo, para esta vindeira, toca sesión por Malpica.
Este mércores 29, na casa do concello de Malpica de Bergantiños tivo lugar a presentación dunha nova edición da actividade que percorre "A Costa agreste de Cerqueda e Cambre", da man da Asociación Senda Nova. Ao acto asistíu o profesor de Zas Evaristo Domínguez Rial e o presidente de Senda Nova Jose Manuel Menéndez, así como o edil Miguel Ángel Fernández Mirás.
O roteiro trazado por Evaristo Domínguez Rial percorrerase por segundo ano consecutivo nunha actividade que se presume de importante afluencia de participantes. A mesma celebrase este domingo día 2 de xuño e está enmarcada na oitava camiñada da IV Primavera en Ruta. O programa de roteiros de sendeirismo ten como obxectivo primordial a posta en valor do patrimonio paisaxístico, ambiental, social e cultural, de forma especial o máis próximo. Cada unha das actividades realizadas desenvolvense con paradas periódicas interpretativas e teñen unha duración dunha xornada.
Dende a Asociación Ambiental Senda Nova anímannos a percorrer este roteiro circular duns 17 km con saída e chegada na igrexa de Cambre, con paradas tan interesantes como Os Barreiros ou o Pazo de Loroxo. Con lugares espectaculares como as praias de San Miro ou O Riás, o monte Furado, a devesa dos Conventos ou os mesmos muíños de Ardeleiro a carón do mar. Agradecemos a todos e cada un dos colaboradores, nesta ocasión, especialmente ao Concello de Malpica de Bergantiños.
- Máis información sobre obxectivos, inscripcións etc… www.sendanova.org.
Novas relacionadas
- Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- De ruta en ruta polo litoral costeiro.
- O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- As Andainas invaden a Costa da Morte.
- Coa primavera comezan as citas co sendeirismo.
- 5 Andainas por Ponteceso, Muxía, Vimianzo, Corcubión e Camariñas para coñecer a Costa da Morte a través do sendeirismo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
Máis novas
- Os Camiños do Mar lévannos a Ponteceso.
- Xeocaching: En busca do tesouro agochado.
- Facendo cumio do Roteiro das Peixeiras do Monte Pindo.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).