#SoandoconForza: Cuestionario musiqueiro con Pablo Moreira
Convidamos ó músico carballés afincado en Malpica, Pablo Moreira a facer o cuestionario musical de #Soandoconforza que xa cubriron outros como o escritor carballés Lou.
- Como nace este novo proxecto Curuxa?
O proxecto xorde a raíz de ter varias composicións para outro proxecto paralelo de folk que tiña chamado Larkhill, ao morrer a banda pensei que estes temas eran moi bos como para non gravalos e compartilos ca xente, así xurdiu Curuxa, sen máis :).
- En cantos grupos estivo Pablo Moreira ó longo da súa carreira musical?
Ja ja ja… pois nunha morea de bandas, a dicir verdade: Trasnada, Mr.Graham, Extincion, Ursus, Bitch Boys, Larkhill, Hongo entre outros… e seguro que me queda algún no tinteiro jajaja…
- Algunha fórmula para que cada concerto sexa especial e tocar non se convirta en algo monótono?
Non hai fórmulas, é simplemente desfrutar sen máis do que che gusta facer, para min nunca é monotono tocar en directo, é adrenalina pura e dura que retroalimenta o meu ser jajaja...
- Con que grupo che gustaría tocar ou telonear?
A moitas bandas, pero os xaponeses ENVY ou a Black Sabbath estaría ben jajaja…
- O concerto o que asistises que máis che impactou ou te marcou?
Dos últimos tempos foi Social Distortion no Azkena Rock e de todos os tempos, tal vez AC/ DC, pero é difícil quedarse con unha banda soa cando a música está presente a todas as horas da miña existencia.
- Sala de concertos ou lugar onde máis che gustou tocar?
En BLIZT en Oslo, nun festival fai uns anos... a sala era top e o público noruego é moi agradecido a dicir verdade.
- O grupo que máis te decepcionou en directo?
Quizais KISS pero a verdade é que non os vin no seu mellor momento... que conste que sigo sendo un superfan da banda pero cando os vin quedei un pouco decepcionado.
- Algún concerto do que gardes bo recordo como músico ou espectador na Costa da Morte?
Sen dúbida, La Banda Trapera Del Rio no Bule, ou S.A. na Sala Ave Turuta.
- Tres garitos de rock and roll que recomendarías?.
Blitz en Oslo, Kopi en Berlin e Wurlitzer en Madrid.
- Algunha cancelación dolorosa? Algún concerto no que non poideses tocar por calquer motivo?
Non lembro ningunha a verdade.
- Están o pop e o rock en horas tan baixas como parece ou aínda teñen acordes para rato?
Fai uns anos parecía que si pero nos nosos últimos concertos avístanse novas xeracións que tiran polo rock, así que esperemos que esto rexurda e haxa zapatilla para rato jajaja…
- Que anda Pablo escoitando ultimamente?
Pois Blind Melon, Alice in Chains e sobre todo ultimamente a John Carpenter, o cal o recomendo tanto como músico como director de cine... un grande sen nengunha dúbida.
- Algunha recomendación musical? Algunha banda nova que penses que teña bastante calidade e merezca a pena pararse con ela?
Para min Trono de sangre, flípanme moito desde fai anos e acaban de sacar disco novo que é un pepinaco; Accidente de Madrid, que fan punk moi top e din verdades coma puños e Sangre de Muerdago, folk tope de gama do que son tamén moi fan.
- Que grupo de pop rock non entendes que teña tanto éxito?
O éxito é relativo... moitas bandas de éxito comercial son un produto e os que venden o produto interésalles que vendan... é así de simple e sinxelo o mundo da industria musical.
- Tres festivais que lle gusten a Pablo, ou tres festivais que recomendes.
Non son moito de festivais (non quere dicir que non vaia ehhhh ) pero o mellor e ir a salas pequenas a ver concertos que son realmente os que apoian a cultura da música e onde comezan todolos grupos antes de ser cabezas de cartel.
- A banda sonora de Pablo, 10 cancións que penses que te definen.
Así as présas ocorrenseme estas...
1- "Alive" - Pearl Jam.
2-"You are nothin´" - the Hellacopters.
3- "Sweet Child of Mine" - Guns and Roses.
4- "Fear of the Dark" - Iron Maiden.
5- "High Voltage" - AC/DC.
6- "Free Bird"- Lynyrd Skynyrd.
7- "Stones From the Sky"- Neurosis.
8- "Waiting Room" – Fugazi.
9- "Historia Triste" – Eskorbuto.
10-"O Camiño das Mans Valeiras" - Sangre de Muerdago.
- Unha compañeira ou compañeiro de Rock and Roll ó longo de todos estos anos?
Podría citar a varios pero quédome con dous os que me gustaría homenaxear neste cuestionario, un sería Pablo Ursusson de Sangre de muerdago, compañeiro de batallas musicais que é coma un irmán para min; e segundo Fernando Moreira de Trono de Sangre, Emerge, etc… carballés que sempre foi é e será unha gran influencia para min coma músico e como ser humano!!.
Deixamos os enlaces de Curuxa en Spotify e Bandcamp.
PARECIDOS RAZONABLES
- Plaxios e parecidos razonables (IX): Julieta Venegas vs The Cure.
- Plaxios e parecidos razonables (VIII): Jarvis Cocker vs Rinôçérôse.
- Plaxios e parecidos razonables (VII): Blur vs Super Furry Animals
- Plaxios e parecidos razonables (VI).
- Plaxios e parecidos razonables (V).
- Plaxios e parecidos razonables (IV).
- Plaxios e parecidos razoables (III).
- Plaxios e parecidos razoables (II).
- Plaxios e parecidos razonables (I).
#SOANDOCONFORZA
- Reinvindicando “Godstar” de Psychic TV.
- A realidade dos festivais na Costa da Morte:
- Unha novidade con Músculo DJ Set.
- 40 anos do triunfo de Metro no primeiro e único concurso de Rock da Coruña.
- Unha recomendación moi Matrix.
- Un clásico de 1986.
- Un podcast para os solpores da Costa.
- Un podcast e unha playlist música en galego polas Letras Galegas.
- Lembrando a Propellerheads.
- Unha lista de clásicos de EBM para cargar as baterías.
- Rescatando a David Holmes.
- 20 anos de 24 Hour Party People
- Cuestionario co músico e escritor carballés Lou.
- Plaxios e parecidos razonables (V).
- 10 bandas rusas.
- Plaxios e parecidos razonables (IV).
- Un tema e unha sesión para rematar o Entroido.
- Lembrando a Renegade Soundwave.
- “Fail We May, Sail We Must”.
- A playlist QPC.
- Cando The Undertones se burlaban de Human League.
- Primeiras novidades do 2022Primeiras novidades do 2022.
- 25 anos do Homework de Daft Punk.
- O castelán na música electrónica internacional
- Cando Mudhoney adiantou a Primal Scream sampleando a Peter Fonda
- 5 cancións para recibir o novo ano.
- Playlist de Nadal.
- As 101 cancións do 2021
- Un par de temas que Dua Lipa sampleou.
- Un vinilo dos Dramáticos en Porto.
- Plaxios e parecidos razoables (III).
- As influencias de “Gang of Four”.
- Plaxios e parecidos razoables (II).
- Plaxios e parecidos razonables (I).
- Unha playlist para Samaín.
- Pinchada para os comercios da rúa Valle Inclán.
- 10 novedades para a finde.
- Lembrando a banda lusa GNR.
- 2 playlist para esta finde.
- A sesión do Orballo Cultural.
- Uns temas para arrincar setembro.
- Un cento de bandas da década dos 2000.
- 8 recomendacións de libros musicais para acabar o verán.
- Unha hora de baile na radio-podcast QPC.
- A versión de Safety Dance de Angel Olsen.
- 39 anos do triunfo da banda carballesa Metro na Corulña.
- Un repaso ás bandas que pasaron polo XiriaPop.
- 5 versións de bandas nacionais.
- 30 anos dunha cancelación histórica en Bergantiños.
- As actuacións máis destacadas do San Xoán de Carballo.
- Dous discursos de Pepe Mujica sampleados para a pista de baile.
- Eirís, o carballés que estivo de xira por Corea do Norte.
- A solicitada voz de Robert Smith cas bandas de pop electrónico.
- 32 anos do histórico concerto de Yo la Tengo na Laracha.
- 5 temas fronteirizos.
- 8 aniversarios singulares.
- Un avance do que se vén polos festivais galegos este verán.
- Dúas listas para #RadioQPC.
- 5 novidades de bandas galegas.
- 5 sesións para amenizar a finde.
- 5 imprescindibles documentais de música.
- Lembrando unha visita de Manu Chao á Costa da Morte.
- Catro novidades e un clásico para a última fin de semana de marzo.
- Playlist polo Día do Pai.
- Baiuca.
- “Tu Futura Ex Mujer”.
- Coñecendo a banda carballesa "Apart”
- “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas.